Unha web permítenos comprobar o doado que é acceder ao noso historial de navegación. A cambio, adiviña o noso xénero.
Unha web adiviña, con só premer un botón, cal é o noso xénero. O que nun principio podería parecer un experimento ou un truco agocha algo moito máis grave: o fácil que é acceder dende unha páxina da internet ao historial do noso navegador con só usar unhas liñas de javascript.
Segundo informa The Register, O blog Mike on Ads inclúe unha ferramenta que fai esa predición cunha peza de código que captura os enderezos do historial do navegador e valora, cunha serie de puntuacións para cada web, se o usuario é home ou muller.
Aínda que existen extensións para desactivar o javascript, en xeral, os desenvolvedores de navegadores, tanto o Explorer como o Firefox, ou calquera outro, rexeitan solucionar este problema de privacidade, pois permítelles aos usuarios acceder con máis facilidade ás webs que xa visitaron.
O autor do programa explica que é posíbel que moitas webs xa fagan uso de ferramentas semellantes á hora de adiviñar datos sobre os seus visitantes e ofrecerlles publicidade. E iso se non comezan a cruzar datos como o seu enderezo IP, a súa posición xeográfica, o navegador que empregan...
A ver se nos enteramos de que por moi interesantes que poidan se-las medidas de discriminación positiva as persoas seguimos tendo SEXO ¡e non XÉNERO! Sexo masculino, sexo femininino. O xénero é exclusivo das palabras. Palabras de xénero masculino, palabras de xénero feminino.
Xénero: categoría gramatical baseada na distribución dos nomes en dúas clases: masculino e feminino.
E se o movemento feminista quere tomar equivocadamente préstamos do inglés que os tome pero que non me cambie a min o meu idioma.
felipin, uma cousa é o sexo, que passa por seres algo biologico e, como tu bem apontas, só poderá ser reduzido a duas variábeis. Outra cousa diferente é o gênero, que é social e não biologico, polo que poderá corresponderse (ou não) com a nossa visão habitual de home=caralho, mulher=cona. Há infinitas provas de sociedades nas que esta correspondência não é assim.
De facto há sociedades nas que com os nossos mesmos dous sexos, aparecem múltiplos e variados gêneros, além as categorias "home" e "mulher" (não só os cassos mais conhecidos de indígenas americanos, mas mesmo no Timor dos nossos dias, onde contamos até 4 gêneros diferenciados).