Malia que gañou hai un ano 85 millóns de euros, segundo os números públicos, e ten participacións en proxectos empresariais diversos.
O nome de Fernando Martín aparece á fronte de empresas diversas e en varios sectores, e as contas declaradas o ano pasado afirman a súa condición de multimillonario. Con todo e paradoxalmente, o presidente de Martinsa-Fadesa acode agora ao xulgado mercantil para pedir concurso voluntario de acredores sobre a súa propia persoa. Ao respecto, xustifica que se trata dunha manobra legal recomendada polos seus avogados e que non lle afectará á súa capacidade para seguir na dirección do grupo inmobiliario.
Un episodio que recorda outro caso polémico na empresa, o do ex conselleiro delegado Carlos Vela, coñecido por deixar en 2007 CajaMadrid para entrar en Martinsa-Fadesa. Casualmente, Vela fóra durante a década anterior o encargado de créditos a empresas desta caixa, un tempo no que a entidade disparou o risco contraído coa inmobiliaria até os 1.000 millóns de euros. Logo desa etapa, aquel ano despedíase dos compañeiros na entidade para entrar de cheo no sector do ladrillo cunha mediática brincadeira: "Se sae ben, fareime multimillonario, e se sae mal, só me farei rico".
Eu estou dacordo con que poida declararse insolvente, eso si, cando tamén deixe de ser multimillonario e sexa un persoeiro vulgar coma calquera outro que cobra o salario minimo interprofesional e vive de alquiler ou na casa dos seus pais.
Na mentras e mentras teña capital suficiente para facer frente aos acreedores, o seu capital debe de responder.
Xa virán os seus amigotes aos q lle encheu os petos con dietas desorbitadas, axudalo en todo o q poidan: unha casiña por aki, un coche de luxo por alá... a nome de fillos e familiares; e mentres a fiscalia se decida a actuar xa estará criando malvas coma o rei de marbella.
Pois fagamoslo insolvente expropiándolle todos os seus bens e senón ao cárcere, ata que pague o último euro que debe.
Con estes tipos, mellor utilizar o disolvente.
Estas son as vítimas da crise que lles dan pena aos políticos e o pobo que se foda.
Pobriño....Señor Xuiz fagao vostede Disolvente.
Hai que ver, que cara ten! E en que mundo vivimos! As cadeas deberían estar ateigadas destes pobres delincuentes...
Estou convencida de que con esta operación aínda ha gañar máis que o ano pasado.
Estes yuppies son noxentos; medran a conta da desgracia allea.
Como dicía a cançom dos Rastreros Y ES QUE YO SOY UN INSOLVENTE PORQUE YO ME RIO DE LA GENTE SOY UN SINVERGÜENZA MAS UN SINVERGÜENZA MÁS¡¡¡¡