Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Cara os EUA

O Barça négase a voar con Air Berlin

A compañía relaciona esta decisión coa polémica que se creou este ano, cando a aeroliña se negou a empregar o catalán nos seus voos.

Redacción - 11:30 01/08/2008
O director xeral de Air Berlin, Joachim Hunold

O director xeral de Air Berlin, Joachim Hunold

O FC Barcelona negouse a coller, esta quinta feira, un voo de Pisa (Italia) a Chicago (EUA) da compañía LTU, pertencente á aeroliña Air Berlin, aínda cando tiñan pagados os gastos. O clube optou por se desprazar nun voo chárter doutra compañía, Pullmantur.

O director xeral de Air Berlin para o Estado Español e Portugal, Álvaro Middelmann, cre que o cambio de compañía por parte de Barça é debido á negativa da súa aeroliña de empregar o catalán nos seus voos. O Barça non se pronunciou aínda sobre o tema.

Unha compañía polémica
O pasado mes de xuño, o director xeral de Air Berlin, Joachim Hunold, publicou unha editorial (en .pdf, mais en alemán) na revista da compañía na que ridiculizaba o uso do catalán en Mallorca, en resposta a unha petición formal do goberno balear de empregar esta lingua nas comunicacións da compañía.

No seu texto, Hunold dicía que hoxe o castelán xa non é unha lingua oficial en Mallorca, que hai nenos que non saben falalo e que a partición de España en nacionalismos rexionais é un regreso aos reinos medievais. Tamén ironizaba e preguntábase se a partir de agora tería que lles dar cursos de catalán aos seus empregados: "Até o de agora eu estaba orgulloso de tener nos voos internos de España, polo menos unha auxiliar de voo a bordo que falase español. Téñolles que dar agora cursos de catalán por decreto aos meus empregados? E os que voan a Galiza ou a Euskadi, quererán que nos dirixamos a eles en galego ou en éuscaro? É que xa non falan o español?".

Naquela altura tamén se pronunciaba a responsábel de prensa da compañía, Ana Baschwitz, quen dicía que compartía as palabras do seu director xeral, salientando que o catalán, o éuscaro e o galego son linguas innecesarias nas comunicacións da compañía, porque todo o mundo entende o español.

"Benvingut senyor Hunold!"
A polémica xerada por esta editorial tamén chegou a Alemaña, onde os medios de comunicación destacaron, durante as primeiras semanas de xuño, o boicot que se creou contra a empresa alemá, e mesmo a inclusión dunha esvástica, en sinal de protesta, no logo de Air Berlin.

A edición alemá do Financial Times mesmo publicou, naquela altura, un artigo titulado en catalán, cun expresivo Benvido, señor Hunold! ("Benvingut senyor Hunold!"). Na entradiña o rotativo era aínda máis claro: "Os cataláns están cabreados porque na revista da aeroliña, o xefe de Air Berlin, fai bromas coa súa lingua". A seguir, lembran que no Estado Español a lingua é un tema delicado, e que o director xeral de Air Berlin debera telo pensado mellor antes de botar a lingua a pacer.


Ligazóns

4,93/5 (15 votos)


Comentarios (22)

baltar69 #1 1/Agosto/2008 baltar69

si eu fose socio do clube catalán estaría orgulloso da medida e apoiaría o sobregasto, por que este é un feito que, ás claras, dignifica a unha nazón.
tristemente, na galiza, aqueles que máis se teñen destacado polo usura e a rapiña en tódolos aspectos da vida social e política, poñen o berro no céu por que se abonaron con cargo ós presupostos os famosos catrocentos mojitos; eles, que teñen lexislado para o noso atraso e para a nosa dependencia crónica da burguesía madrileña á que xogaron pertenecer dende a postguerra, son un exemplo da indignidade por moito que se enchan a boca ca súa retórita torticeira.

fillotolo #2 1/Agosto/2008 fillotolo

Canto nos queda por aprender. Faría o mesmo o Depor ou o Celta?? Amigos o respecto non se pide, senón que se gaña...

Anti_Lusista #3 1/Agosto/2008 Anti_Lusista

Laporta é independentista, de seguro que Núñez ou Gaspar non farían o mesmo. Pero sí, aínda que non me cae nada ben o pailán do presidente do Barça comparto a súa reacción.

bertus #4 1/Agosto/2008 bertus

Coincido con #1 e #2.

O catalán ten moito máis apoio político ca o galego en Galicia. Non só procede de CIU e ERC. O PSC é moito máis catalanista e independente que galeguista o PSdG-PSOE. O memo con Iniciativa e EU. Incluso nas eleccións xerais en Barcelona as fotos de Chacón aparecían coas siglas só do PSC.

condedecotobade #6 1/Agosto/2008 condedecotobade

Hai algo que non me cadra. Se o imbécil este di que hai nenos en Baleares que xa non falan español porque di que o español o comprende todo o mundo e que os outros idiomas son innecesarios?
Despois da añoranza esta dun Impreio mundial mellor nin falar, ou de que se diga que unha Mallorca non española nunca tería entrado na UE. Pero se é máis ben ao contrario! Se era a dictadura franquista á que non permitía aos cidadáns do Imperio aproveitar os cartos europeos. Senón que miren para Slovenia,Croacia ou para Montenegro. Polo carallo ían ter as relacións que teñen coa UE se continuasen baixo dominio serbio.
En fin...

Galezio #7 1/Agosto/2008 Galezio

Esta é uma equipa e as galegas uma caralhada...Digo-o porque o Barça defende sua dinidade catalã, as equipas galegas negariam-se a voar se a questão estivess com o castelhano, mas não com o galego que lhes importa uma gaita de ferranha!!
Viva Catalunha,Viva Galiza sem "lendoirños" mas sim com "LENDOIRINHOS" com um par deles galegos....Impossível?

xavi_r #8 1/Agosto/2008 xavi_r

Eu vivo cun alemán, quizás podo entender un pouco o que se lle pasa pola cabeza. En alemaña teñen varios dialectos (no norte, en Baviera..), pero non teñen carácter oficial, aínda que sexan falados, polo que o único idioma común é o alemán, por eso lles parece raro que algunhas cousas estén só en galego (i.e. papeleo do sergas). Air Berlin é unha compañía privada, se lles afecta ó bolsillo xa veredes como trocan ó catalán, así de sinxelo. A parte de todo, empregar unha esvástica para este tema é unha ofensa para os alemáns e non ten xeito ningún.

Hispanico #9 1/Agosto/2008 Hispanico

Eles saberám o que fazem, Air berlin, cecais nom lhes compensa o mercado catalám. Porém, as equipas galegas nunca haverám esses problemas, já que o castelhano sempre será bem considerado nos seus voos ...

rober #10 1/Agosto/2008 rober

o alemán debería desaparecer e deixar de ser falado como sucedeu na Polonia, na Alsacia, na Lorena e noutros lugares da Europa

rober #11 1/Agosto/2008 rober

e como, Carthago ... , que non volvese nacer nada alí

Barcelos #12 1/Agosto/2008 Barcelos

Laporta, quan vas a agafar la porta?

O idioma é para unir ou para separar? Se é para separar, o mellor é calar.

estrela_vermella #13 1/Agosto/2008 estrela_vermella

Coido que un clube de fútbol non se debería identificar cunha opción política.

Así e todo, é bastante significativo que en calquera vóo de Cataluña a Galiza diríxense aos pasaxeiros en catalán tanto nun lado coma noutro e en galego, cando o fan, que non é sempre, exclusivamente ao saír/voltar a Galiza.

petopitopato #14 2/Agosto/2008 petopitopato

supoño que por algo será que a sua lingua é unha opción que moi a miudo se pode atopar de igual a igual con outras nas versions electrónicas das webs de servizos (por expl, bbva ten versión en catalán máis non en galego) de software, comunicación... etc

molondron #15 2/Agosto/2008 molondron

Persoalmente, o fútebol, nen me vai nen me vén, mais BEN POLO BARCELONA!!!!!
Dicía o presi de Air Berlin que non podían contratar persoal que falase catalán porque malamente conseguiron alguén que falase castellano. E logo? Non hai posibilidade de gravar mensaxes claras e entendíbeis polos viaxeiros de xeito automático? O de sempre, ignorancia, falta de vontade e falta de interés.
Nestes casos, a recomendación é a de sempre: evitarmos, no posíbel, utilizar esta empresa aérea para facermos algunha viaxe en avión que precisemos e facérllelo constar así.

xel #16 2/Agosto/2008 xel

é o seu aporte ó desenvolvemento da economia catalana. As empresas extranxeiras advirten que tenhen que respetar esa lingua e que a tenhen que empregar para facer negocio en Catalunya. Cando pesquiso traballos en Londres, e creo o perfil nos websites, no apartado de linguas faladas aparesce o catalán, nunca o galego inda ca eu marco portugués fluido. De chorar, non sómentes o perfil, senon que xa tenho mirado máis dunha oferta para (e xa non sómentes para call centre) de xente que fale catalán.

Hai uns dias, o presidente dos autónomos españois (ademáis de hostaleiro coruñés), queixábase sobre o borrador preparado pola Consellería de Industria que esixirá aos comerciantes que atendan en galego aos clientes que o usen: «¿Voulle negar ou pan e traballo a un home que acaba de chegar de América por non saber falar ou galego? Iso só ten un nome: racismo». A frase condensa o auto-odio proprio dúnha sociedade terceiromundista coronada coa triquinhuela populista barata de tentar de aparentar que está a defender os dereitos de alguén.

Tenho moi claro que empresarios desta categoria aportan a súa mincha para que eu coma traballador o tenha un pouco máis dificil dentro ou fora da Galiza. Por suposto que Air Berlín vai falar catalán, pola conta que lle tén (ou outra que quera ocupar o seu lugar). Mágoa, estamos a anos lus de Catalunya.

Gaviotero #17 3/Agosto/2008 Gaviotero

El Barça practicando el nazismo propio de cualquier nacionalismo exacerbado. Pero luego el señor Laporta bien que se expresa públicamente en castellano, su lengua materna y habitual, al igual que la inmensa mayoría de jugadores, que utilizan igualmente el castellano como lengua habitual.

Air Berlin está encantada, cobró el 50% del contrato sin mover su avión.

Gaviotero #18 3/Agosto/2008 Gaviotero

Añado, la lengua de Cataluña es el castellano, hablado mayoritariamente por los catalanes, según afirma año tras año la Generalidad de Cataluña.

independencia #19 4/Agosto/2008 independencia

O Barsa é máis que un club.Os cataláns xente intelixente.

Gaviotero,espero a túa defensa do romanés,do árabe e do chinés,falados maioritariamente nalgúns barrios madrileños.

Gaviotero #20 4/Agosto/2008 Gaviotero

En Madrid la única lengua oficial es el castellano. Los rumanos, árabes y chinos hablan mayoritariamente, además de su lengua materna, el castellano.

En Cataluña, el castellano es con el catalán lengua oficial. Y de estas dos, según la propia Generalidad de Cataluña, el castellano es la más hablada.

No confundamos churras con merinas.

GustavoHarvey #21 4/Agosto/2008 GustavoHarvey

Nem gavotas com abutres!

Barcelos #22 5/Agosto/2008 Barcelos

Só neste foro vexo apoios ao Barça. Fóra deste foro, todo o mundo pono a caldo e pon a parir ao mandatario catalán, ao que tachan ademais de ser superior, orgulloso, vaidoso e parvo.

E eu póñome no lugar de Air Berlín e penso, pois ti pérdescho.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: