Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ECONOMÍA

R seguirá en mans galegas: Caixanova faise coa participación de Fenosa

A operación, segundo o xornal 'Expansión' conta co apoio da Xunta.

Redacción - 13:16 02/08/2008

Actualmente, Unión Fenosa conta cun 35,44% do capital da operadora galega de cable, mentres que Caixanova mantén un 30,80% e Banco Pastor colócase como cuarto accionista, cun 9,91%. Xa que logo, se a caixa galega decide facerse coa totalidade do paquete que agora mantén Fenosa, faríase folgadamente coa maioría do capital da operadora de telecomunicacións.

Algunhas fontes sinalan que a decisión de Caixanova é firme e que conta, ademais, co apoio incondicional da Xunta de Galicia, que ve con bos ollos que se manteñan a galeguidade do grupo.O valor actual do grupo de cable podería situarse nuns 640 millóns de euros, dos que 420 millóns corresponden ao valor do capital, aos que hai que sumar uns 220 millóns de débeda. Desta forma, o valor das accións en mans de Fenosa sería duns 150 millóns de euros.

Hai que ter en conta que Caixanova, que actualmente ten ao redor do 5,5% de Fenosa, recibiría uns 930 millóns de euros pola súa participación na eléctrica se decide acudir á opa. As mesmas fontes sinalan que esta operación non ten por que esperar a que se culmine todo o proceso da opa de Gas Natural sobre Fenosa, previsto para o mes de abril de 2009, polo que, sempre que contase co visto e prace de Gas Natural, podería concluírse despois do verán.


4.89/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: