ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estatística do Ministerio de Traballo

O desemprego baixa un 2,2% en xullo

O número de parados en Galiza descendeu en 3.390 persoas. Mentres, no Estado as oficinas de emprego rexistraban un 1,5% máis de persoas sen traballo.

Redacción - 10:45 04/08/2008
Tags: paro traballo

Son 3.390 persoas menos no paro en Galiza feito o balance do mes de xullo nas oficinas de emprego. Un descenso do 2,22% respecto ao mes anterior. Así e todo, analizada a evolución nos últimos doce meses, a estatística indica que hai 9.320 parados máis, un aumento do 6,66%. No conxunto do Estado, nese mes de xullo o aumento do paro foi de 36.492 persoas, un 1,53%.

Xunto con Galiza, só Asturias (-3%), Cantabria(-3,90%), Castela e León(-2,66%), Estremadura(-1,58%) e Euskadi(-0,20%), rexistraron descensos no desemprego. A evolución anual só é mellor ca Galiza en Asturias, onde o incremento do desemprego foi dun 5,68%. Os peores números son os de Murcia (+51,88%), a Comunidade Valenciana (36,86%) e Baleares (36,11%). A media estatal de incremento do paro no último ano chega ao 23,17%.

Por outra parte, do total de 149.318 persoas en desemprego en Galiza, a análise indica que un 20,45%, é dicir: 30.531 traballadores, atópanse na categoría que as administracións cualifican "con grao de ocupación moi baixa". Un agoiro de problemas para atopar traballo que só é maior porcentualmente en Estremadura.

A nivel provincial, a mellor evolución porcentual en xullo produciuse en Lugo, onde 848 persoas saíron da lista do paro (-5,88%), seguida de Ourense, con 409 persoas (-2,18%), Pontevedra (1.045 traballadores, -1,83%) e A Coruña (1.088 persoas, -1,75%). A mellor evolución anual é a de Lugo, onde malia o aumento medio en Galiza do parto nun 6,6% o balance provincial rematou cun incremento de só o 0,89%. No outro estremo aparece Pontevedra, que acumula unha suba do parto do 11,47%.


3,88/5 (8 votos)


Comentarios (1)

lenin #1 4/Agosto/2008 lenin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que cousas pasan, onde mais aumenta o paro e nos "feudos" do PP. Murcia, Valencia e Balears. Culpa de ZP e dos nacionalistas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: