Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
En 11 igrexas do concello

O bispo vigués accede á retirada de varias inscricións franquistas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSdeG) recibiu do rexedor da diócese Tui-Vigo, José Diéguez, o compromiso de colaboración para facer desaparecer varias placas, sen afectar os edificios.

Redacción - 18:45 05/08/2008
Abel Caballero co bispo de Tui-Vigo

Abel Caballero co bispo de Tui-Vigo

Esta terza feira o alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSdeG) e o bispo da Diocese Tui-Vigo, José Diéguez, mantiveron unha xuntanza da que saíu un acordo para retirar, de 11 edificios eclesiásticos do Concello (as igrexas de San Miguel de Bouzas, Santa María de Castrelos, San Salvador de Coruxo, San Salvador de Teis, Santo Tomé de Freixeiro, Santiago de Vigo, Santa María de Vigo, San Francisco de Asís, San Andrés de Comesaña, San Miguel de Oia e San Andrés de Valladares), varios símbolos franquistas.

Caballero, ademais, salientou que lle vai enviar á Concellaría de Patrimonio Histórico para que decida o mellor xeito para eliminar estas 11 placas sen afectar o estado das igrexas nas que se atopan.

Na cidade de Vigo existen, segundo dixo o alcalde, outros vestixios franquistas que se están a recoller nun estudo que se terminará "antes de que remate setembro", en aplicación da Lei da Memoria Histórica. Este traballo empregarase, segundo Caballero, para "tomar unha decisión meditada", con "delicadeza" en canto á supresión dos símbolos fascistas que aínda permanecen na cidade olívica, un traballo que servirá, en palabras de Caballero, "para pechar feridas".


4,9/5 (10 votos)


Comentarios (8)

pampeiro #1 6/Agosto/2008 pampeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu son anti-franquista por natureza;pero,...pergúntome eu...Esas placas franquistas,...Non son parte da nosa historia,maila o boa ? Con ese mesmo concepto,...Non habería que botar abaixo a muralla de Lugo ?...Digo eu; os románs foron uns imperialistas que impuxeron a uniformización latina ós celtas nosos e escravizaron a moitos dos nosos máis antigos antergos.Esto sóame ao que fixeron os talibáns con aquelas estatuas xigantes de Buda.

rockandroll #2 6/Agosto/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai, sim? Logo tu concedes-lhe o mesmo valor artístico aos budas erectos do que a umhas inscripçons franquistas?

condedecotobade #3 6/Agosto/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É o de sempre, non é o mesmo que unha persoa estea na historia que reciba unha homenaxe. Unha estatua, unha placa, o nome dunha rúa, non son obxectos que informen sobre acontecementos históricos, son obxectos que se utilizan para homenaxear algo que se considera posítivo: Por iso non hai rúas Adolf Hitler ou Josip Stalin en ningún país do mundo (espero). Así que se hai que retirar esa homenaxe a alguén que deu mostras de sobra de ser desprezábel (porque os tempos cambiaron) pois faise e non pasa ren. Amáis, como di rockandroll non hai que mezclar a arte cunha merda de estatua equestre, unha placa, ou similares.

Barcelos #4 6/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#2 Estes budas erectos non son unha pornografía?

#3 Estráñame que non haxa rúas de "Stalin...da canción" polos países do telón de aceiro inoxidable.

Menos mal que se chega a un bo acordo coa Igrexa. Non sei que opinará Rouco.

pampeiro #5 7/Agosto/2008 pampeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está ben;respecto moitísimo estas opinións e as collo do mellor xeito para enriquecer a miña.Eu penso que non é o mesmo unha inscripción que o nome dunha rúa.Condedecotobade citaba no seu mensaxe ó xenocida Hitler que tomóu a ancestral svástica como símbolo do seu réxime de terror;e hoxe,ese tradicional e milenario símbolo está prohibido en Alemaña.Que faran estes alemáns cando atopan nun milenario xacemento arqueolóxico algunha svástica.A destruíran dacordo coa prohibición ?
Eso sí,estóu dacordo con retirar a meirande parte das omnipresentes estatuas ecuestres do dictador Franco.Pero algunha delas habería que poñerlla nun museo para amosarlle ás novas xeracións que neste país gobernóu con mán infame este nefasto personaxe.

Gaviotero #6 8/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

La izquierda quiere eliminar a toda velocidad los restos franquistas y las placas de los caídos por España, porque buena parte de los que allí están son los padres de los que ahora se autoproclaman antifranquistas de toda la vida y que por entonces no eran más que fieles aduladores del Caudillo.

Gaviotero #7 8/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Repasamos entre todos dónde estaba Abel Caballero durante el franquismo? ¿En la resistencia antifranquista? ¿O estudiando en Cambridge y Essex? ¿Y por qué esperó a afiliarse al PSOE hasta el año siguiente de haber muerto Franco?

Así es muy fácil, Abelín, ¡eso lo hace cualquiera! Menudo impresentable...

Xeonllo #8 8/Agosto/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#6 hai 59 minutos Gaviotero
"La izquierda quiere eliminar a toda velocidad los restos franquistas y las placas de los caídos por España, porque buena parte de los que allí están son los padres de los que ahora se autoproclaman antifranquistas de toda la vida y que por entonces no eran más que fieles aduladores del Caudillo".

¿Iso do que foron os pais, que hai de todo, que ten que ver para ilexitimar o que fan os fillos ¿Ou é que os fillos son responsables do que fan os pais? Que iso só é na Biblia, con iso do "pecado orixinal".


No referente a Abel Caballero antes de militar no PSOE, durante a dictadura, estivo no PCG-PCE.

Por tanto, algúns o que tiñan que facer é calar a boca.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: