Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na Coruña e Pontevedra

Mellor sen touradas

Ética e sentidiño contra a tortura que algúns teiman en converter en "espectáculo". O país acolle esta fin de semana diversas accións anti-touradas.

Redacción - 11:30 09/08/2008

"En Galiza temos moitas boas maneiras de nos divertir e despois durmir coa conciencia tranquila de non ter feito mal algún a inocentes, sen necesidade", subliñan desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), recordando a ampla galería de festexos que estes días teñen lugar no país. Unha razón engadida para non teimar na permanencia no calendario de eventos baseados na tortura de animais. Por este motivo Adega e o colectivo Matar por Matar Non, convidan os cidadáns a participar nos actos de rexeitamento ás touradas organizados para esta fin de semana.

A Fundación Equanimal programou tamén para este sábado actos "antitaurinos" na Coruña e Pontevedra para "protestar polos touros mortos" durante a celebración de touradas nestas cidades. En ambos actos, varios dos activistas da fundación pousarán tendidos no chan, seminus e con bandeiriñas cravadas nas costas, simulando "os touros mortos". Estas iniciativas forman parte dunha serie de accións "antitaurinas" que a organización está levando a cabo durante este ano, ao igual que os asaltos á area da praza de touros de Las Ventas en Madrid e a irrupción nun dos encerros en Pamplona.

Máis no espazo en internet Galicia mellor sen touradas e nas webs de Adega e Pontevedra Anti-taurina.


5/5 (15 votos)


Comentarios (6)

Galezio #1 9/Agosto/2008 Galezio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Touradas não, é um ato punível e vergonhento. Fora touradas.
http://www.antonioborgessampai...

pampeiro #2 10/Agosto/2008 pampeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Foi un presidente de apelido galego,Sarmiento,quen prohibeu as touradas na Arxentina no século XIX e para reemplazarlas fomentóu ós deportes de oríxe anglo-saxona como o fútbol e o rugby.

piorno #3 12/Agosto/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois é um outro presidente de «apelido galego», o da Câmara Municipal ou Concelho da Ponte Vedra, sr. Fernández Lores (BNG), quem promoveu umha matança selvagem na cidade, incluindo as touradas no Programa de Festas, habilitando dezenas de espaços públicos por toda Ponte Vedra para a publicidade das mesmas e mesmo chegando a enviar a polícia local para reprimir o pacífico movimento antitouradas.

Vam expulsar do BNG e multar fortemente os promotores das touradas de morte? Vam inabilitar de por vida para exercer um cargo público o sr. Fernández Lores (BNG), o sr. Rafael Louzán (PP), a sr.ª Anxos Riveiro (BNG) e o resto dos autores intelectuais desse espectáculo sanguinário e repugnante?

asterix #4 12/Agosto/2008 asterix
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por moito que o intentten NON NOS VAN CALAR!!! Entra na nova web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org

Arroas #5 12/Agosto/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai, ai, aii.
Teño a ialma doente. O Goberno local, efectivamente, (snif), anunciou as touradas no programa das festas...ai, Loresiño, que pasou???
E iso que a programación e a estética dos actos culturais de verán e das festas era tan elegante e riquiña...
É pra chorar... A cadratura do círculo xa é posíbel.
Cada día máis 'integrados' en España. Zi zeñóoo ¡¡¡
Ai, como we miss xestores da cultura como Luis Bará...
Saude. As corridas dos touros só pra as vacas ¡¡¡

Dogma #6 12/Agosto/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que mellor poden fecer e ir ao mataderiro de turno e coller uns bidons de sangue e tirala polo chan..

De segundo coller poñerse á porta da entrada e denunciar a todo-os pais que leben nenos pequenos ao "espectaculo".

De terceiro denunciar a todos os Toureiros por matanza ilegal de Vacunos, pois non empregan a pistola reglamentaria.

Con isto eu creo que poden empezar a facer algo interesante.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: