Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Con 600 euros

Multan a unha asociación da Valenzá por maltratar uns porquiños

Medio Ambiente considerou unha "infracción de carácter grave" un espectáculo con animais, incluído no programa da I Festa da Veciñanza desta vila do Concello de Barbadás.

Redacción - 13:35 11/08/2008
Tres porcos ollando para a cámara / Flickr: gustavovara

Tres porcos ollando para a cámara / Flickr: gustavovara

O pasado mes de outubro (o domingo 28) a Asociación de Veciños da Valenzá, no Concello de Barbadás (Ourense), organizou a I Festa da Veciñanza. Na programación incluíron unha actividade que consistiu na solta de catro porcos pequenos (de entre 20 e 45 quilos), engraxados, para que os perseguisen e collesen os máis cativos: a I Agarrada do Porco.

Segundo contan dende a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), este espectáculo é "manifestamente contrario á lexislación vixente que prohibe tales condutas de maltrato e 'tratamento antinatural' dos animais". O feito foi denunciada por esta Asociación e por varios veciños da localidade que, porén, recibiron por contestación do Servizo de Protección da Natureza da Comandancia de Santa Mariña (Ourense) que xa sabían de tal actividade. O Seprona non apareceu pola zona, contan dende Adega, malia ser requirido polos ecoloxistas a través dun escrito presentado na Subdelegación do Goberno en Ourense.

A 'Agarrada do porco', unha "infracción de carácter grave"
Porén, finalmente a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, ditou unha resolución administrativa esta segunda feira na que cualifican como "graves" os feitos denunciados. Para este departamento da Xunta, "organizar unha carreira con animais é evidentemente un espectáculo, sendo indiferente que se celebre en local pechado ou ao aire libre, así como que sexa ou non de balde (...). Por outra parte, a relación das persoas cos animais debe respectar, en todo caso, as necesidades fisiolóxicas e etolóxicas dos mesmos, o que impide facelos obxecto de tratamentos antinaturais".

Na elaboración do informe tívose en consideración, entre outras cousas, un documento achegado pola (ANPBA) (que tamén se atopa entre as asociacións denunciantes) que foi presentado ao Departamento de Sanidad Animal da Consejería de Agricultura e Pesca da Junta de Andalucía e no que se conclúe "non hai dúbida de que usar un porco para unha actividade que non sexa para a que se seleccionou é causa de estrés, que pode desembocar na morte do animal".


3.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: