Os militantes socialistas cataláns esixen que se cumpran o Estatut, apoian a firmeza de Montilla e ameazan a Zapatero con retirarlle o seu apoio.
A blogosfera socialista catalá é un dos grupos de blogueiros mellor organizados en todo o Estado, xa dende hai uns anos. Comandados por Miquel Iceta, voceiro do PSC no Parlament de Catalunya, que abriu o seu blog en xullo do 2004, na rede blogueira, moi activa, intégranse unha ducia de deputados do Congreso, outros tantos do parlamento catalán, así como alcaldes, concelleiros, cargos internos do partido e a meirande parte dos dirixentes das xuventudes do PSC. O conflito creado despois de que Zapatero incumprise o compromiso de reformar o mecanismo de financiamento de Cataluña segundo o aprobado no Estatuto de Autonomía está quentando a rede catalá, coa esixencia unánime de que o goberno español leve adiante as modificacións prometidas.
A reacción máis dura pódese ler no blog do secretario de acción política das Xuventudes Socialistas en Hospitalet, Néstor Cabañas, que escribe que "hai xestos que nos sitúan cada día como unha colonia espoliada por una metrópoli" e alerta que o peor é "a incomprensión, que nos afasta de España". Pola súa banda, J.M. Balcells, afirma que de non cumprir Zapatero a palabra dada, ""sentireime profundamente decepcionado, por non dicir traizoado" e conclúe "non quero pensalo. Estou convencido (...) de que non quererá xogar con lume, porque probabelmente xogaríaa nun próxima contenda electoral".
Tamén se dirixe directamente a Zapatero Joan Ferran, secretario xeral do PSC de Barcelona, que o presidente do goberno español "pasou polo Arco do Triunfo a lei e iso é pouco nobre; cheira á España rancia (...), a mesma España contra a que loitou o seu avó".
Dous dos asuntos que case todos os posts publicados tratan son a reacción de Montilla, apoiada de xeito unánime pola súa "firmeza" e "dignidade": "demostrou que Cataluña está por riba de todo. Ninguén o poderá acusar de se vender ao goberno de Madrid". E tamén a cuestión de se os 25 deputados que o PSC ten no congreso, e que até agora apoiaron sempre a Zapatero, seguirán facéndoo se non se resolven favorabelmente as reivindicacións de Cataluña en canto ao seu financiamento.
O vindeiro 5 de setembro, os 25 deputados reuniranse con José Montilla e Antoni Castells para decidir a súa posición e marcar distancias co PSOE. A este respecto, Roger Casero Gumbau, portavoz do PSC en Sarrià de Ter, afirma que o apoio aos orzamentos xerais do Estado dependerá do acordo sobre o financiamento. E o mesmo pensa Arnau Ramírez, concelleiro de Comunicació Institucional en Sant Feliu de Codines, que cre que a "estratexia da pedagoxía con España quedou obsoleta".
Igualiño igualiño que o PSdeG. Vaites, Touriño, que papelón che asignaron! E que obediencia cega te move!
Anda que a ter a ocurréncia de dicer que cada euro que vai para Cataluña é un euro menos para Galiza, e que permaneza no posto cinco minutos despois de dicelo xa nos explica todo. O BNG ten que ter tino con quen se deita, se non quere saír mexado.
O Bng, o que ten que conseguir o voto maioritario, e pasarlle a ese psoe español que representa Touriño. Nin siquera é un presidente que lle interese a lingua, fala medio andalú. Como lle va a interesar Galiza? Somos nos as persoas que temos conciencia nacional quenes temos que darlle o apoio maioritario ao nacionalismo. Xa seremos críticos. Fagamos primeiro conciencia de pais e nación, pouco a pouco. Eu daríame cun canto nos dentes con ter só un pouco de conciencia nacional como os cataláns ou os vascos. Só o Bng hoxe ten a chave para facelo.Xa unha vez pasamoslle ao psoe, podemos volver a conseguilo.
Ten que fiar fino o BNG e demandar para Galiza o que en Xustiza lle corresponde.
Si en Catalunya se poñen do xeito que se poñen, aquí hai que tirar máis da corda, inda que teñamos menor representación política, non por iso debemos nos conformar có que en Madrid din.
Galiza e os Galegos debemos facer que nos repeten, xa estamos fartos de promesas que nunca chegan a bo fin.
Por moito que o intenten NON NOS VAN CALAR!!! Entra na web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org
O PSC, tamén con Montilla, volta amosar a súa independencia. De todas formas, está por ver á Ministra de Defensa contra de ZP.
A visión dos medios catalás é, con máis ou menos humor, esta: http://www.youtube.com/watch?v...