De paso que cargaba contra a Lei de Memoria Histórica, o ex presidente da Xunta definiu de "vergonzosa" a cualificación de ben de interese cultural do Pazo ocupado polos herdeiros de Franco.
"Hai que andar con moito coidado con isto, porque se pode crear un sistema de odios", comentou Manuel Fraga preguntado pola nova lexislación ao respecto da memoria histórica, un proceso que na súa opinión é unha "volta ao século XIX, ás vinganzas e destrucións". Ao tempo, e durante a mesma entrevista concedida á Radio Nacional Española (RNE), definiu como "vergonzosa" e "intolerábel" a declaración como ben de interese cultural do Pazo de Meirás. Así e todo, concedeu como "apropiada" a mudanza de nome do que foi até hai pouco Hospital Juan Canalejo e que pasou a ser Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. "Canalejo non tiña nada que ver coa sanidade", afirmou.
O ex presidente da Xunta falou durante a entrevista doutros temas, como foi o posíbel adiantamento da data das eleccións, cuestión sobre a que opinou que todo adianto é "sempre sospeitoso" sen pronunciarse máis en profundidade sobre a cuestión. Ao fío, dixo ver posibilidades de entendemento entre PP e BNG "até certo punto". Unha sintonía posíbel que comparou coa relación mantida polo PP no seu tempo con CiU e PNV, opinando que o ex presidente do goberno español, José María Aznar, aproveitou aquela conxuntura para "facer na súa peor lexislatura unha boa política". Nesa liña, falou Fraga a prol de que o seu partido aproveite de xeito "lícito" todas as actuacións que impliquen "servir a Galiza un pouco menos mal".
Por outra parte, o ex presidente rexeitou afondar en valoracións sobre as recentes conclusións do informe do Consello de Contas sobre o exercicio 2005. Ao respecto das irregularidades detectadas polo ente fiscalizador nesa última etapa do goberno que el mesmo liderou, Fraga desafiou a "probar" que as actuacións mencionadas fosen ilegais.
Intolerabel é que este FASCISTA no fora xulgado, intolerabel é que sega a dizer necedades e non por mor dalgunha demencia senil xa que os seus abruptos pensamentos e obras comezan dende vai moitos anos. Xa saben, orneo e mando! pero agora pouco mandas cando no teu partido danche as costas e xa levan muito tempo replicandote.
Xa non es vaca sagrada e si un boi morto politico
Dios guarde a usted muchos años
Os orixes, son os orixes, e esta xente da extrema dereita española no fondo non deixan de ser uns fanaticos do antigo rexime.
Por moito que a mona se vista de seda, mona se queda.
Pouco lles importan os veciños que foron expropiados ou obrigados a por cartos para mercarlle o Pazo o dictador.
En calquer pais democratico estas declaricions, o mesmo que o feito de que os herdeiros dun ditador manteñan a propiedades roubadas, seria un autentico escandalo.
Pero cando nos vamos a librar os galegos/as desta merda de xente.
En que país estamos que se lle concede entrevistas a quen estivo o lado de franco. En que pais estamos que as revistas interesalles a vida da familia franco (cousa impensables en Alemaña, por exempplo)
O Pazo de Meirás debe ser devolto na súa integridade a Galicia e debemos botar a os Franco desta Terra para sempre e a Fragaa con eles, que se metan onde os queiran¡¡¡¡
Adeais co tema este da ditosa boda entereime do indendio que se produxo no pazo e das cousa que dali sacaron esta familia de asesinos con tada a súa cara e aínda teñen a desvergonza de reclamar o que non e seu e de vir a fodernos coa sua merda de boda. Estaría mais contento se fora un enterro.
E Fraga, canalejo non tiña nada que ver coa medicina non. Este home cada vez que abre a boca ponme mal¡¡¡
Saudos
Mais para o PP o principal problema de Galiza non e que a familia do dictador manteña as propiedades roubadas o pobo en dictadura, nin o destrozo ecoloxico provocado polas minicentrais nos rios,os eolicos nos montes, e as piscifactorias (grazas as concesions do goberno Fraga-Feijoo). Non, o problema mais grande para Rajoy e que en Galiza falemos en galego.
fraga, fascista!
lémbraste das que fixeche? Julián Grimau etc etc.
Tés as mans tinxidas de sangue.
Vaite ou morre dunha vez, tanto me tén.
Fraga xa se foi, vive en Madrid, non? Ó final todos volven a súa Terra.