Critica, entre outros contidos do acordo, que se lle dea prioridade á creación dun Servizo de Normalización Lingüística.
A rexedora de Mos
O edil do PSdeG de Mos Xerardo Alonso Porto abandonou o goberno local debido a diferenzas co pacto asinado entre os socialistas e mais o BNG a finais do pasado mes de xullo.
O número dous do partido na localidade viguesa confirmou esta quinta feira a súa renuncia ao PSdeG. No entanto permanecerá na política municipal, exercendo dende o grupo dos non adscritos.
Alonso considera que con este acordo de goberno "non se defenderon os intereses dos veciños de Mos". Lamentou neste senso que aínda que "todo é necesario" no documento non se atenden prioridades como, segundo el, a creación dun Consorcio de Emprego.
Así, criticou, entre outros contidos do acordo, a creación dun Servizo de Normalización Lingüística "cando un informe de Secretaría di que antes que iso se deben potenciar departamentos como Urbanismo ou Medio Ambiente".
"Escusas", di a alcaldesa
O concelleiro participou en marzo na primeira mesa negociadora para un pacto local entre socialistas e nacionalistas que non chegou a callar. Porén, segundo afirmou, cando se retomaron os contactos se arredou das conversas dado o seu desacordo con moitos aspectos do pacto.
A alcaldesa socialista de Mos, María Xesús Escudero, mostrouse "sorprendida e decepcionada" polo acontecido, e considerou que as razóns esgrimidas por Alonso son "escusas" xa que "o pacto non gusta a ningún", en referencia ás cesións que tanto o PSdeG como o BNG realizaron.
Non sei para que queren un servizo de normalización lingüística para falar coma o Sr. Torito e compañía "xunteira", non lles é necesario.
Mos, Porriño, Gondomar agora Cangas .... etc., este partido do Psoé é tan español, español, que en Galicia quedóu reducido a eso nada mais. Os poucos galeguistas que tiña, ou marcharon ou están relegados.Non defenden o idioma non defenden a Terra. Só con ter un pouco de conciencia nacional galega xa chegaría. Estivemos moitos anos asoballados, ninguneados, esquecidos, desprestixiados., só serviamos para traballar. Non estraña que este concelleiro fale así., Touriño pensa e fala igual.
O que eu non acabo de entender é iso que se di de que un informe de secretaría di que se deben priorizar outras áreas. A función de decidir onde se priorizan os investimentos non é cousa dos gobernos e da clase política? Quen e para que lle pediu semellante informe á secretaría xeral do Concello?
Este seguro que andaba detrás de que lle fixesen un oquiño no departamento ese de Urbanismo e claro ao final non o fan e el vaise do PsdG, pois moi ben! Corrupto independente que no PsdG xa hai de abondo
O ético sería que este señor senón está de acordo lisque para a súa casiña e deixe o posto ao seguinte da lista, pero como non o vai facer pois é nada máis que un TRANSFUGA. Os secretarios mandan de máis nos concellos, o que debería de estar ben regulado xa que non son elexidos democraticamente senón moito por enchufismo.
Paréceme todo isto de Mos lamentábel e fai agromar o españolismo latente que hai en moitas bases do PSdeG, que ás veces gañan por goleada aos do PP, que xa é dicir. Torito é igual.