Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Avoga polo "bilingüismo cordial"

Feijoo cre que estamos "ante o inicio dun conflito lingüístico que se pode enquistar"

"En Galiza non había ningún problema e hoxe hai moita xente que non está de acordo coa política lingüística da Xunta", di.

Redacción - 14:40 24/08/2008
Imaxe promocional do PPdeG

Imaxe promocional do PPdeG

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, asegurou este domingo que Galiza está "ante o inicio dun conflito lingüístico que se pode enquistar" e que, segundo el, pode "callar en determinadas capas da sociedade", algo que cualificou como "un grave erro" por parte do Goberno.

Nunha entrevista concedida ao xornal español El País, Feijóo salientou que durante dúas décadas se mantivo "a salvo a convivencia pacífica e cordial das linguas" e, fronte a iso, considerou un "erro político" do Executivo "romper unilateralmente" o consenso que atopou cando chegou ao Goberno.

"En Galiza non había ningún problema e hoxe hai moita xente que non está de acordo coa política lingüística da Xunta", insistiu o dirixente popular, que asegurou que el ha tentar "volver recuperar un bilingüismo cordial".


1,36/5 (11 votos)


Comentarios (19)

xabre #1 24/Agosto/2008 xabre
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"convivencia pacífica e cordial das linguas" "non había ningún problema"

O nariz, señor Feijoo, que lle vai chegar de Compostela a Génova como siga así.

Bilingüismo cordial mola máis que bilingüismo harmónico. Ou sexa, acabar co galego, pero de bo rollo, en plan molón.

breogan #2 24/Agosto/2008 breogan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

co governo do señor fraga non poiden educar ó meu fillo en galego,
o bilinguismo cordial do señor feijoo significa reducir o emprego do noso idioma nas romerias e nas feiras , pero empregalo na xustiza, na mediciña, na banca, na vida cotian..., iso xa non, iso é un ataque ó seu bilinguismo cordial.

toivonen1978 #3 24/Agosto/2008 toivonen1978
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fraga era un amante de Galiza e do galego na comparanza co tal Núñez Feijoo este.
O triste é que haberá xentiña e xentiña que siga votando a un tipo que criminaliza a súa lingua na crenza de que os socialistas lle quitarán as pensións e os nacionalistas os levarán á guerra.
Que esta xente sexa o partido máis votado no noso país tamén da unha idea do perdidos que estamos.

BovedaGZ #4 24/Agosto/2008 BovedaGZ
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como pode ter o valor de dicir semellantes cousas. Bilingüismo cordial, de verdade que inventan as cousas máis raras que existen. Que doado sería todo como antes, deixando que o galego fose desaparecendo pouco a pouco. Que teñan collóns, e que digan dunha vez que lles gustaría vivir nunha terra sen lingua propia. Que vaian coa verdade por diante. Pero non teñen valor, e non o entendo, porque estou seguro que inda que o dixeran non ían perder voto ningún xa que por desgraza é o que pensan tódolos votantes do PP e incluso algúns do PSOE.

Anti_Lusista #5 24/Agosto/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai que ser cínico. Modificouse algo da política linguística da era Fraga????????????????????????????????????
Non o soporto, pailán do carallo.

Erasmo #6 25/Agosto/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En honor á verdade este tipo é un Sinvergüenza!
Dicir "romper unilateralmente" o consenso que atopou cando chegou ao Goberno, é como para darlle unha patada no cú e mandalo á merda!

Se é certo co Decreto de Imposición Lingüística no Ensino foi asinado pola peor Conselleira de Educación que tivemos ata agora... non deixa de ser verdade ca LNL foi aprobada por tódolos grupos incluído o PP.

Pero se vos decatades do xogo electoral seguramente chegaríamos a acordos máis sensatos sen estes politicuchos do carallo...!

Dí o listillo = un conflito lingüístico que se pode enquistar =

Eso é precisamente o que lles interesa QUE SE ENQUISTE para ter tema para rato (como fixeron en Cataluña) e así cada día dar un paso máis na Imposición Lingüística tirando de Decretos e Normativas que ninguén entende nin comparte a población do país.

Ogallá se lle enquiste a él tódalas mentiras e medias verdades que anda espallando gratuitamente para sementar cizaña entre o electorado!

Conmigo que non conte... pero Unha Lingua Non Se Fala por Decreto !!!

Gaviotero #7 25/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lo que nos faltaba. Ahora van los plumillas de Vieiros y se inventan las declaraciones de la gente, poniendo en su boca esa aberración de "Galiza" que ni existe ni existirá jamás.

Aunque bueno, puestos a inventarse la realidad...¿no, señores de Vieiros?

Sara_Mago #8 25/Agosto/2008 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cuidado Sr. Feijom, que Madri esta-lhe a botar drogha no Colacao e assim nom vai nunca levantar cabeza na Galiza.

Hildegarde #9 25/Agosto/2008 Hildegarde
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Novo termo para a sociolingüística: BILINGÜISMO CORDIAL!!!

abretedeorellas #10 25/Agosto/2008 abretedeorellas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

durante a eterna lexislatura do PP bótase unha lei de normalización lingüística, apróbase por unanimidade, mais non se cumpre.
agora que se intenta cumprir, resulta que é un ataque.
se non quere a súa cultura, se nin a coñece, a quen quere representar? non estaría máis cómodo en Madrid?

evusca #11 25/Agosto/2008 evusca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo con abretedeorellas, e fágome a pregunta de quen é este Feijóo, alguén o sabe?, cal son as súas ideas? (as súas, nos as que lle dicta la COPE e El Mundo e os representantes do españolismo máis enxebre a casposo) Que pasará cando o PP, máis que partido de ideas de intereses, se dea unha labazada e volva a quedarse sen catar poder. Onde enchufarán a este pailán?

molondron #12 25/Agosto/2008 molondron
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Outro parvo pepeiro que nos quere seguir tomando por "gilipollas". Xa non abondaba co nefasto "bil-lingüismo harmónico", que agora predica a "convivencia de linguas", cando o que el -e os que pensan como el malia falaren moitos deles galego habitualmente- fixo foi aprofundar na castración do pobo galego ao respeito da súa propria lingua; seguir aprofundando no sentimento de auto-odio e de minusvaloración fronte ao castellano e o que supón "ser español".
En fin...

Hispanico #13 25/Agosto/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esta gentinha que se oponhem à normalizaçom do galego "oficialista" nom tenhem perdom de deus. O galego "oficialista" é tam semelhante ao castelhano que até um de Córdova poderia aprender a fala-lo numas poucas semanas. Até na ilha da Gomera ligavam para a TVG para ver os jogos de futebol, segundo me dixeram alí, e quando lhe pergunto ao gajo do hostel "y entiende?" vai e diz "sí, y si no, que les den por el culo".

Se o galego fosse como o galés ou o basco, ainda ...

Até a ortografia é case que como a do castelhano, para faze-lo doado de aprender.

Eu ainda nom compreendo aos que se oponhem ao uso do galego em todas as esferas da vida pública na Galiza. Ou som moi lacazáns para aprendelo e usalo ou simplesmente tenhem esta falta de honestidade humanística e democrática própria do nacionalismo espanhol. Som eles, com a sua teima espanholista uniformadora castelhanista os que criam o conflicto.

LOIS_DE_SILAN #14 25/Agosto/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non vos hai argumentos xurídicos que permitan implementar os desexos de Galicia Bilingüe ou os dos do manifiesto.

Por iso volta o discurso ó punto da pura propaganda electoral: nós somos mellores, fómolo sempre!; nós satisfacemos as necesidades da xente; os outros son malos, con eles a xente está descontenta, ....

Arroas #15 25/Agosto/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Feixoo, FILLIÑO, LEMBRA COMO DICÍA A TÚA ABOA: Aaaiiii, CANTO PARVO CRÍA O PAN DE MILLO.....que Raxoi lle dea un choio en Madrid a esta panda de pijos descastados. E en serio, que tufo máis fascistoide bota esa xente,cos Galicia Bilingüe mono-lingües en castellano de Castilla..., ai, ai, PARVOOOS¡¡¡¡
Mensaxe/laio en bilingüe: OH, MY GOD, PLEASE, TAKE THOSE PAILÁNS AWAY FROM GZ

dumiense #16 26/Agosto/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O problema é que sempre haberá algún pailán que cre o que conta iste home. Antes non había conflicto? xa, e agora tampouco non te jode

antoniosilva959 #17 27/Agosto/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Em primeiro lugar quero informar que esta será provavelmente a primeira e última opinião sobre o tema. Porque a redacção de Vieiros censura todas as opiniões que defendam que o galego e o português são a mesma língua. São muitas as pessoas que tenho conhecimento que por defenderem esta realidade passaram a ter o seu IP cortado ao acesso ao Vieiros.
O "portunhol" que a RAG está a fabricar artificialmente na verdade não passa de um dialecto isolacionista sem qualquer futuro. Pelo contrário o verdadeiro galego foi conservado pelos portugueses e teve desenvolvimento livre da colonização castelhana.
O Galego conhecido depois da independência de Portugal como Galego-Português é uma das línguas mais importantes do mundo sendo o idioma materno de cerca de 300 milhões de pessoas em todos os continentes e língua oficial em 10 países. Língua oficial da União europeia onde é aceite oralmente como galego,da União Africana (onde o castelhano não é) e Mercosul. A nossa língua materna é aquela que os nossos pais falavam antes da colonização castelhana que actualmente é conhecida por português só pelo facto dos castelhanos a terem extinguido oficialmente da nossa Pátria Galega.
O galego escrito na norma internacional conhecido como português é o único meio linguístico de tornar a Galiza respeitada no mundo e passarmos a ter a nossa língua descolonizada do castelhano.
O estado espanhol gasta milhões dos nossos impostos a criar o dialecto "portunhol" da RAG só para manter os galegos isolados do mundo e manter a supermacia do castelhano na Galiza. Para os espanholistas colonialistas ver os galegos terem um idioma em que se possam exprimir internacionalmente é um drama. Os nossos impostos são gastos a subsidiar Vieiros e outros que promovam o dialecto "portunhol" da RAG e com isso contribuir para o isolamento da Galiza no mundo. Não há respeito pelos nossos antepassados e cultura. Na Galiza continua em pleno século XXI a colonização pelos castelhanos. Até Quando?

antoniosilva959 #18 27/Agosto/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se no parlamento Europeu oralmente o Português e o Galego são a mesma língua porque será que o Estado espanhol através da RAG quer isolar o galego na norma escrita e não aceita o padrão internacional? E gasta milhões de Euros dos nossos impostos a criar um dialecto padrão isolasionista artificial?

É uma questão política com receio da Galiza ganhar autonomia e chegar à independência.
Porque a nossa língua ao contrário do catalão e basco por exemplo tem uma dimensão mundial sendo falada em todos os continentes por cerca de 300 milhões de pessoas e é oficial em 10 países incluindo a Região Autónoma de Macau na China.
Acresce ainda o facto que sem ser idioma oficial é também a língua materna falada e escrita de milhões de pessoas de territórios em vários continentes, com destaque para a Índia no antigo Estado Português da Índia ( Goa, Damão, Diu, Dadrá e Nagar-Aveli) que foi português durante 5 séculos.
É também língua oficial das principais organizações mundiais como na União Africana (onde o espanhol não é), no Mercosul e na União Europeia onde oralmente é reconhecido como galego.
O galego e o português foi a mesma língua oficial falada e escrita em Portugal e na Galiza até os castelhanos a terem extinguido oficialmente na Galiza. Só a reintegração da nossa língua materna faz acabar com a colonização linguística dos galegos. A RAG tenta impor definitivamente a colonização castelhana da língua e isolar os galegos dos povos que falam a nossa língua materna. Tudo porque se teme das vantagens económicas e culturais que a Galiza obtém por entrar num mercado de cerca de 300 milhões de pessoas. Por isso todos os galegos e galegas se devem opôr ao dialecto “portuñol” da RAG. Nós temos como língua materna uma das mais importantes do mundo, não precisamos de a trocar por um dialecto criado artificialmente pela RAG para nos isolar no mundo.

antoniosilva959 #19 27/Agosto/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O tema da nossa língua galega tem dominado constantemante os artigos de opinião.
Porém a imagem que transmitem essas opiniões não são verdadeiras porque a redacção de Vieiros faz censura e corta o acesso a todos aqueles que de uma forma aberta defendam que o Portugês e o Galego são a mesma língua.
No mesmo periodo de tempo contei na página de vieiros os usuários que escreveram sobre o tema em Vieiros e tive conhecimento que o triplo desses tinham sido censurados.
Há pelo menos 3 vezes mais pessoas a quererem dar a sua opinião e são impedidas só porque defendem que o galego e o português são o mesmo idioma e escrevem galego na norma internacional e não no dialecto “portunhol” da RAG...
Haja liberdade de expressão. Senão estasse a enganar a opinião pública.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: