Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O URBANISMO NA COSTA

Cincocentos metros, 'aseghún'...

A conselleira de Política Territorial matiza que a protección do litoral será moi diferente segundo cada zona.

Redacción - 18:00 25/08/2008

A protección da costa pode ser relativa. A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, explicou este luns que os cincocentos metros de protección do literal son “unha referencia”. Proba disto é que, segundo explican dende o Goberno, “nalgunhas partes vaise ir máis aló e noutras baixarase”.

Caride fixo pública a relatividade da norma nunha visita á Illa da Arousa. Así, subliñou que naqueles lugares de especial interese natural a protección poderá superar os cincocentos metros pero tamén deixou claro que haberá zonas con condicións especiais que non terán que cumprir esta distancia e incluso outras “en contornos urbanos” que só terán que gardar unha distancia de vinte metros.

As declaracións da conselleira teñen lugar poucas horas despois de que representantes dos promotores criticaran a normativa. Segundo Caride, “cada un ten os seus intereses e os da Xunta é defender os xerais”. A máxima responsábel de Política Territorial reiterou que o compromiso é que as normas urbanísticas da beiramar estean en vigor antes do vindeiro mes de maio.


4.86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: