Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMEZOU O DOMINGO

Un incendio arrasa 66 hectáreas de bosque no Courel

Medio Rural despregou 41 brigadas na zona que conseguiron acoutar un lume que segue activo. Dende SOS Courel falan de “descoordinación”.

Redacción - 19:00 25/08/2008

Arredor das 18.30 horas do domingo declarouse un incendio no concello de Folgoso do Courel que leva arrasadas 66 hectáreas de bosque. Segundo a Consellaría de Medio Rural, a zona afectada corresponde nun 90% a monte raso e un 10% a zona arborada, fundamentalmente piñeiros e frondosas. Dende a Xunta tamén salientan a “rápida actuación” dos servizos de extinción que evitou peores consecuencias.

Pola contra, o colectivo 'SOS Courel' critica a “descoordinación e lentitude” dos efectivos da Xunta. Dende esta asociación consideran que inicidentes como os deste domingo teñen que ver coa “política continuista” en canto á prevención. Entre outras, SOS Courel acusa ao Goberno de que “as beiras das estradas están a monte, os camiños tradicionais pechados, promóvese a plantación de pinos e non de árbores frondosas”.

Un comunicado de Medio Rural feito público na tarde deste luns asegura que nas últimas horas traballaron 41 brigadas na loita contra este lume. Coa situación controlada, efectivos de reserva intentaban refrescar a zona afectada durante a tarde deste luns.

Nos traballos de extinción, un operario dunha motobomba, conveniada co Concello de Ribas de Sil, sufriu feridas das que se recupera no hospital de Monforte e que segundo a Xunta non son graves.


4,56/5 (9 votos)


Comentarios (16)

Erasmo #1 25/Agosto/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Entre Canteiras e Lumes imos recoller cinsas e refugallos...
PARQUE NATURAL COUREL-ANCARES XA !
http://galizanonsevende.org/?p...

Tarelo #2 26/Agosto/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai que ter coidado con criticar a Concellería do Medo ó Rural. Como lles digades que forn lentos son capaces de cosntruir unha autovía ata Folgoso do Courel, destruirían moito o Courel pero a proxima vez ninguén lles dirá que foron lentos: polo que decides parte des lentitude e falta de coordinación é posible que se deba a que as brigadas non todas eran de profesionalidade contrastada. explicome, na Xunta de Galicia de sempre houbo persoal laboral, propio adicado as labouras da extinción, denominandose SDCIF e tamén existiron convenios cos concellos. No SDCIF o persoal que opta a un posto de traballo é seleccionado polos seus méritos e experiencia, (canto máis traballas na extinción, máis experiencia, e máis puntuación) ademáis dunhas probas físicas eliminatorias, pola contra as brigadas do concello, o persoal é seleccionado polo Inem, e polo dedo do governo municipal de turno, nada máis. Normalmente as cuadrillas do concellos adicanse a labores varias, como persoal de vías e obras, limpeza de edificios públicos, etc. e se requiren os seus servizos como último recurso, ademáis os concellos invirten moi pouco en dotar a estas brigadas de material de seguridade persoal e extinción. Normalmente os concellos mercan camións cisterna retirados do parque mobil do exercito (están nas úlitmas, o seu servizo e presencial e non valen para moito máis que para impresionar a catro peiláns). Agora co novo governo e co BNG en Medo ó Rural, veñen a descubrir a polvora a facer o que non fixeron os do PP (irónicamente) e decir externalizar un servizo público, e crean Seaga, disque unha empresa pública, un paso máis á privatización dun servizo, á precarización das xa precarizadas condicións laborais e salariais dos traballadores e traballadoras do xa precarizado Servizo de Extinción de Incendios, e claro con brigadas, máis ou menos operativas, de distintas procedendias e condicións, non é facil coordinalas. Ademáis está demostrado que a Xunta sempre que toma medidas correctoras é contra os traballaodres nunca contra os tecnicos ou directores xerais ou cargos políticos e sempre (governe quen governe) pecaron de descoordinarse nos grandes incendios, e iso é repsonsabilidade de quen sempre se colga as medallas, é decir, tecnicos, directores xerais e altos cargos políticos. É matemático, en Galiza, gran incendio e igual a descoordinación.

queimado #3 26/Agosto/2008 queimado
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

non entendo ben, ¿dis que traballarían con mais gañas contra o lume se fosen funcionarios?

Luvial #4 26/Agosto/2008 Luvial
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A descoordinación, non é por cobrar ou non cobrar, é por que os que mandan son "nenos" con moitos anos de "mamoneo" e poucos coñecementos do traballo que desenrolan.

Tarelo #5 26/Agosto/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non, "queimado" eu non digo iso. Eu digo que dende sempre houbo un Servizo de Extinción de Incendios, SDCIF. O persoal laboral deste servizo público era selecionado en base a méritos académicos e exoperiencia laboral. Co trascurso dos anos, cursos de formación, adquisisción de experiencia este persoal antiincendios é o mais preparado do pais en materia de extinción de incendios forestais, pero chegan estes do BNG a Xunta, crean a Consellería de Medo o Rural, e ca excusa de que todo o persoal contratado antes da súa entrada no governo é enchufado do PP inician unha campaña inquisitora contra o eslabón máis baixo e debil do servizo, peóns, cpataces, conductores de motobomba (os máis formados e preparados ata o momento. E como estes traballadores levan anos loitando pola equiparación laboral e salarial o resto de persoal laboral da Xunta (ata agora están en condicións inferiores)e como teñen uns dereitos adquiridos, crean Seaga, unha empresa Pública donde os criterios de selección escapanse ó control da administración, as condicións de traballo ou salariais escapanse o control da negociación colectiva. Haber traballado con anterioridade para a Xunta na extinción, puntua negativamente no curriculo, os traballadores son advertidos de que na empresa non existe o Estatuto dos Traballadores nin os sindicatos, cobran menos e teñen unha disposición horaria superior o persoal laboral da Xunta.

Nas brigadas dos Concellos, como dixen, ó persoal o elixe o Inem ou o alcalde ou concelleiro de turno (a dedo). A formación ou experiencia do persoal das brigadas dos concellos na extinción de incendios, non é un requisito selectivo. Os concellos polo xeral empobrecidos non dedican polo xeral recursos económicos a extinción, cursos de formación, material de extincion ou seguridade persoale limitanse a gastar a subvención que recibe da Consellería correspondente para a contratación do persoal e adquisición de vehículo de extinción.

Eu o que digo queimado é que nons e pode andar a vandazos co servizo, non se pode sempre que hai que tomar medidas correctoras adr unha volta de torca as condición laborais do eslabón máios debil do servizo de extinción de incendios (o persoal laboral). Se hai descordinación a responsabilidades é dos tecnico, altos cargos etec, pero nuca se toman medidas correctoras contra eles, aquí non dimite nadie, non se abre un expediente. Cando hai un gran lume a consellerios, directores xerais, tecnicos, etc cundelles o pánico, todos pecan de sabelo todo, todos se cren máis listos que o outro, comeza o desfile de medios, brigadas a esgalla, motobombas a esgalla, helicopteros, vehículos de tecnicos, que non quede ninguén fora, xa que vai ser un escandalo de hetareas queimadas, que saian todos na foto do faro de Vivo e que polo menos que non digan que non puxeron tódolos medios dos que dispoñen. Peor o que fan e saturar a acción de extición de brigadas, tecnicos, motobombas helicoteros, ordes, accións todos teñen algo que decir que ordear, algúnha sbirgadas ata se perden entre ordes, agora suben, despois baixan, agora fan falta e o medio mínuto xa non, chamante seguido ou ainda que esta ardendo a ostia e e´dentro do teu distrito nin se acordan de ti.

Que sexan funcionarios ou non só influe nas condicións laborais e salariais e na calidade de vida destes traballadores que sendo traballadores dun servizo público merecen esa consideración e condición.

Luvial #6 27/Agosto/2008 Luvial
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tarelo ti si que coñeces do que falas.
Levo un ano nun GRUMIR e non recibín curso algún.
Enteráste de como é un batelume, cando cho poñen na mau no medio dun incendio.

mceleiro #7 28/Agosto/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A melhor forma de lutar contra os incêncios é a prevenção. Plantar pinheiros e cortalumes absurdos não semelha o melhor.

Quanto aos meios de extinção, as motobombas são trastos velhos resgatadas dos desguaces, os helicópteros insuficientes, as brigadas com uma nula ou escasa formação,...

Nas brigadas há até chefezinhos que põem em perigo aos trabalhadores por não ter p. ideia.

O conselheiro já podia chimpar a toda a morralha herdada do fraguismo e reestruturar de zero. Porque assim vamos bem fodidos.


PS: Neste incêndio, o outro dia em Ferreirós havia um trabalhando e sete mirando...

Hermerico #8 28/Agosto/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nom admira que haja incêndios no Courel. No DVD de Henrique Banet e Mabel Rivera "Umha lousa sobre o Courel", o alcalde do concelho (PSOE) nom tivo problemas em ameaçar com esta eventualidade se algo nom ía como devia.

Tarelo #9 30/Agosto/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

mcleiro, o Conselheiro, o que está a facer precisamente é o que ti dis. O conselleiro despreza ós traballadores laborais do Servizo de Extinción de Incendios Forestais da Xunta. Existe unha verdadeira caza de bruxas, e pretendese mellorar un servizo público externalizandoo e dando unha volta de tuerca as consdicións laborais xa de por si precarias. Estos traballadores levan moitos anos deixandose a pel nos montes galegos, e gobernase quen gobernase sempre, pagaron os pratos rotos das decisiósn polñíticas e outros mamoneos dos políticos de turno ou técnicos, e xefes provinciais, comarcais, axentes etc. O persoal tanto do Servizo de Extincion da Xunta, coma das brigadas dos Concellos, como das brigadas do Grumir, Seaga, etc. non teñen culpa ningunha, son os políticos jefes e tecnicos os que teñen que empezar dunha vez a pagar a súas desastrosas decisións. Se se fixera xustiza habería que empezar a cortar cabezas entre o colectivo político e dos que toman decisións non coma sempre no coletivo de traballadores do batelumes.

Están a xogar co patrimonio natural de todos, e cos fondos públicos, moitos simplemente por egoismo, crendose propietarios da razón absoluta, ca intención de colgarse medallas, algúns só pretenden beneficiar intereses empresariais escuros, montar chiringuitos paralelos, e que os cidadáns perdamos lo control sobre os servizos públicos, a información etc. Se vos interesa o tema recomendovos entrar no foro da asociación Apropiga, que atoparedes en http://www.apropiga.org

Vakaloura #10 31/Agosto/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero...é posibel que ainda non vos decatastes da ineptitude do Sr. Conselleiro do Medio Rural? Non só monta chiringuitos paralelos. Se lle deixamos privatizará todo o que poida. Casaouse co capital, coa cadeira de pel e co coche oficial. Mesmamente un neno co seu xoguete preferido. Non é merecente nin tan siquera de mencioalo. Abur Sr. Conselleiro.

Tarelo #11 31/Agosto/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Onte contaronme que incluso os servizo veterinario da Xunta é privatizado e que o que antes facía a tamén empresa privada Tragsa, hoxe o fai Seaga, a mesma empresa que leva o servizo de extinción dos lumes. Parece ser que o único que cambiou co BNG e o PSOE, son os servizos privatizados de mans, dos amigos do PP ós amigos do BNG e o PSOÉ.

Vakaloura #12 31/Agosto/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tés razón Tarelo. Mudar todo para que todo sega o mesmo. Amiguismo, clientelismo a esgalla(todos os seus están ben colocadiños e caladiños) e mentireiriños tamén. O curioso do asunto é que pensan que nos poden enganar. Minten máis que falan. É xa se sabe de tanto repetir a mesma mentira chegan a crela. Por outra banda, teñen a súa chouza ben acoutada e non lles importa o povo co cal se lles enche tanto a boca.Se alguén se lles desmarca, pois ala, dámolle un postiño de certa relevanza ou montámoslle un chiringuito pra que cale.¿Nin un chisco de vergoña? Iso si, a burrocrácia segue a medrar. Non me estrana... ¡con tanto trepa! Hai unha diferenza; os do PP eran é son caciques,sen dúbida, pero ¿cóno lles chamamos a istes? ¡A resposta ten agasallo!!

mceleiro #13 1/Setembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu só sei que a merda de serviço de extinção que tinhamos vai a pior, porque nada se melhora e os aparelhos vão mais velhos.

No incêndio em questão, uma motobomba caiu por um valado porque se lhe bloqueou a direcção, outra ficou com o embrague queimado atravessada na estrada entre Seoane e Ferreirós de Abaixo, bloqueando a estrada e impedindo o passo de veículos.

Das 41 brigadas de pessoas, poucos conheciam o terreno, os lugares bons para apagar o lume, os perigosos e o seu trabalho consiste em jogar as suas vida a cegas comandados por ineptos. Os superiores não admitiram a colaboração dos vizinhos.

A direcção da extinção do incêndio estava mais preocupada por arroupar ao delegado provincial que foi até lá e no que diria a prensa que no próprio incêndio.

Também que o "monte raso" é um ecosistema numa área protegida na Rede Natura com um altíssimo valor ecológico com grande número de espécies animais e vegetais exclusivas do LIC Ancares-Courel, e que a "zona arbolada" são pinheiros de merda plantados polo aintíguo ICONA com o único objectivo de sacar lucro a estes montes e que têm um impacto ecológico muito negativo.

Também sabemos que um souto de castinheiros arde a terra, mas sobrevivem os castinheiros. Num pinheiral fica todo morto.

Tarelo #14 2/Setembro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moi ben mceleiro!

Vakaloura #15 2/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Falades do Delegado Provincial do Medio Rural de Lugo, D. Emilio López Pérez; si ise; que foi a facer o paripé no mesmo intre do incendio. Non sei se “mceleiro” che coñece, pero eu un chisquiño si,...¡hai..hai..hai! Milucho..Milucho!! ¿Quén te viu e quén te ve? ¿Recordas….Miluchiño? Cantas manis xuntos..ou debería dicer mani? O de manis, polas manifestacións; segundo ti; a prol dos labreg@s, o de mani, porque sempre fuches e vexo que segues a ser un manipulador. Si, dende a famosa desobediencia civil na alameda de Compostela a prol da destilación da augardente apoiando aos poteiros artesanais, até pasando por moitas máis, durmir unha seman enteira debaixo dos soportais do Pazo de Raxoi cando na á norte se atopaba a residencia do Presidente da Xunta. Seica para defender os intereses dos labreg@s.¡Non che hai nada mellor que durmir ao carón dalguén pra coñecelo.! Foi aló onde me empecei a decatar que o teu nunca foi o sindicalismo nin a defensa dos labreg@s, nin de ninguén. ¡Non! Ti sempre perseguiches as túas fabas e o teu acomodo propio. Pronto me din conta que eras un trepa. Abofé que o conseguiches…¡vaia se o conseguiches! Outros tamén andan na procura, pero seguen na lista de espera. A pesares de todo eres un tipo listo. Primeiro lograches a túa acta como deputado no Pazo do Hórreo; cousa respetábel, os votos o quixeron así. Polo tanto ren que obxetar. Logo como non valías para iso, agora, contando coa ineptitude manifesta e irresponsábel do Sr. Conselleiro do Medio Rural; privatizador maior da Galiza con fondos europeus e cartos públicos; vai e noméate Delegado Provincial do Medio Rural. A onde imos con xentiña así? É qué podemos aspirar a algo mellor ca o que está a acontecer? ¡Hai! Milucho…¿Quén te viu e quén te ve.? Pero iremos quitándovos a careta a tod@s os inept@s pouco a pouco.

OBSERVADOR #16 6/Setembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vakaloura, os "trepas" sempre conseguem o seu objetivo, antes ou depois. Por isso há tantos. É pessoal que não arrisca, quer apostar sempre à carta marcada. Mas na realidade são uns pobrinhos inseguros e servis. Que desde a sua posição fazem muito dano, sim, mas que logo caem a pouco que treme a sua cadeira.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: