A evolución da economía en Galiza marcha por baixo do prognóstico inicial do Goberno pero por encima da media estatal.
No que vai de lexislatura os números do Produto Interior Bruto non evolucionaran en Galiza entre un trimestre e o seguinte de xeito tan moderado. Con todo, o 0,2% que no segundo trimestre do ano definiu o Instituto Galego de Estatística para a economía do país amosa unha lixeira vantaxe sobre o conxunto do Estado español.
O 2,4% de crecemento anual do PIB queda tamén amplamente por riba da media estatal do 1,8%, malia que é case a metade do ritmo de crecemento acumulado que a economía galega amosaba hai un ano. A cifra actual queda ben por baixo do 3,5% prognosticado pola Xunta canda aos orzamentos do último ano, malia que esa previsión xa fora revisada o pasado mes de abril. Daquela, o conselleiro de Economía e Facenda, Xosé Ramón Fernández Antonio, fixara unha redución de sete décimas para a previsión de crecemento do PIB neste exercicio, deixándoa no 2,8%.
O Sr. Torito debe estar acolloado coa perspeitiva de adiantar ou non as eleizóns, o que importa non é o país, o importante é o seu mando. Todos sabemos que as vai adiantar pero el xoga a neno malo: "a pelota e miña e xoga que eu quero"
As cousas que se rumorean da economia hispana son moi graves, falase de grandes constructoras, non só fadesa, que poderian quebrar en datas próximas, constructoras con grandes debedas con moitos sectores, principalmente bancos.