O edil José Luis Arrúe considera que o nudismo ofende "as pautas de convivencia xeralmente aceptadas".
Paseo da Kontxa, en Donostia
O Partido Popular de Donostia pediu que se revise a ordenanza municipal de civismo para que se prohiba que a xente circule espida polas rúas. Segundo o PP, varios cidadáns protestaron pola presenza dun home que transitaba nu polo paseo da Kontxa.
Segundo informou Diario Vasco, o concelleiro popular José Luis Arrúe lembra que a ordenanza prohibe as "actitudes exhibicionistas dos xenitais na vía pública" e pediu que se impida totalmente andar espido porque é "difícil de tratar dende o punto de vista xurídico" cal é a intencionalidade da persoa.
Arrúe pediu que se regulen "debidamente estes comportamentos", polas queixas recibidas de que un home se atopaba espido "na presenza de crianzas de curta idade" e para que "ninguén poida ofender as pautas de convivencia xeralmente aceptadas".
Xa se ve cales son as preocupacións do PP
hai que deixar de lado esas teimas separatistas, qeu non lle importan a ninguén, e preocuparse polos verdadeiros probemas do cidadán de a pé...