Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'TRANSFORMANDO GALIZA'

O BNG cualifica de "propagandística" a vista de Zapatero

Durante a presentación en Muros dunha exposición itinerante coa que o BNG repasa as principais medidas tomadas dende as áreas que goberna, Ana Pontón animou aos participantes a incrementar o seu apoio para que os cambios se consoliden.

Redacción - 18:15 27/08/2008

Esta iniciativa, propia dunha campaña política, está a percorrer os diferentes concellos galegos nun tráiler que se converte nunha exposición e ten por obxecto repasar as medidas achegadas polo BNG na Xunta durante esta lexislatura.

Desta volta Transformando Galiza recalou en Muros, onde o responsable comarcal Xosé León e a deputada no parlamento, Ana Pontón, subliñaron a importancia de amosar o labor dos nacionalistas e establecer un diálogo coa sociedade. Ambos os dous coincidiron en destacar a chegada do BNG ao goberno como un "feito histórico" impulsor dun auténtico cambio. Tamén animaron aos visitantes da mostra a incrementar o seu apoio para que os cambios iniciados se consoliden e "poder marcar novos obxectivos que melloren a calidade de vida dos galegos".

Críticas á visita de Zapatero
Para o Bloque nacionalista Galego a visita efectuada a Galiza polo presidente do Goberno "ten un carácter protocolario e propagandístico", cuestión que critica o voceiro nacionalista no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, quen lamenta que se tivera "desaproveitado" esta oportunidade para satisfacer as demandas da sociedade galega.

Doutra banda, Jorquera subliña que o 8% dos orzamentos non é suficiente para cumprir cos prazos do AVE. Neste sentido, o BNG considera imprescindíbel que haxa un importante incremento nos próximos orzamentos para poder cumprir cos prazos comprometidos das grandes infraestruturas do Estado en Galiza.


4,2/5 (5 votos)


Comentarios (5)

LOIS_DE_SILAN #1 27/Agosto/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

" ... propia dunha campaña política, ..."

Non!, propia dunha campaña electoral: "animaron aos visitantes da mostra a incrementar o seu apoio": xa todos están en campaña!

Supoño que entre as "medidas achegadas polo BNG" non faltan nin o Gran Valedor nin a pensión dos altos cargos!

Outro #2 27/Agosto/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O bloque non tivo que ver nada niso, nin na pésima xestión do Medioambente, nin do desastre que segue a ser a Sanidade, nin no reparto clientelar das axudas de Servizos Sociais, nin en saguir enterrando cartos no Gaiás etc..., eles só teñen que ver coas cousas boas que fixo este goberno, as malas son cousa do PSOE. Ao mellor pensan que a xente lles vai crer ese conto, e o da esposición é pura propaganda enganosa. que fraude para os que os votamos...

Tino #3 29/Agosto/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#2 Ti o dixeches Outro: falas coma un libro aberto.
Non hai mais q ver a xestión do PPsoe nos Concellos, exemplar coma ningunha.
En Santiago, o arcalde dedicouse durante anos a contratar"axentes,, antes das eleccións para "promocionar,, a sua candidatura polas biblicotecas e centros de maiores.
Por non falar da campaña de acoso e derribo aos sindicatos na Empresa de Xestión Cultural e Deportiva: pagos en negro aos rebentadores de reunións sindicais, ameazas se votaban certo sindicato, atrancos para deixar locais de reunión sindical.

Uns santos os do PPsoe.

zulu #4 29/Agosto/2008 zulu
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esta é a xente do PSOE
http://www.lavozdegalicia.es/o...

Hai que dicir que a esta empresa fóronlle adxudicadas parte (ou todas?) das obras que o ministerio de Medio Ambiente (PSOE) fixo no Carballiño no chamnado "Camiño dos Arrieiros". Proxecto diseñado e presentado no seu momento polo actual delegado de Medio Ambiente (PSOE) en Ourense.

Outro #5 29/Agosto/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os santos só están no Ceo, e dende logo na Xunta non hai ningún. Que o PSOE é un partido de caciques igual ca o PP era sabido de vello, pero que quen durante moito tempo se adicou a descubrir as cacicadas deles agora se convertera no cacique maior é ainda máis patético. Ao BNG subiuselle o poder á cabeza e descubriu que o que parecía unha lacra da política galega, é dicir, o caciquismo, era en troques parte da nosa ideosincrasia como país, un elemento diferenciador da nosa cultura política que o Bloque como partido nacionalista tiña a obriga de potenciar ao máximo, e vaia se o fixeron. Magoa que moitos dos que os votamos non pensemos o mesmo ca eles do tema

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: