Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sobe a tensión entre os socios de goberno

O PSdeG carga contra a aplicación da Lei de Dependencia

A secretaria de Políticas Sociais do PSdeG difunde un belixerante comunicado contra Vicepresidencia, desde onde lle lembran o recorte de fondos que impuxo o goberno español.

Redacción - 09:30 28/08/2008

"Había máis de 100 millóns de euros destinados só para o pago aos coidadores, alén dos orzamentos para centros de día e outros recursos, onde están investidas esas cifras?". Así interpelaba este mércores a secretaria de Políticas Sociais do PSdeG, Adoración Fernández, á Vicepresidencia da Xunta. Fernández acusou o departamento liderado por Anxo Quintana de causar unha demora no desenvolvemento da Lei de Atención á Dependencia e pediulle aclarar "prioridades, necesidades urxentes de investimentos e o destino do financiamento". Segundo a socialista, centos de familias "agardan desde hai meses ser valoradas para poderen recibir as axudas que por lei lles corresponden".

Ao fío, desde Vicepresidencia facían público que o Sistema de Atención á Dependencia valorou xa a 41.881 persoas con dependencia, o 90,35% das solicitudes presentadas. Desde o mesmo departamento aseguraban ademais que un total de 39.233 galegos están a beneficiarse xa das prestacións do Sistema Galego de Benestar dentro da área de autonomía persoal. Sinalan de xeito concreto que un total de 2.222 persoas reciben o pagamento como coidadores habituais de dependentes.

Por outra parte, Vicepresidencia aproveita para recordar que a última reunión do Consello Territorial da Dependencia trouxo un recorte de fondos nesta área, de xeito que o goberno español reduciu á metade os cartos inicialmente prometidos para atender a aplicación da lei.


2,33/5 (3 votos)


Comentarios (2)

fillotolo #1 28/Agosto/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Veña oh, que dades pena. Sodes peor ca o PP, xa oín máis dunha vez a máis dun pseudo-empresario, deses garrulos que abndan por estas fermosas terras, que tiña de man ao Conselleiro de Traballo. Estos do PSOE dan pena e non adiantan as eleccións porque están completamente cagados. As forzas deste país que defenden a Galiza coma o que é, unha nación chea de riqueza e cunha cultura envexábel van a subir e sábeno, estan cagadiños...

Tino #2 29/Agosto/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver PPsoe: esas perguntas fanse nos controis habituais q facedes no Consello de Governo, e non llo perguntedes aos xornalistas nas roldas de prensa, q seguro eles saben mais ca vós pero calan por nos vos deixar mal.

Traballade na fraude do voto emigrante e non creedes fantasmas onde nos os hai, manda de lambóns!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete