O blogueiro lalinense fala do compañeirismo que existe entre os blogogastrónomos e da evolución da comunidade internauta no país.
O lalinense Nico González é o autor do blog Papar e Vivir, unha bitácora na que, segundo el mesmo explica, escribe sobre o que lle gusta, que é precisamente o que lle dá título á bitácora. González forma parte do grupo dos blogogastrónomos, blogueiros interesados polo bo comer e tamén por contalo na rede. Este movemento está a ter especial popularidade no noso país.
Como naceu a idea de crear o blog Papar e Vivir?
Máis que nada xurdiu como un hobby. Pensei do que podía falar, de algo que me gustase. Non quería facer algo grandilocuente. Trato de gastronomía, viaxes, cousas de Galiza e paisaxes naturais.
E como o describiría?
Son unha serie de afeccións ás que trato de darlles un contido. O nome do blog xa é descritivo. É unha cousa que tampouco ten máis pretensións, é un hobby, algo para pasar o momento. Atopas xente que te visita e que che dá ánimos para seguir.
O plus que trato de darlle eu ao blog son receitas propias, imaxinadas por min pero con evidentes influencias e que trato de explicar de xeito sinxelo a través de videos, e ademais cónstame que hai xente que logo as fai.
Vostede forma parte do grupo dos blogogastrónomos. Como é a relación entre a xente?
Hai un bo número de blogogastrónomos, andamos polos cen, dos que uns vinte e cinco somos galegos. Galiza ten unha moi boa convivencia. Hai dous ou tres anos que comezamos a reunirnos. De aí xurdiu o Código Cociña, que se creou entre os blogogastrónomos, principalmente de Galiza pero tamén do resto do Estado, para fomentar a relación entre nós. Os principais impulsores son Manuel Gago, o Gourmet de Provincias e Colineta, que van aglutinando o grupo. Son uns criterios que nos marcan aspectos como a autoría, o respecto... Tratamos de axudarnos a través dos comentarios e dos correos.
É un movemento puramente galego?
Os blogs gastronómicos son universais, pero aquí en Galiza funciona un grupiño, hai blogs de referencia... Non é propiamente galego pero aquí ten unha transcendencia especial.
O éxito dos blogs gastronómicos está en que a xente fíase doutra xente común que ten unha afición e que trata de documentarse pero á vez é alguén cercano e familiar. Tamén pola propia dinámica case inmediata descóbrense lugares que as guías de papel non poden ofrecer con tanta axilidade, ademais de seren de pago.
Como ve a situación actual da internet galega? É certo iso que din de que morreu o blogomillo?
Non é que morrese o blogomillo. É un mundo moi cambiante. Agora existe unha tendencia cara ás redes sociais, como Facebook, Hi5... Moita xente que non tiña blog, porque lle custaba traballo facelo, pasa a estas redes sociais, e mesmo deixa de visitar blogs ou hai blogueiros que chegan a abandonalos. O que si que está claro é que en Galiza o protagonismo da rede está nas persoas normais e correntes. Os blogs poden ser tamén un elemento desas redes sociais.
E cales son as perspectivas de futuro desta rede?
Na rede galega vexo que a lingua está a ter bastante forza. Podemos atopar información de todo tipo en galego na internet. Iso vai permitir a pervivencia dunha rede galega. O idioma vai ser un vehículo de cohesión importante: hai moitos blogs e webs de referencia, como pode ser Chuza, que poden ter unha determinada compoñente ideolóxica pero que están facendo o seu traballo. Creo que no futuro, a rede galega vai ir a máis.
Efectivamente moitos coñecemos e participamos en Chuza (cando nos deixan)gostaríame saber que quere dicir Nico co de que teñen a súa compoñente ideolóxica pero están facendo o seu traballo ?
Eu teño a impresión que a famosa rede galega alias blogomillo está demasiado 'ideoloxizada' (casi diría "persoalizada ideolóxicamente").
Cando entras nela parece que todos se coñeceran xa de anteman e fan piña e causa común tanto en contra ou a favor dos seus coñecidos habituais e polo tanto antes cunha REDE remata sendo un Guetto Galego.
Conste que o digo para que mellore e sexa cada vez máis REDE e menos 'ganapán' pois non todo o que cae na rede é peixe... e ás veces ata é mellor pillar unha Centola aínda que teñamos que abrir o copo para que entre...?
Como mostra un botón: no Wiki de Chuza existiu un proxecto interante sobre a Rede e os Políticos (unha vez rematadas as eleccións non só pecharon as webs dos políticos senon que misteriosamente pechouse o Wiki Política de Chuza) ¿Cómo calificaríades este comportamento?
http://wiki.chuza.org/wiki/Dis...
Eu xa o fixen pero sen éxito algún coma veredes...!
En canto ó Polo da Casa... ¿quen o pillara nestes tempos...?
#1 A rede em galego é maioritariamente galeguista. Nom é um "guetto galego". Qualquer que entenda minimamente o contexto sociologico da Galiza entende por que. Acho que nom é precisa muita explicaçom. Logicamente, quando um alidado dos nacionalistas espanhois que querem exterminar o galego entra na rede pra nos convencer do enganados que estamos (quando o unico que fazemos é resistir como podemos), pois pode haver gente que reage de disintas formas: indiferencia, humor, retranca, desqualificaçom. O mesmo acontence quando um galeguista tenta razoar um pouco nas paginas do espanholismo vilingue monolingue.
Pois como podes ver estamos de acordo: unha Rede tiña que ser algo distinto supoño ... pero se queremos seguir a reproducir vellos estereotipos tamén na Internet para iso non facía falla este medio tan potente: bastaría cos comunicados dos partidos políticos e dos sindicatos (que como podes ver sempre son 'neutrais' jajaja)
Pasando por alto toda esa 'falsa historia' que inventas sobre o de exterminar a miña lingua (este é un tema discutido dabondo xa noutros post) penso que as Redes están para Usarse !
Non para Pechalas ós 'amigos e colegas': para iso bastaría con montar unha asociación ou ir de copas ó mesmo lugar para que todos fóramos da mesma corda e pensaramos o mesmo...? Unha Rede Social é un título bastante máis amplo como para convertilas en chiringuitos particulares.
Insisto no tema do Wiki de Chuza xa que é público e notorio que un WIKI naceu xustamente para o contrario: para facerse e refacerse unha e mil veces ata o infinito... Nunca vin cousa tan absurda coma un Wiki Pechado.
Máxime cando o tema era fantástico para saber como nos toman o pelo os políticos en cada convocatoria electoral na REDE !!!
Pero coma sigamos a matar ó mensaxeiro... seguiremos pechando os ollos a unha realidade que fai que pouco a pocou todo dios se marche da rede galega ou etrusca (iso tanto ten para o tema) e deixemos a Rede ás Multinacionais dos Bancos e ventas on-line... que esas nunca botan a ninguén fóra nin pechan xamais as súas webs...?
Xúrovos que estou farto de ver aparecer o tema da lingua sempre e en todas partes COMA SE NON HOUBERA NADA MÁIS QUE FACER NESTE MUNDO ???
Nico sí que sabe: Papar e Vivir !!!
Ogallá...
Para exemplo de getto galego o blog de erasmo
mceleiro, o meu blog está aberto para calquera comentario.
O Wiki de Chuza está pechado a cal e canto!!
Por min podedes seguir 'negando a evidencia' pero habería que preguntarlle ós que abandonaron fai tempo a Rede Galega a ver que opinaban deste tema...?
Saúdos!