Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A HISTORIA DA REDE SOCIAL SERÁ O EIXO DUNHA PELÍCULA

O Facebook dá o salto a Hollywood

O guionista e produtor Aaron Sorkin será o encargado de realizar o filme sobre unha das redes sociais máis exitosas de internet.

Redacción - 13:00 29/08/2008
O Facebook estará pronto na gran pantalla

O Facebook estará pronto na gran pantalla

O creador da serie El Ala Oeste de la Casa Blanca contará na película a historia de Facebook dende as súas orixes, para o cal, o primeiro paso que deu foi a de abrir unha conta de usuario no servizo online.

O filme non ten aínda título, pero xa se sabe que tratará de retratar aos fundadores do portal, creado por Mark Zuckerberg.

Sorkin tamén pediu publicamente aos usuarios de Facebook que se poñan en contacto con el para contarlle calquera historia sobre a rede que poida resultar interesante para o guión da película.

FWWWRANDO


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: