Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EXIXEN QUE SE ABRA A TODA A MILITANCIA

Pola Base oponse a que o BNG escolla o candidato á Xunta nunha asemblea de delegados

Acusan á dirección de “intentar excluir a unha parte importante da organización da tomar de decisións”

Redacción - 18:15 29/08/2008

A dirección do BNG quere que na vindeira Asemblea Nacional extraordinaria sexa a primeira con participación exclusiva de delegados. A cita prevista para o vindeiro 5 de outubro servirá para referendar o cabeza de cartel da formación nacionalista de cara as vindeiras eleccións galegas. Este venres, unha das correntes internas do Bloque, o Movemento pola Base (MpB) fixo pública ao modelo de asemblea que propón a Executiva e exixiu unha cita na que toda a militancia teña voz e voto. A semana pasada, o Econtro Irmandiño, que lidera Xosé Manuel Beiras, tamén pediu unha asemblea sen restricións de militantes.

Miguel Anxo Abraira, un dos representantes do Movemento pola Base no Consello Nacional do Bloque, anunciou a postura do colectivo nunha conferencia de prensa en Compostela. Na mesma, Abraira explicou que o procedemento que propón a Executiva “dificulta enormemente o acceso á condición de delegado xa que é preciso presentar listas que cubran o 25% dos delegados en cada comarca”. Segundo asegurou, esta obriga supón un atranco para toda a militancia que non está integrada en colectivos.

Abraira tamén sostén que as dificultades son aínda máis debido ao “axustado calendario” de cara a asemblea. Unha vez que Touriño descartou o adianto electoral, dende o MpB consideran que é preciso ampliar o prazo de convocatoria da asemblea para facilitar así o debate e a participación interna.

O Consello Nacional do BNG debaterá este sábado a proposta da dirección e ultimará os preparativos para a Asemblea Nacional. Dende a Executiva propoñen un sistema de participación baseado na delegación cunha proporción de un delegado por cada cinco militantes. Dende o MpB non aforrran críticas contra a dirección á que acusan de “intentar excluir a unha parte importante da organización da toma de decisións”.


3,56/5 (18 votos)

Comentarios (3)

Paiogomes #1 29/Agosto/2008 Paiogomes
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A asembleia do BNG é soberana. Alí tomouse un acordo de que a asemblea fose con delegados/as. Agora pretendemos trocar unha decisión libre e soberana (errada ou non) dunha asemblea e se acusa de "intentar excluir a unha parte importante da organización da toma de decisións"? Quen exclue a quen?. Só outra asemblea pode modificar o sistema de participación que ela mesma votou, non consellos nacionais nen executivas, se despois as posicións dos grupos rebaten o democraticamente elixido, para que a asembleia, un cachondeo.

lura #2 29/Agosto/2008 lura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

evidentemente, o rumo xa se ollaba coa decisión da asemblea que se autosuicidou.
Estas chamadas á cordura de estes dous grupos son un "levanta lázaro" que se non funciona certificará a morte dunha importante corrente do nacionalismo galego e de muitos votos que en vez de producir unha planta forte e fruitos estan a deixar medrar unha hedra parásita e ventureira

Tarelo #3 30/Agosto/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Penso eu que por riba de todo, as asembleas das organizacións deberan tomar acordos cun espirito democrático e xusto. Ca escusa de que a asemblea é soberana en moitas organizacións colanse verdadeiras atrocidades antidemocráticas. Moitas veces acudimos ás asembleas sen información prebia, ou esta é sesgada, moitas veces descoñecemos os estatutos das organizacións nas que militamos, cada vez simplificamos máis a definición de democrácia ata o punto de que democrácia é a dictadura da maioría. Eu creo que un sistema democratico na que se utiliza a maioría para aplastar, masacrar a minoría, non é democrácia. En democrácia a maioría debe defender e respetar tamén os dereitos fundamentais das minorías e non aproveitar a súa maioría para anulala. Na miña opinión, en calquera organización cada individuo debera ter o mínimo dereito a opinar e ser escoitado.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: