Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
QUINCE MESES EN MARTUTENE

Arnaldo Otegi sae da cadea pedindo "diálogo e negociación"

O dirixente da esquerda abertzale non desvelou se continuará na política, aínda que a meirande parte da opinión pública vasca aposta polo seu regreso.

Redacción - 11:21 30/08/2008

Arnaldo Otegi saíu este sábado á mañá, pouco antes das sete e media, do cárcere donostiarra de Martutene, onde pasou os últimos quince meses. Diante de numerosas persoas, dedicoulles as súas primeiras palabras aos "compañeiros que fican en prisión" e reiterou a súa aposta polo "diálogo e a negociación" a prol da "paz e da democracia".

A volta de Otegi á escena pública supón, segundo explicou o colaborador de Vieiros Dani Álvarez, unha revitalización para a esquerda abertzale, que leva catro anos cun grupo parlamentario bastante limitado política e dialecticamente.

Coas primeiras declaracións do político parece contradicir a liña de opinión, minoritaria en Euskadi, que aseguraba que Otegi abandonaría a política ao saír da cadea, desautorizado pola esquerda abertzale. Porén, o ex-voceiro de Batasuna rexeitou falar do seu futuro.

Segundo explicou Dani Álvarez, a crenza máis estendida en Euskadi fala de que Otegi vai seguir sendo un referente na esquerda abertzale, da que é o líder máis carismático. Hai informacións que indican que tivo unha comunicación fluída con importantes presos de ETA durante a súa estadía en prisión, e que tamén tivo visitas de importantes políticos vascos, tanto coñecidas publicamente, como a que mantivo con Xabier Arzallus, como privadas.

Porén, hai outros motivos que dificultan que Otegi volva ter presenza pública, pola posibilidade de que o xuíz Baltasar Garzón volva ditar un auto de prisión. Ademais, o dirixente da esquerda abertzale ten aínda outras catro causas pendentes.


4,17/5 (6 votos)


Comentarios (17)

OBSERVADOR #1 30/Agosto/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.gara.net/azkenak/08...

UnDeTantos #2 30/Agosto/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O estado espanhol xamais negocia

Barcelos #3 30/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A cadea volveuno inxenuo.

Atlantico #4 30/Agosto/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un cidadan preso polas ideas politicas mentres outros andan de vacacións a pesar dos seus desfalcos por ter sangue azul.

España,cada día máis desprestixiada.

micsha #5 30/Agosto/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver si vuelve pronto, que ya huele.

Outro #6 30/Agosto/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O diaálogo é dificil, hai dous sectores demasiado radicais no medio. Dun lado a ala dura da ETA que non quere que acabe a violencia e doutra a dereita e a esquerda máis españolista que se retroalimenta a súa fobia ao nacionalismo á conta da ETA. De todos xeitos, ETA ten que dar o paso de deixar as armas e facer política

zemalves #7 30/Agosto/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Não é ilegalizando partidos politicos, que defendem a independencia do seu país, que se resolve o problema! O Euskadi só poderá ter uma solução politica que passa por um referendo! Piores terroristas, que os da ETA, eram os do UÇK e foram ajudados pelos « democratas » espanhois e pela NATO, com bombardeamentos, milhares de moprtos, a destruição das infraestrururas da Yugoslavia, onde nem a TVServia escapou e muitas MENTIRAS á mistura! E hoje o Kosovo é governado por um gupo de criminosos e mafiosos e praticaram uma autentica limpeza étnica de quase toda a população eslava. Para mim ao contrario de muitos « democratas », não ha terroristas bons nem terroristas maus, nem independencias boas, nem independencias más e muito menos REFERENDOS bons e maus!Que seja o POVO BASCO a dicidir o seu futuro! A actual situação só interessa aos seguidores de Franco como Aznar e outros

Outro #8 31/Agosto/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

a ilegaliza´ción foi un erro grave pero o empecinamento dun sector de ETA de seguir coa loita armada facendo caso omiso a quen estaba alevara acabo contactos e negociacións tamén é unha burrada de primeira. Os radicais sobran en ambos bandos

Gaviotero #9 31/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Confiemos todos en que el delincuente Otegui vuelva pronto a prisión y si es posible, que se pudra allí.

rockandroll #10 31/Agosto/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Confiemos em que Gaviotero acabe assina em prisom. Mas para isso fai falta umha ruptura democrática no estado espanhol. A Otegi dizer-lhe que bem vindo à rua e que há que seguir adiante na luita. Gora Euskal Herria Askatu Ta!!! Batasuna Aurrera!!!

Outro #11 31/Agosto/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ninguén pode ir ao cárcere polas súas ideas, e tan antidemocrático é o encarcelamento de Otegui coma o dos fachas coma Gaviotero. Uns e outros teñen todo o dereito a expresar as súas ideas lbremente, e quen non o considere así ten unha idea bastante sesgada da democracia. Liberdade de expresión de opinión e de asociación, iso é a democracia e o que se saia diso está fóra da mesma, dende a ilegalización de partidos (sexa Batasuna ou Falange) ata a censura dun o doutro lado.

Barcelos #12 31/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu tamén creo que Otegui ten dereito a expresarse libremente e ata a estar de acordo con que algúns elementos utilicen a forza. Por dicir iso, non pode ser encarcerado.

Tamén hai quen xustifica a intervención militar en Iraq e non é encarcerado.

carxeva #13 31/Agosto/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ou o de Telepizza con Cuba...

Gaviotero #14 1/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Yo justifico la guerra en Irak.

Por lo demás, es normal que los delincuentes seáis partidarios de estar en la calle y que las víctimas de vuestra delincuencia estemos dentro.

Otegui, a pudrirse a la cárcel por terrorista.

antoniosilva959 #15 1/Setembro/2008 antoniosilva959
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Em vieiros os temas mais importantes e aqueles que são mais visitados e comentados, estão sempre relacionados com a defesa de nossa língua materna quer seja de uma forma directa ou indirecta.
Para provar esta afirmação temos por ordem os temas mais comentados:
• 1- “¡Non me compare o catalán co galego! O catalán é un idioma importante...”
• 2-“ Vidal-Quadras critica as chiscadelas de Rajoy cos "independentistas suevo-celtas"
• 3"A política lingüística deste Goberno foi continuísta se non de retroceso"
• 4- A AELG achaca as declaracións de Steiner ao seu "descoñecemento temerario" da nosa cultura
Entre 6 dos temas mais comentados estão 4 e a semana passada 5 que dizem respeito è lingua ou ao nacionalismo galego.
O grande acesso ao site de Vieiros tem o posto quase permanentemente em primeiro lugar no Diretório do Google devido à grande quantidade de consultas que estes temas têm mercido. http://www.google.com/Top/Worl...
Isto prova que a consciência do povo galego está cada vez maior na defesa da sua Pátria, Cultura e idioma materno e que o dialecto da RAG só servirá para o Estado gastar milhões dos nossos impostos, porque haverá integratas sempre porque não dependem de o serem para viverem, enquanto os isolatas muitos são, porque precisam para viverem.
A Galiza é uma Nação colonizada . O galego-português na norma internacional é um meio imprescidível para a descolonização da Prátria Galega.
Galiza Federada ou Independente só com o se idioma materno na norma escrita internacional e não com dialectos fabricados no século XXI pela RAG para uma Nação que já tem a sua lígua materna desde o SéculoIX

Outro #16 1/Setembro/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este gaviotero desacredíatase só; que é iso de chamar delincuente a quen discrapa contigo. viva a democracia e a liberdade de expresión. El delicuennon pero impresentable (por calumniador) sí.

Barcelos #17 1/Setembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home Gaviotero, non sabía que estiveses dentro do cárcere. Supoño que non será por xustificar a guerra de Iraq.

Unha cousa é estar de acordo coa guerra o coa violencia e outra usala. Supoño que ti estás de acordo conque vaian á guerra de Iraq outros, pero ti non che atreverías a ir.

E eu non che chamo delincuente por xustificar a guerra de Iraq. por ir, ainda podería ser, depende de cal fose a a tua vontade.

Ademais eu non xustifico a violencia de ETA nin ningunha violencia, pero penso que a palabra soa non basta para meter a unha persoa no cárcere. Tamén penso que non se pode ilegalizar partidos por non condenar a ETA. Para iso xa están as urnas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: