Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APERTURA DE CURSO POLÍTICO

Os socialistas pídenlle "lealdade" ao BNG para rematar a lexislatura

Ricardo Varela, que participou nunha festa-mitin en Muxía, avogou por conseguir o 8% dos Presupostos Xerais do Estado.

Redacción / EP - 10:00 31/08/2008

O PSdeG-PSOE tamén escenificou esta fin de semana o comezo do curso político. O seu vicesecretario xeral, Ricardo Varela, marcou como reto lograr "uns presupostos bos" para que Galiza afronte o que queda de lexislatura e pide "lealdade" ao BNG para as decisións do Executivo galego.

Con motivo da súa participación na festa-mitin dos socialistas galegos celebrada en Muxía, Varela defendeu que Galiza debe dispor dunhas contas que "axuden na loita contra as dificultades económicas".

Tamén avogou por conseguir que os Presupostos Xerais do Estado recollan o 8% dos investimentos para Galiza e recalcou que a AVE "continúa a ser un obxectivo absolutamente prioritario". En referencia ao BNG, Ricardo Varela dixo que "espera lealdade nas decisións de goberno, espera responsabilidade". "Non se pode estar na misa e repicando, como fixeron, por exemplo co Plan Acuícola, un proxecto de todo o goberno," advertiu.

Sobre o PPdeG

En relación ao PPdeG, o vicesecretario dos socialistas galegos opinou que o presidente deste partido, Alberto Núñez Feijóo, "ten dificultades para explicar un adianto electoral que nunca existiu, que nunca se anunciou, que nunca se confirmou". Varela amosouse convencido de que os populares perderán as eleccións "en marzo" como "as perderían en outono".


2.4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: