O desemprego medrou no último mes un 2,09 por cento. O aumento interanual foi do 8,65.
O paro subiu en Galiza no mes de agosto un 2,09 por cento, co que se superaron as 150 mil persoas desempregadas. Así, ao rematar o mes de agosto, segundo os datos do INEM, buscaban traballo no noso país 152.437 persoas, 3.119 máis ca no mes de xullo.
O aumento anual é aínda máis pronunciado. Con respecto a agosto de 2007, o paro subiu un 8,65 por cento, 12.138 persoas máis. Porén, é a cuarta comunidade autónoma onde menos medrou o desemprego interanual.
A nivel estatal, supéranse por primeira vez nos últimos dez anos os 2 millóns e medio de cidadáns sen emprego.
En Galiza existe un repunte do desemprego. Certamente é unha problemática que non é estraña, e que noutras épocas xero correntes migratorias a outros países brindando alternativas reais a esta situación.
Porque non pensar en emigrar?
E se nos atemos ao profesional, obxectivo, minucioso e preñado de boas intensiones apartado de GZ-EXT Venezuela. Como diriamos en Venezuela “No hay Pele” Emigremos a Venezuela. Os meus pais, os meus tíos e a miña avoa fixérono. Créanme foilles bastante ben. Un clima excelente, dos furacáns nin falar. Só padecemos das súas colas e son como as dos gatos de angora. A gasolina esta regalada (non lles digo o prezo por non ofender) e por favor non busquen un automóbil a gasoil xa que non existen.
Moitos dirán. Pero que di este señor, se na prensa Española e algún emigrante retornado falan pestes de Venezuela e moito máis dun tal Chávez.
Iso non é certo, simplemente foron vítimas da desinformación da CIA, CNN, BBC e un tal GRUPO PRISA que en Venezuela ninguén coñece.
Se vostedes infórmanse correcta e verazmente verán que nada diso é certo. Só fíxense. Hai medios que din que ultimamente en Venezuela ocorren apagamentos masivos. Que maior mentira. Se este é o país da enerxía. Se o Comediante en Xefe nos seus máis de 9 anos de goberno. Non escatimou esforzos para transformar un escuro país grazas ao seu “iluminada presenza” Cando houbo apagamentos é porque espías da CIA desenchufan as turbinas do complexo hidroeléctrico de guri ou lle quitan o combustible a planta centro.
Verán en GZ-EXT Venezuela o innegable compromiso coa comunidade galega residente en Venezuela. Como se comenta o excelente estado de benestar que gozamos. Eses que din que hai delitos en Venezuela. Iso é falso. Ou os galegos son inmortais?. Ven nalgunha noticia que alguén da nosa comunidade foi vítima do delito? E se falamos da atención aos maiores hai unha preferencia cara a ese grupo de persoas e se son Galegas máis. As pensións do IVSS fan palidecer á dos emigrantes que traballaron en Suíza e se por casualida apareces na Lista Tascon ten por seguro que cobrases máis e máis pronto. Isto é igual de valido se de pasaportes falamos e outros documentos. E non falemos de inseguridade xurídica.
Se hai algún Galego profundamente revolucionario que queira traballar en Venezuela que lle pregunte ao embaixador de Italia sobre as súas afirmacións nun dos titulares a continuación. E conste, non aparecen as noticias dos grandes artistas e modelos que habitualmente pasan por Venezuela para reunirse co noso comediante en xefe para pedirlle que lles deixe vivir e traballar neste pais.
Só vexan estes titulares de GZ-EXT Venezuela e saquen as súas conclusións.
Presentan o libro 'La Directiva del retorno. El fantasma de la xenofobia recorre Europa'
(Que esperan, aquí nunca existiu esa pantasma. Senón pregúntello ao retornado que teñan máis cerca)
Honduras xa está na ALBA.
(Entren vostedes tamén nestas fonduras)
Cementeira mexicana Cemex ameaza con demandar internacionalmente ao Goberno venezuelano.
(Non pensen mal son probleminhas menores. É para darlle para comer aos avogados)
Arxentina e Venezuela plantean unirse por liña férrea.
(Isto é para unir ás dúas comunidades galegas mais importantes de hispanoamerica)
En Venezuela a revolución bolivariana terminou coa cultura de élites
(Daranse clases de muñeira, gaita, trompa e zanfonha)
Presidente Zapatero gaba as orquestras xuvenís venezuelanas.
(Creadas por Chavez antes do golpe do 04/02/92)
Unha estraña doenza mata dúcias de indixenas Warao en Venezuela
(Habitantes dunha Poboación de Lugo preto de Chantada)
Venezuela ten a maior reserva certificada de petróleo do mundo.
(E tamén o maior índice de mortes por arma de fogo do mundo. Pero non se asusten. Segundo o Ministro Rodríguez Chacin son só enfrontamento entre bandas. Por que non crerlle? é todo un experto. Preguntele aos sobrevivientes da masacre do Amparo)
http://www.derechos.org.ve/act...
"En Venezuela si hai excelentes oportunidades para investir" asegura embaixador italiano.
(No pelen ese boche, INDITEX, FENOSA y CAIXA GALICIA)
Chávez falou do Banco de Venezuela, das novas Forzas Armadas e do socialismo venezuelano.
(E dos galegos tamen)
Entregarán Premio Libertador ao Pensamento Crítico.
(A un intelectual imparcial e independente como o que escribe GZ-EXT Venezuela)
Presidente Chávez conta coa simpatía de 58% da poboación venezuelana.
(Conclusión. Chavez é simpatico. Él 100% da comunidade galega en Venezuela pensa o mismo)
O presidente venezuelano en Portugal
(Visitando a Lucas Rincon e recordandole o da renuncia en abril de 2.002)
http://www.youtube.com/watch?v...
Presidente Chávez hoxe en Moscova.
(Mercando xoguetes para os nenos, libros para a escola e medicamentos para os hospitais. E un que outro submarino, avións de conbate e fusís)
Presidente venezuelano visitará Rusia, Bielorrusia, Portugal e o Estado español.
(Pedindo en España que as pensións sexan iguais que as Venezolanas facendo honra á xustiza social)
Como verán. é innegable o compromiso de GZ- EXT Venezuela coa nosa comunidade. Un digno exponete do que Vieiros sinala en "Que é Vieiros" cando di:
De onde vén Vieiros
Vieiros tomou o nome da revista editada dende 1959 a 1968 polo Padroado da Cultura Galega de México. A publicación, que só tivo catro números, recolleu o mellor da cultura galega da época, do interior e da emigración, e trazou unha ponte viva entre a xeración fanada pola guerra e a xente da resistencia antifranquista.
Os seus responsables, Luis Soto, Carlos Velo, Florencio Delgado Gurriarán, Arturo Souto ou Elixio Rodríguez, tiñan unha forma de entender Galiza que nos gusta, dende a radio, o cinema, a arte... UNHA GALIZA MODERNA, ABERTA A PORTUGAL, FEITA DENDE O EXILIO E A EMIGRACIÓN PARA UNHA COMUNIDADE ÚNICA DE GALEGOS NO MUNDO.
Quen o pon en dúbida?
De tal maneira, Vingan a Venezuela esperámolos cos brazos abertos. (Coas pernas abertas non. Iso é en Cuba). A comunidade Galega en Venezuela facendo uso desa solidariedade roboilusionaria ensinada por Chávez. Está disposta a venderlles as súas casas, negocios, automoviles e atá cambiarlles os seus Euros capitalistas polos estables e realmente sólidos Bolívares Fortes. E con gran espírito de sacrificio marchariámonos a Galiza.
Creanme será un gran sacrificio.
Por certo nos 15 titulares sinalados apréciase os seguintes detalles. Nun 33% dos titulares aparece o nome de Chávez ou do presidente de Venezuela (que é precisamente Chávez). Culto á personalidade?
E se falamos do contido dos artigos a porcentaxe alcanza case un 80%.
Canto se fala da comunidade Galega e a súa realidade social? 0%
Benvidos a Venezuela. Esperámolos coas maletas feitas.