O vicepresidente galego pon a cara pola "transparencia" do concurso eólico e afirma que as concesións que fixo o PPdeG no seu momento foron "a dedo".
Meses antes de que se coñeza a resolución do concurso eólico, a polémica non deixa de xirar arredor das concesións. Este martes, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, defendeu a ultranza a limpeza do proceso de adxudicacións enerxéticas e asegurou que o PP critica o concurso porque “non perdoa” que haxa “transparencia” en vez do “nepotismo” e do “espolio” dos gobernos de Fraga. O líder do BNG advirte que o PP vai seguir “difamando para boicotear” este proceso.
Nunha intervención moi dura, Quintana non dubidou en empregar a retranca: “agora non vai ser un mérito ser masaxista”. O nacionalista acusou aos gobernos 'populares' de facer as concesións anteriores “a dedo”. Pola contra, defende que agora “o que queira poñer muíños terá que crear empresas e emprego”.
Se ninguén o dí digoo eu: Velaquí temos a financiación da campaña do Bloque das autonómicas 2009. Espero errar, e crer que aínda nos diferenzamos algo do PPSOE...
Definir o plano eólico como trasparente está directamente en contra e pasarse as lexítimas alegacións dos veciños polo forro dos . . . . http://ofervedoiro.blogaliza.o...
Estou farto de que se omita a verdade. O BNG equivócase, faltaría menos pero dende logo o concurso eólico non vai permitir o que se fixo en anteriores ocasións. Para poder falar con propiedade das cousas hai que informarse primeiro. Nesta semana surxiu o tema cun xerente dunha empresa do sector (cliente meu) e que non é precisamente do BNG, pregunteille e o que me dixo foi que o BNG remataba co que acontencera dende sempre neste sector e que parece que agora se omite. O PP deu as concesións a dedo a empresas que na maioría das ocasións non tiñan relación ningunha co sector eólica, ditas concesións eran revendidas de inmediato. En definitiva, o goberno anterior formaba parte dunha escura trama na que promovía a revenda e a especulación.
Por fin co BNG esto muda, pero claro teñen que saír as ratas do PP a tentar manchar aos demais pois eles cheiran que apestan. E como non a oposición nacionalista ao BNG a facerlle o xogo á COPE e toda esa panda de especuladores.
PD. O BNG comete erros coma todos os partidos quixen dicir ao comezar, non que se equivoque sempre
O PP aínda engana a alguén? A onde van de defensores da honradez ese fato de caciques
Le o "Asunto eólico" en:
http://xgaliza.blogspot.com
¿Cuánto le quedará al BNG de esta adjudicación? Ahora nos querrán vender la moto de que ellos son inmaculados...¡jajaja!
Os do PP, gavioteros e demáis fachas fan como outro, pensa o ladron que todos son da súa condicion... E a unica critica que se lles ocurre é, como eu robéi, todos van roubar.
Tamen aos do PP, gavitoeros e demais fachas producelles sarpullido unha palabra: racionalizacion. Fronte o seu desmadre caciquil, de concesions a dedo (alcalde de Arteixo que concediase as obras as súas empresas, e acusou ao segredario do concello de non avisarlle que iso era ilexitimo), asfaltado das estradas aos amigos dos puticlubs, etc., a Xunta bipartita introduxo algo que si é un cambio: racionalizou as cousas. Tentou planificar o que antes era un talonario aberto para os amigos (o problema é que ninguen respostou, o problema é que esta Xunta permite que delincuentes recoñecidos seguan na vida publica).
Este é o cabreo dos peperos, xa non controlan o talonario, e os seus vellos amigos, os Joves, as Fenosas, os Tojeiros, os Jacinto Rey, e as empresas extranxeiras que queren a sua parte da torta eolica, xa non visitan os seus despachos, xa non lles envian plicas para competir polas concesions, é dicer, xa non teñen o poder, porque xa non teñen a posibilidade de dar os seus amigos para revenda as concesions.
Agora, quen vai facelo, quen ten a sinatura para facelo son outros. E van vender o chan galego, van dar ás concesions aos Joves, ás Iberdrolas ou Fenosas, aos Jacinto Reys e demáis, dun xeito racional.
Nesto si temos un cambio: antes repartían a esgallo o diñeiro sen control. Agora controlan e racionalizan o reparto da torta.
Mudamos....
#1 ten bastante razón aínda que me foda
muito mercenario quintanista por este foro!
Vos vai unha visión "realista" da Galiza que ven, quen me dera equivocarme:
Nosa terra, coa inestimable colaboración e pulo BNG, camiña cara a unha industrialización dura, de acubillo de empresas contaminantes, perigosas e molestas; cara ao desmantelamento total da pesca de baixura o marisqueo, cos mellores recunchos adicados ao engorde de peixe con antibióticos; cara a eucaliptización total, o deserto verde; os ríos, simples canles entre encoros e minicentrais; os montes furados de canteiras a ceo aberto e inzados de muiños e pistas; a agricultura desaparecida; toda a gandeiría estabulada comendo pensos tranxénicos e o o rural cuasi-deserto; todo o territorio cortado ou recheado para máis e máis vías "de alta capacidade"; a costa convertida en parede de adosados-pareados-formigueiros; centos de portos deportivos vendendo minifundio no mar; portos-polígonos industriais no que antes foran rías; a cultura enterrada viva na Necropole da Cultura; un ou dous bancos teñen todo, o que non é indixente traballa nunha ETT;nosos parques xoias naturais amanecen cubertos de restos do macrobotellón de onte...
Vou ben, http://www.galicia2010.com ?
NON os eolicos, as minicentrais e as piscifactorias. Dame igual que sexa co PP,Psoe ou BNG.
GALIZA NON SE VENDE!
Estanse vendo noticias este dia nos xornais afirmado q as eléctricas diminuiron as suas emisión de CO2 nun 16%: http://www.galicia-hoxe...
Tamén seria bo comezar a ver noticias nas q se expoña con claridade os beneficios q comezaron e comezarán a ter os propietarios e concellos coas eólicas, para facer cerrar moitas bocas q botan culebras e veleno todos os dias.
Moi ben lura, xa tes o guión para a próxima curtametraxe estúpida de Nos-UP no youtube.
Dame a sensación que partes do suposto de que hai 100 anos na Galiza todo ía como diós e que o progreso non fai senón destruílo todo. E cando non había moitas das cousas que citas (eucaliptos, portos deportivos, gandeiría estabulada...) sabes o que había: fame, miseria e emigración.
Por suposto eu tamén son un mercenario quintanista, pero penso que é mellor que ser un iluminado batasunista, que queres que che diga.
Non non excedamos: O PP non perdeu poder real, en todo caso formal e institucional. O BNG ten poder formal e institucional, e pouco real.
E o do finanzamento da risa, notase que non se coñecen os medios que ten o BNG en comparanza co PPdeG e PSOEdeG.
E mesmo cos medios,locais e persoal, que teñen os sindicatos, mesmo o nacionalista.
Bom dia, eu som mais um iluminado batasunista, e com certeza o plano eólico vai financiar o BNG, que é um partido homologável ao PP e o PSOE também à hora de financiar-se
Vexamos, o poder real real, non o teñen nin o pp nin o bng, é dos capitalistas, as grandes empresas, etc., que son as que levanse a mellor tallada dos planos. O PP, o PSOE e o BNG teñen o "poder" de xestionar e conceder os diñeiros publicos as empresas. Eso é o seu poder.
Como efecto "colateral" ha beneficiarios dos planos para as grandes empresas... na era PP eses eran os seus amigos, os caciques e demáis xentiña. Na era da bipatito a cousa é máis racional, as cousas non se fan o bestia como o PP. Racionalizase o reparto, e algunha esmola, por iso da racionalidade, fica non nas máns dos amigos, senon de particulares que ven como se lles vai pagar ben o aluguer da terra ou concellos que tamen.
Todo máis civilizado. Pero os que levans a parte do leon non son estos, senon que son os de sempre. E cansa xa mencionalos, pero é que non se pode xogar ás agachadas: os Joves, os Ortegas, as Fenosas (con Gas Natural ou sen ela), as Iberdrolas, as.. as... as... E cansino xa que tralas esmolas para alguns particulares e concellos, escondase que o plan eolico é un plan para os CAPITALISTAS, como o plan ACUICOLA e un plan para as multinacionais (e non son as de Noruega), senon as galegas, con Pescanova e Isidro de la Cal.
E repito, porque saira xa un do BNG decindo, mais fica algo para Galiza. SI FICA ALGO, pero a parte do leon levaa os de sempre, OS CAPITALISTAS.
Fica claro.
E polo tanto falar de que van rematar co "espolio" é moito dicer: o espolio vanno facer os CAPITALISTAS.
Porque non explota directamente a Xunta a través dunha sociedade publica nacional de enerxia eolica, da mesma maneira que noutros países queren facer cos recursos naturais.
Se a enerxia eolica pode xerar moitos beneficios, que non o leven as empresas.... Que non privaticen o ar.
Mais toquei o punto neuralxico onde se xuntan todos, os neo e os social liberais: a estatalizacion dos servizos publicos (tte, saúde, ensino, etc.) e dos recursos naturais (chamense hidrocarburos no caso boliviano, chamese ar no caso galego).
Tanto os neo como os social liberais, pensan que só a economia de mercado pode sacar da crise a sociedade; a mesma economia que xerou a crise.
O raposo gardando o galiñeiro. Esta é a loxica.
Por iso, é moito falar de "espolio", para só se referir as esmolas que levaban os amigos do PP. O verdadeiro espolio é o que organizas as empresas e as multinacionais (galegas ou non galegas, todas).
no verán estiven no Courel e puiden ver as pizarreiras a todo meter e unha masiva repoboación de piñeiros. Aínda son pequenos, pero cando medren será como ter antorchas no medio dun dos espacios mías emblemáticos de Galicia. A Consellería de Medio Rural, co seu delegado en Lugo, coñecido como Milucho, é a que permite esa repoboación, as consellerías de Industria e Mediambiente as pizarreiras. A política é a mesma que a do PP. O concurso eólico completará a desfeita do PP. ¿En que se diferencian uns dos outros?
O verdadeiramante grave dos parques eólicos non é a quen llos adxudiquen, que a verdade, e min impórtame unha merda, senón o tremendo impacto que están tendo estos parques eólicos en Galicia. É un escándalo como están a deixar a montañas con estes muiños, fan pistas por todos os lados para comunicalos, fan un ruido de carallo, teñen un tremendo impacto nas aves... E enriba, se non hai vento están parados e se hai demasiado vento, hai que paralos, é dicir, non son fiables e sempre hai que ter outro tipo de centrais en standby preparadas para entrar en funcionamento. Ou ben mercarlle a electricidade ás centrais nucleares de Sarkozy que é o que está a facer o estado español.
Si co goberno de Fraga estaba hasta o carallo de tanta urbanización na costa e tanto paseo marítimo. Co PSdG e o BNG estou hasta o carallo de tanto parque eólico e tanta piscifactoría. Entre uns e outros están a deixar o medio natural galego feito unha merda. Iso si, teño a impresión que máis dun amiguiño está a facerse de outro con toda esta desfeita.
jatopardo, esa loxica de "importame unha merda" é o vello aserto do filosofo español Unamuno que dicia, "que inventen eles", mentras eu teña a meu curruncho bonitiño, o demáis, dame o mesmo.
Pois vai ser que non.
1. Se Galiza tivera a poboacion de debería, é dicer, sen a emigracion; seríamos uns 5 millons de seres humanos no "curruncho". pensas que non estaría escangallado?.
E emigrou porque non había onde traballar, e por iso hoxe temos alguns currunchos ainda sen escarallar (O Caurel, Eume, e pouco máis).
A cuestion é defende iso, e facelo compatibel co desenvolvemento (o que agora chamase sustentable) e o traballo aquí.
Por iso, si é importante que o leve... Se o fan, non xa como fixo o PP (lixo puro), senon o metodo "racional" dos bipartitos, ao servizo dos CAPITALISTAS, non temos o menor futuro. Os CAPITALISTAS, racionais ou non, son depredadores, uns, co talante, outros o bestia, pero todos depredan ao traballo humano -os galeguiños de a pé-, ou os medios naturais.
por iso, si importa para quen vaia, quén o faga e como se faga. Si importa.
Hai unhas semanas estiven paseando entre os muiños dun parque eólico situado entre Boiro e o Son, vendo a desfeita que alí fixeron en toda a montaña e ollando como varias rapaces xogábanse o piteiro a cada pasada entre os muiños.
A quen lle interese, pode descargar este pequeno Powerpoint que acabo de facer cunhas fotos dese paseo e despois que me digan se esto dos muiños é contaminante ou non. Xa estou hasta o gorro de que me queiran pasar este timo por "enerxía limpa" o que é unha verdadeira desfeita patrocinada, antes polo PP e agora polo PSdG-BNG.
Como digo, a quen lle interese, pode descargar o Powerpoint en:
http://freefilehosting.net/dow...
Por certo:
Si Ulo si, colle unha aberración medioambiental calquera como este plan eólico ou acuícola, ponlle diante o adxetivo "sustentábel" e xa fas pasar gato por lebre.
En canto a eses supostos postos (válgame la redundancia) de traballo dos que falas, xa vexo cantos centos de traballadores están empleados nos parques eólicos (nótese a miña fina ironía), ou canta xente atopa emprego nas piscifactorías.
Vaia tomadura de pelo.
Basta xá de carroñeiros e outras aves. A enerxía e limpa o Concurso transparante. Como fixeron noutras nacións onde existe o mesmo tipo de enerxía? Agora podemos chegar a ser donos dos nosos recursos. Cando un xira tanto a "esquerda" chega a dereita maís ultra, xa que xirando, xirando chegas a 360 graos.
Potencia eólica:
Grecia: 871 Mw
Irlanda: 805 MW
Polonia: 276 MW
Dinamarca: 3.125 MW
Reino Unido: 2.389 MW
Francia: 2.454 Mw
República Checa: 116 Mw
Suecia: 788 Mw
Finlandia: 110 Mw
GALICIA: 6.500 Mw!!!
¡PERO QUE PARVOS SON LOS EUROPEOS QUE NON SABEN APRECIAR AS BONDADES DOS MUIÑOS COMO FAN OS POLÍTICOS GALEGOS!!!
Dinamarca: 3.125 MW (!!!)
E este país é unha potencia, que ten entre outras cousas unha fabrica en Viveiro, que tamen xeran postos de traballo.
Ou non é xerar postos de traballo o que fai EMESA na Coruña (ben, Coirós).
O problema non é que se fagan parques eolicos, a cuestión é que non se fan en funcion das necesidades do pobo traballador galego, senon en funcion dos interese dos grandes empresarios e as multinacionais... da súas contas de resultados. Por iso pasa o que pasa.
Non sexamos como os cartistas británicos, que lle botaban as culpas as maquinas, e as destruian, da sua perda de postos de traballo. As maquinas non teñen a culpa, teñenna os seres humanos, os propietarios e os gobernos que lexislan cara eles.
A planificacion ten que ser ó servizo das necesidades do pobo traballador, e vexamos se son necesarios 3, 4 ou 500 mil.
E Dinamarca, e non é precisamente un país atrasado, é, se non me trabuco, a primeira potencia mundial en enerxia eolica.
Hai xa algún tempo que a FPG ven denunciando os errores do plan eólico, apuntando onde están as falsedades i negocios.
http://frentepopulargalega.org...
mirai os escritos que firma Matilde Álvarez. Son moi bons.
Parece que cada vez hai máis xente que ve continuísmo no biparatito. Esperemos que cando menos neste tema sexan máis trnsparentes aínda que parece bastante claro que ao Bloque lle vai vir moi ben este tema en véspera electoral, seralle de grnade axuda para financiar a campaña electoral que xa comezaron, ao final non son tan diferentes do PP e a xente cada vez decátase máis de que o falar non ten cancelas pero á hora de actuar caen nas mesmas cacicadas que o PSOE ou o PP. Non hai diferenza.
Home¡¡
A ver se nos deixamos de tanto fanatismo e vemos a cousas cómo o que son, joder (que só hai que abrir un pouco os ollos): é evidente que as anteriores concesións foron un despropósito, nas que o amiguismo e o clientelismo (e por qué non o soborno) foron a práctica común.
A administración actual (e neste caso- ó Cesar o que é do César, principalmente o BNG), racharon con esta política, que non quita que non poidan cometer erros.
Pero dá polo menos a impresión de que non o fan con mala fe (e non esquezamos que o ladrón sempre vai por diante do policía, que por moi regulado que estea o concurso sempre se van apañar algún engano para sacar partido as grandes postoras).
E por último, para soñadores románticos e utópicos, o poder DESGASTA¡¡¡ a acción de goberno, o feito de tentar plasmar as utopías en realidades palpables e cotiás deixa un descontento residual, porque non sempre se pode satisfacer a todos.
Pero todo sexa polo ben da maioría...aínda que lles doia a algúns recalcitrantes (tanto dun extremo coma do outro)
Do q me estou fartando un pouco é de que algúns comentaristas xa levan uns meses cargando contra o BNG sen probas.
Podemos comezar polo de Reganosa, onde os de IU-EU-oi-ai-carallo encheron todos os xornais con comentarios contra o BNG, e nunca se oía nada contra os verdadeiros culpáveis q lle chantaran a gasificadora alí: PP, Psoe e IU.
O labor do Vicepresidente (esperemos q Presidente nacional proximamente) é estar onde ten q estar e cumprir coas suas responsabilidades no cargo, e se ten q bailar cos vellos pois faise (unha vez ao ano non fai dano e non é comparável para nada co dos bailes de Fraga todas as semanas). Pois os de Nós-Up&Down a cargar contra o Bloque, e o resto calamos.
Tamén podo incluír aos da Frente Popular chinesa, digo...Galega.
Pois xa me fartei, non lle vou calar a ningún deste q se agachan tras a súa máscara de defender o povo e a verdade única e universal, criticando sen base real e facéndose eco das noticias mais morbosas.
SOS. COUREL ,contade-lhe a este quem legalizou a pedreira da Campa
Tino, un consello para a túa saúde: non mates o menxaseiro... se as cousas son como son, non mates o menxaseiro; pensa porque se fan así.
Iso de que "a mellor defensa é un bo ataque", só funciona cando se ten razon... ou cando se ten unha seleccion como o Brasil do Pele.
Todos coñecemos ao PP, ao PSdG, mesmo a IU (iso de darlle diñeiros en Ferrol a procesion dos fachas non é precisamente de esquerdas), eles son o que son, e non teñen a culpa do que fai o BNG.
Pensa os porqués, e non te poñas a defensiva, que iso non serve para nada, salvo para xerar unha ulcera.
Manda truco, os que todo o ano se pasan acusando aos demais de non sei cantas cousas sen probas agora piden probss cando o acusado é o Bloque. Pois no dos eólicos ainda está por ver pero Tino tocou un tema que esá clariño. O Bloque en Ferrol posicionouse sempre contra de Reganosa incluso xudicialmente ata que a UPG decidiu que para o alcalde bloqueiro de Mugardos era unha posi´ción inviable, entón retiraron a denuncia ante o Trbunal Superior de Xustiza o que provocou incluso a saída dos dous mellores concelleiros (e dende logo os máis honrados)do BNG no goberno municipal de Xaime Bello, Xosé Lastra e Mª Luisa Sabio, que se negaron a se someter á ditadura da UPG. Iso foi así mesmo, aí esá a hemeroteca e os protagonistas, e probablemente fose o que lle custou ao Bloque a alcaldía da cidade e que fixo que EU medrase tanto en Ferrol. Esa é a ética do Bloque e da UPG. "BNG-UPG vendidos ao señor Tojeiro"
o problema que tén Tahoces é que o concurso eólico, de enerxía renovable que loita contra os gases invernadoiro e a prol do protocolo de Kyoto, é que non o controla el nin o PP nin o ex-conselleiro Caamaño nin a súa famiglia. Isto ademáis engadido a que se fixou como voluntaria a cesión do 12% ao inega e a prevalencia de creación de postos de traballo reais mediante plans empresariais non como os anteriores que foron unha estafa non fai outra cousa que deixar en evidencia. Unha comparanza nefasta de un fillo que derrocha os cartos dos pais que o mandan estudar fóra sen aprobar unha e o segundo fillo que vai e aproba con matrícula.