A xunta directiva desta influinte asociación cre que o decreto de galeguización 'espanta' os executivos con fillos en idade escolar.
O equipo directivo do Clube Financeiro de Vigo publicou este martes un documento onde se teoriza sobre cuestións sociolingüísticas. Logo de afirmar no limiar que o escrito non está sostido en “criterios de carácter ideolóxico ou político”, a dirección do clube financieiro conclúe nas seguintes páxinas que a dende a chegada do bipartito á Xunta e especialmente dende o decreto de galeguización do ensino “as posibilidades de escolarización en español para os nenos de Ensino Primario e de lingua materna castelá son practicamente nulas”. No documento sinalan que isto, en menor medida, tamén ocorre no ensino secundario e no bacharelato xa que, segundo esta peculiar visión, “o español desapareceu ou ocupa un lugar residual pois a lingua vehicular é o galego; as materias troncais impártense nesa lingua, tendo o castelán tratamento de lingua estranxeira”.
No mesmo documento, a entidade, que agrupa a 300 empresas e entidades que desenvolven a súa actividade no sur de Galiza, afirman que a normalización do galego no ensino provoca que “moitas empresas se estean a enfrontar á dificultade de reter ou contratar persoal cualificado procedente doutras rexións españolas ou doutros países, se a súa idade se sitúa na franxa de 30 a 50 anos e teñen fillos en idade escolar”.
Como conclusión, o clube empresarial proponlle á Xunta, entre outros puntos, que sexan os pais os que decidan o idioma de escolarización dos seus fillos e que sinalización pública sexa sempre bilingüe.
Un posicionamento unánime?
O Clube Financeiro de Vigo engloba medianas e grandes empresas que teñen intereses na área metropolitana olívica. Fundando en 1993, a sociedade pretendía converterse nun foro para uns, nun “lobby” dirían outros, da clase empresarial viguesa e influir tanto nas decisións políticas locais como nas de ámbito nacional.
Tal e como lle recoñeceron dende o clube a Vieiros, o texto presentado publicamente este martes en Vigo foi aprobado unilateralmente pola xunta directiva, encabezada polo ex deputado socialista Xesús Bahillo. Por iso mesmo, custa concluir que todas e cada unha das entidades e empresas que forman parte deste colectivo suscriban este posicionamento. Un exemplo é o da Universidade de Vigo, que forma parte do Clube Financieiro de Vigo. Segundo puido saber este xornal, nesta institución pública non gustou nada o contido do comunicado. De feito, é moi posíbel que nas vindeiras horas se dea a coñecer un documento polo cal a entidade se desvincula do controvertido texto.
Poden ler aquí o documento titulado Política lingüística. Unha visión empresarial (.pdf)
Já começo a pensar que estes cabestros o único que buscam é um "golpe-de-estado" fascista?
Non sei como teñen tantos problemas para acadar traballadores cualificados doutras rexións, cando Galiza exporta traballadores cualificados á esgalla.
Ademáis gran perigo para o castelán? Estes non viron as estatísticas do enorme incumprimento do decreto, sobre todo nas areas metropolitanas de Vigo e A Coruña
Vaia chea de parvadas, cheas de tintes ideolóxicos e políticos, se tan preocupados estan pola economía estarán máis a prol do ensino en inglés que xa que queren as primeiras cabezas pensantes que aspiren ao mundo, digo eu.
Nada de razoamentos con esta xente, hai que golpear donde lels doe, no peto. Boicot a esas empresas e supresión de axudas publicas por apoloxia do fascismo español.
Despois de coñecer esta postura, é de entender porque Galiza segue a ser un pais subdesenvolvido. Cando a clase dirixente ignora por completo a realidade, basea as súas ideas en prexuicios e non en realidades, e viven 50 anos por detrás do resto mundo.......... ¿qué se pode esperar? seguro que inda pensan que a terra é plana, e que o sangue non circula polas veas.
Ese tipo de xente nunca será nada, porque só saben ir ó rabo de outros que ornean máis forte que eles.
So digo: Os curas a dar misa, os funcionarios a velar polo interese xeral, os empresarios a manter as suas empresas (e se pode ser a crear emprego), e os políticos a lexislar que o fin e o cabo son os únicos ós que a sociedade pode botar do deu posto.
Como reflexión: Porque todos intentan facer de todo e non se dedican o seu?. Ahí queda.
Bon, outros máis do mesmo tronco da dereita conservadora-paleta do tipo Galicia bi-MONOlingüe(eles falan español e castelán)que, gradualmente, largan a alarma da ameaza ao español en GZ. Eu como non teño neghossios con eles non podo façerlles boicot pecuniario, como propuña Atlántico, mais os da COnsell. Industria, por exemplo, ou o Santi Olveira-Universiada, que é muito "buén chaval" para eles (o Alvariño e toda esa tropa, deberían deixarse valer un pouco máis,abofé.Aínda que seguro que o mellor é deixalos falar, e non prestarlle nin 5 segundos de atención, non si?. Ou non, eu que sei.
O certo é que o seu desleigo, ala eles, convértese en arma arroxadiza contra o resto. Xa estou desexando que nos colonicen en inglés... non terían excusa........... ; )
Na liña co dito por Xallundes, vou contar unha anécdota, un día estaba escoitando a radio, non me decataba que era a COPE, e estaba a falar un señor negando a teoria da evolución de Darwin. Son completos fanaticos.
ABENÇOADOS!!!
E DESAPARECEU MESMO?!
Agora falta apenas que desapareçam eles e poderemos viver em paz? Nom digas que nom molava mais "Club Financiero de Madrid"? Ha que ir marchando...
Gago da a cara e rexeita estas pailanadas polo ben da Universidade de Vigo¡¡¡¡¡
E que ten que dicir esta xente sobre o galego e o ensino?.
Xa o ultimo que me faltaba por escoitar e que o galego sexa o culpable da crise economica.
BOICOT! BOICOT! BOICOT!
Na Galiza, em galego!.
Quixera solicitar ao Clube Financieiro de Vigo ou a calquera dos seus membros que me informen coa maior urxencia do nome dun deses centros "onde o español desapareceu ou ocupa un lugar residual,
pois a lingua vehicular é o galego; as materias troncais impártense
nesa lingua" na cidade de Vigo, para poder matricular nel aos meus fillos. Por favor levo anos buscando desesperadamente... habendo tantos e eu sen atopalos... por fin vouno conseguir antes de que cheguen á Universidade
neta, yo te digo uno: el colegio de Beade. Anda, dame ahora tú o cualquier otro un centro donde se incumpla el decreto del gallego y se den todas las asignaturas en castellano, porque así lograré lo que no logra nadie en Vigo: encontrar un colegio así donde el gallego sea exclusivamente una asignatura, como el inglés o el chino.
Estes parasitos sociais atrevense a dicir que Irlanda prosperou desde que apostou polo inglés. Irlanda levaba decadas falando maioritariamente inglés e sendo o país máis subdesenvolvido da Europa Occidental. O que esquecen estes cretinos é que o Tigre Celta non sería posibel sen fundos de cohesión, que no Estado español desvianse a cousas como a T4 de barajas ou a ampliación deste aeroporto, tampouco sen investimento en sectores productivos e non na sopa boba das infrestructuras. Como tampouco sería posíbel sen lobby empresarial con patriotismo dabondo como para apostar decididamente polo seu País.
Estes mamalóns parafascistas veñen de convidar ao neonazi do Alejo Vidal Quadras a dar unha conferencia en Vigo o vindeiro día 8 de setembro. O certo é que nin o titulo da conferencia nin as suas aptitudes me sorprenden. Eles convidan aos perdedores de Catalunya non aos cataláns orgullosos e triunfadores. Que emigren ostia, prefiro que este País sexa máis pobre en PIB que indigno por ter que acollelos e subevencionalos (tan neoliberais eles e mira que chupan do bote).
A buena parte de los comentarios anteriores...¿qué os sucede? ¿que si no nos sumamos a las tesis nacionalistas entonces ya somos "fascistas", "cabestros" y tantas y tantas lindezas como nos dedicáis?
Curioso, que los que quieren restringir libertades nos llamen fascistas a los partidarios de la libertad. Se agradece, en todo caso. Viniendo de los nacionalistas el término "fascista" se convierte en todo un elogio.
lin o texto en cuestion.... pouco trata do mundo empresarial en cuestion e moito de temas que non lle competen.... parece mais ben un planfleto de falacia bilingue....
Isto demostra o mal endémico que a nosa terra padece desde longo: a falta dunha clase empresarial propia e identificada cos intereses e sinais de identidade do noso país. Mentres non teñamos uns emprendedores que actúen cunha mentalidade propia e sen complexos non iremos a ningures. Por desgraza este clube financieiro non é máis que un grupiño de acomplexados ( no fondo a estes o que lles gustaría e ter nacido en Madrid e por iso actúan de tal maneira)
http://www.terra-galega.org
Javiota, pero que teses nacionalistas nen que ostias. O galego é patrimonio de todos. De verdade, o teu é de psicólogo. En fin... Por outra banda mandade unha queixa a dito clube a través da súa web, eu xa o fixen. Polo menos que saiban que algúns estamos orgullosos do noso idioma e que nos doen semellantes barbaridades. Incrible, férveme a sangue de tanta inxustiza coa nosa cultura e identidade, e o peor e que a meirande parte a provocamos os propios galegos
Em espanhol, «Club Financiero» e em galego, «Clube Financeiro». Nada de inventos híbridos como «Financieiro».
Quem realmente dá importância e cobertura às falácias do nacionalismo espanhol mais cavernícola som os meios de comunicaçom social que as ecoam.
Galiza galega!
Acabo de mandar o seguinte mail a Universidade de Vigo como ex-alumno que fun. Animo a facer o mesmo a calquera que se sinta ofendido por semellante barbaridade.
Boas,
Me gostaría amosar a miña indignación por mor do manifesto que o Clube Financeiro de Vigo aprobou (supostamente por unanimidade) no que se indica que o castelán está discriminado no ensino.
A universidade é membro de dita sociedade, e me parece que o comunicado desta falta totalmente á verdade, e sobre todo, é claramente partidista. Como exemplo poño o caso de Lugo, cidade na que vivo e onde a día de hoxe non existe ningún centro de secundario onde se garanta, aló menos, que o 50% das clases se impartirán en galego, pois unha cousa son as leises e outra ben distinta é aplicalas.
Para nada estou en contra do castelán, senón todo o contrario, pois coñecer e dominar outros idiomas e culturas nos enriquece e fai máis productivos, pero considero que a nosa lingua é patrimonio de todos nós e ise manifesto non fai máis que tirar pedras contra un ben común que debemos coidar, porque nos define coma o que somos, GALEGOS.
Un cordial saúdo
a subnormalización lingüistica produce enxendros como estos do Clube Financiero de Vigo.. ¿ou é o reves?
esquenciaseme: xa o Decia don Avelino: existen os Galegos, os Gallegos, e os galeguiños
Así que agora me entero por estes que a Galiza non prospera pola cuestión idiomática, agora vai resultar que Catalunya e Euskal Herria son as máis pobres e as case monolingües ou todo monolingües: Andalucía, Estremadura, Castela e Murcia as máis dinámicas, quitando o enxendro de Madrid que coloniza todo o que pode, no que era un deserto. Que grandes xenios perdeu Madrid e canto sobra na Galiza de autoodio.
O Clube Financiero de Vigo (300 empresas e entidades) defende o dereito ó monolingüismo castelán dos seus socios. Este posicionamente cando menos fainos pensar nunha máis que sospeitosa posibilidade de discriminación lingüística na contratación laboral. Quen considera o galego como unha ameaza para o castelán ¿como xulgará un curriculo redactado en lingua galega ou un candidato a un posto de traballo que se exprese na súa lingua nai?. Cando menos sospeiten.
Poderia Vieiros disponibilizar a lista de empresas desse "Club financiero", para saber que produtos nao iremos comprar?
Listado empresas (e institucións)pertencentes ao CFV:
http://www.clubfinancierovigo....
Observo que fizeram caso do Piorno e do Rosaliano...
Vejo na primeira página da lista de empresas desse Clube, a água de MONDARIZ.
E por que non se preocupan de tódolos titulados galegos que tiveron que emigrar para traballar? grei de castróns!
Esta noticia acaba de indignarme por varias cousas, pero a parte desta violencia linguística de inorantes, sobre todo cando din “moitas empresas se estean a enfrontar á dificultade de reter ou contratar persoal cualificado procedente doutras rexións españolas ou doutros países, se a súa idade se sitúa na franxa de 30 a 50 anos e teñen fillos en idade escolar”, que pasa que eiqui non hai persoal cualificado e por iso se ten que ir todo o noso capital humano cualificado para Catalunya ou Madrid? estas son as empresas que apostan por Galiza e polo galego cando fan brindis ó sol ó recibir cuantiosas subvencións dos petos dos galegos? pero que hipocresia é esta?
OBSERVADOR, alucino vendo os que constan só na primeira páxina da lista...Entre eles Antón Beiras Cal...o fillo do Antón Beiras, ilustre oftalmólogo vigués e da querida pedagoga Antía Cal...
Beade? O concelho onde o regedor municipal faz missas a Franco? :D
A cideda máis antigalega da Galiza: VIgo
Agora vejo a lista de empresas.
Como tenho relação com o mundo empresarial, vou encarregar-me de que alguma dessas entidades, com as quais temos tratos, fiquem a saber que podem perder clientes.
Acho que é a única linguagem
Moi ben, botándolle unha pequena ollada á listaxe de asociados apuntei uns pouquiños e xa lles enviei o meu corresponde email ou formulario de contacto no que lles explico o meu malestar con eles por seres asociados dun club onde se lle falta o respecto ao galego.
Entre os que apuntei: Aguas de Mondariz, Begano (Coca-Cola), Mercadona, PSA Peugeot Citroen, R e Unión Fenosa.
Quero dizer: a única linguagem que alguns entendem.
Seleccionemos por áreas, mellor concentrar que disparar ao ceo. Área de comunicación:
* Alvi Publicidad, S.L.
* Canal Uno de Comunicación, S.L.
* Corporación Voz de Galicia, S.A.
* Ecovigo Publicidad, S.L.
* Luis Carballo Publicidad, S.L.
* Merkley, S.L.
* Radio Vigo, S.A.U.
* Rías Baixas Comunicación, S.A.
Lamento esta nota de prensa e penso que o acaído é que as empresas asociadas e as institucións se posicionen con naturalidade e serenidade. Polo demais é aparente que esto é cousa de catro pailáns que tiñan que escribir unha nota de prensa e tiraron por aí porque no náutico lles contaron calquera conto ao respecto da suposta exclusión do castelán no ensino; ¡Madia leva, exclusión!
Os bos profesionais con mundo saben que non hai mellor cousa para os nenos que lles ensinen en varias linguas. Eu tiven compañeiros de traballo en Suiza e Francia con fillos que arrancaban a falar e se educaban, simultaneamente e SEN problemas, en francés e alemán sendo as súas linguas nai o inglés, o galego, o castelán, o portugués, o italiano... Insisto: sen problemas, senon todo o contrario.
Escribín "os bos profesionais"; non os profesionais de folla de lata, os imbéciles, os escuros, ou os da caste de "Martinez el facha" que non son quen de ver e aceitar a realidade e de vivir en sociedade e democracia.
Non queren vir aquí traballadores cualificados doutros sitios por algo que todos coñecemos: NON SE LLE PAGA AOS TRABALLADORES SEGUNDO A SÚA CUALIFICACION PROFESIONAL. Que non lle boten a culpa ó galego, senon a súa incompentencia. GALIZA figura nos ranquins de producción e eficiencia empresarial na cola. Eso é porque o empresariado deste país non sabe facer o seu traballo. Que empezen pola súa casa.
Pois nunca mais galegos tiveron que emigrar coma no rexime franquista e no fraguista, e era a "idade dorada do español" na Galiza.
Cataluña, que aplica políticas de normalización ben máis claras cás galegas, perde executivos ou traballadores? A resposta é evidente. O problema téñeno eses empresarios que consideran que un executivo ou un operario en Galiza ten que ter un salario equivalente a Libia. Que vaian todos rañala¡
Se esa noticia é certa, SERIA A MELLOR NOTICIA DO 2008!
#35 Cousa estranha, porque "R" é dos poucos casos nos que uma empresa galega utiliza o nosso idioma por defeito (salvo que se lhe indicar o contrário). De facto, o galego é a língua pré-determinada do seu web, o idioma maioritário da sua revista (praticamente só está em castelhano a informação sobre filmes, e nem toda), as facturas... Talvez o CFV não fale em nome de todos os seus associados, mas de uma maioria.
E por certo, o que pinta Begano no CFV se está instalada na Corunha??
Penso que breixoak e alpabarda levan razón. Se os españois non queren vir traballar a Galiza é por cuestiùon de salarios, non de política lingüística.
Hai tempo que saín da escola pero cústame crer que o galego sexa xa a lingua veicular na maior parte dos colexios galegos.
Forma também parte do CFV o Concelho do Vigo, onde o BNG tem a "Tenencia de Alcaldía". Fará algo o BNG a respeito?
Por certo, observo que entre os membros do CFV está o notario Alfonso Zulueta de Haz, quem até há bem pouco foi presidente do Conselho da Cultura Galega. (http://vello.vieiros.com/biogr...
Ai que risa mima, e eu tolo para atopar un colexio para meu fillo no que se lle ensine en galego, e non atopo ningún que cumpra o decreto.
En fin, daria risa se o conto non fose tan...irritante.
Ah!, e non esquezamos que a culpa é do BNG, tamén do que din os "modernos empresarios" do CFV, si si si....;-)
vexo nomes como o de "concello de vigo" "concello de porriño" "R" .... fica ben claro que esta clube non fala en nome de todolos seus socios....
Entón en Catalunya que pasa??
Segundo publica La Voz, o 99% das empresas do CFV dá suporte ao informe. Sobre a Catalunha, copio e colo da Voz:
***
Por su parte, el presidente de la Asociación de Empresas Metalúrgicas de Galicia, José María Hidalgo, quien enfatizó que habla «el 90% del tiempo en gallego», sintetizó su opinión en que «no debemos cometer el error de Cataluña, porque aquí habían convivido perfectamente castellano y gallego, hasta que desde hace un par de años la enseñanza se impone en gallego».
(http://www.lavozdegalicia.es/g...
***
Empezaré por el final...en Cataluña lo que sucede es que el personal cualificado se les va a otras regiones como Madrid o Valencia, donde no existe el totalitarismo nacionalista. Y el que se queda lo hace cobrando un pastón, con el sobrecoste que esto le supone a las empresas.
La situación en algunos casos, como la Medicina, es crítica, llegándose a plantear la contratación de médicos sin homologar:
http://www.elpais.com/articulo...
A fillotolo, el gallego ya no es patrimonio de todos. Se han apropiado de él los nacionalistas, que lo han ideologizado y lo han convertido en una lengua "propia" para hacer del castellano la lengua "impropia". Pues toda para vosotros, los nacionalistas, que no representáis ni el 20% de los gallegos.
Si el crecimiento del gallego ha de hacerse de forma totalitaria a costa de las libertades de los gallegos, mejor que no crezca.
La estupidez esa del "autoodio" veo que la tenéis muy arraigada. Si uno no es nacionalista, entonces es "autoodio". Vamos, que lo mismo podría decir yo de vosotros respecto de vuestro país, España, por el que ya no tenéis "autoodio", sino odio directamente a vuestra esencia de españoles.
A ROSALIANO, no compres en ninguna empresa, que te lo agradeceremos todos. Aparte, los muertos de hambre del nacionalismo no suponéis nada en el tejido productivo gallego.
Al Club Financiero de Vigo, mi enhorabuena por reflejar el sentir mayoritario de los gallegos y, en particular, de los vigueses. No os dejéis amedrentar por los amigos del totalitarismo que, al fin y al cabo, no representan ni el 20% de los gallegos.
Ladran, luego cabalgamos...
Non há empresarios galego falantes neste Club? Qué salan xa, que digan algo. A campaña da dereita mais inorante está en marcha. Dende cando o coñecemento de idiomas entorpece o crecemento industrial?. O PP está a atraballar e ben. Temos que darnos conta da carga ideolóxica deste documento.
En que mundo vives 52, a ditatura nazi franquista xa pasou e agora fódete!!!
Gustaríame ver a min ese sentir maioritario,porque de onde son eu so se botan pestes contra GB,ata os castellanitos.. en fin.país
Para Gaviotero.
Quen es ti para dicir "por reflejar el sentir mayoritario de los gallegos "???
Non sei de onde eres ti, pero galego e de Galiza, non es...
se o idioma propio de Galicia non é o galego, entón xa non se entende nada. Anque aquí se faga obrigatorio o coñecemento do inglés dentro duns anos, o idioma propio noso será o galego.
#56 Gaviotero te es de Vigo :D
Encantam-me as falsas polémicas sobre o uso do galego. Adoro-as. A impotência dos totalitaristas espanholistas é capaz de provocar-me a risa. E digo impotência porque por muito dinheiro que tenham, capacidade de pressão e tal, conseguem ter a mesma incidência na vida diária da que colectivos com a miléssima parte de recursos.
Os financeiros de Vigo....?
Coido que con ese nome,a sua mision sera encirrar a loita de clases,non si?
A loita imperialista do nacionalismo espanol deberian deixala a outros.
Imos ver, logo de 40 anos de franquismo e 16 de fraguismo de que cor politica credes que son os empresarios galegos?. Cae de caixon.
Logo o que estan a facer estes e o mesmo que o que fan os de Galicia bilingues, a campaña politica o PP, agora que se achegan as eleccions galegas.
A mensaxe e crara " O goberno galego IMPON o galego e discrimina o castelan no ensino e vida publica, e o galego empobrecenos". E para transmitir esta mensaxe valense de toda a maquinaria mediatica da extrema dereita española (cope, libertad digital, el mundo,etc).
Hoxe en dia, ser galego falante e unha heroicidade, pq estamos a ser discriminados por plataformas monolingues antigalego, politicos, empresarios, igrexa, medios da extrema dereita española, etc.
A nosa lingua a pesares de dictaduras, campañas de desprestixio, discminacion en moitos ambitos, segue a ser a primeira lingua de Galiza. E iso e o que lles fode.
Pero que clase de pobo seriamos se renegasemos do noso?.
Ó meu entender, e dentro da política cultural e mais do actual marco xurídico político de soberanía ESPAÑOLA sobre A Galiza, a política lingüística que os galegófilos debemos esixir para A Galiza vai cima da seguinte trepia:
1º pé.
Cumprimento rigoroso do ordenamento xurídico vixente e aplicábel (empezando polos xulgadores!): na Galiza na súa lingua ESPAÑOLA oficial propia coma en Castela na súa coma en ... na súa; sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente aínda descoñeza a territorial propia (desarraigamento ou por motivos igualmente especiais: docendi causa, iocandi causa, ... ).
Isto significa v. g. que o TC use o galego para comunicarse oficialmente cos suxeitos de dereito da Galiza (lingua de destino).
2º pé.
Bilingüismo necesario: lingua propia do territorio e mais unha outra acordada polas comunidades lingüísticas do planeta como interlingua, lingua ponte ou lingua antidiscriminatoria que permita a comunicación e integración de calquera membro de calquera comunidade lingüística con calquera outro e, daquela, en calquera outra do mundo.
A interlingua substituiría o castelán como lingua oficial en todo o territorio do Estado e sería cooficial coas linguas propias do territorio.
3º pé.
Harmonización gráfica ou escrita co galego normalizado de fóra da Galiza.
O primeiro pé da trepia esixe:
1 Un servizo de balde, supervisado pola RAG, de asesoramento sobre o uso correcto da lingua galega que considere igualmente correcto tanto os actuais criterios da RAG coma os doutras institucións análogas para o galego de fóra da Galiza.
2 Outro servizo, tamén de balde, de asesoramento iuslingüístico, representación e defensa xurisdicionais.
3 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.
O segundo:
1 Accións na Galiza, no Estado e mais no eido internacional, nomeadamente coas outras comunidades lingüísticas.
2 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.
E, o terceiro pé da trepia:
1 Accións da RAG coas institucións análogas do galego de fóra.
2 Accións compatíbeis do resto de entidades públicas, privadas e particulares.
Pois a ver q fai o bng, tan amigo dos empresarios ultimamente. Vai seguir Santi de ganchete do Alvariño día si día tamén??
Quixeron inventar a burguesía galega e mirade como lles está a saír o conto. De todos os xeitos, sería interesante que certos socios do CFV, -R, Nea, concellos de Vigo, O Porriño e Redondela, Universidade, etc.- dean a súa impresión ao respecto, porque se ben é certo que non moitos si que hai socios no clube este afíns ao nacionalismo.
Boicote total aos fascistas destas empresas...
A língua a culpável? Por isso Catalunha é mais rica que extremadura, não?
E que fai La Voz recibindo fondos por empregar galego (cando non o utilizan) cando en realidade só fan apoiar panfletos surrealistas da comunidade fachorra viguesa?
Fagamos unha proba: alguén dos dese club é quen de falar galego con soltura? Dáme a min que só falan castelán (monolingües) e aínda ousan dar leccións, a inventar unha realidade alternativa na que o galego é maioritario no ensino (e eu sen decatarme... non hai tanto que saín do instituto e os tiros non van por aí... ó contrario, o galego está marxinado e iso sábeno todos, outra cousa é que mentan por interese). Manda carallo que os únicos bilingües de verdade sexan os galego-falantes, mentres os fachorros ou fantoches estes predican o dereito a ser un ignorante. Canto tardaremos en ver a estes mesmos predicar o dereito a non dar coñecemento do medio porque atentan contra o dereito a que os seus fillos sexan uns ignorantes e non coñezan a teoría da evolución, xa que eles cren que descenden de Adán e Eva?
O que está claro é que o empresariado galego(?) foi e é o responsable do subdesenvolvemento de Galiza, xunto coa política corrupta e cacique do tricerátops (fragasaurio) que comeu todos os cartos de cohesión europea nas súas corruptelas e amiguetes, mentres eses mesmo fondos convertían a Irlanda nun país ó nivel de Galiza nun punteiro en Europa. Se tiveran chisco de vergoña calarían a bocaza.
quería dicir: nun país do nivel de Galiza, nun punteiro en Europa.
Suponho que muitos sócios deste clube se irám desmarcando deste comunicado. Polo de agora, eis a resposta da Tenência de Alcaldia do Concelho de Vigo(de http://www.bng-vigo.org/web/in...
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, calificou como “desafortunadas” as declaracións dos dirixentes do Club Financiero de Vigo a respecto da política lingüística. O nacionalista considerou unha “falta de respecto” ese pronunciamente, xa que non foi consultado cos accionistas e socios do Club, entre os que figura o propio Concello de Vigo. “Lamentamos que un colectivo que representa ao sector empresarial da cidade se introduza dese xeito nunha polémica que non beneficia aos empresarios da cidade”, explicou.
Santi Domínguez dixo que desde que se coñeceu o pronunciamento do Club Financiero varios empresarios que son socios da entidade xa lle manifestaron a súa disconformidade co expresado pola directiva. O nacionalista lamentou que unha institución como o Club Financiero faga unha utilización do idioma baseandose nun estudo no que non hai datos contrastados e está baseado en suposicións, crenzas ou posibilidades. Adiantou que pedirá explicacións aos resposables do Club Financiero polo feito de ter manifestado esas opinións sen consultar aos seus socios e accionistas.
O tenente de alcalde rexeitou que existan nenos e nenas en Galiza que atopen dificultades para expresarse en castelán, pero si pode atopar moitos cativos e cativas galego falantes que os teñen fora do seu ámbito familiar. Do mesmo xeito considera pouco factible que alguén que teña interese en promocionar profesionalmente non o faga por unha cuestión idiomática, como aseguran desde a entidade empresarial.
Todo o documento é unha inmensa mentira:
Empezamos pola idea de que o castelán é residual no sistema educativo. Analízense as cifras de uso do galego no ensino medio e na etapa infantil. En Vigo e na Coruña está por debaixo do 30%.
Segundo: ¿executivos? ¿que executivos? ¿que técnicos? ¿que grandes empresas temos que demandan tantos altos cargos? Non, xusto ó revés. Os técnicos galegos, os xestores de alta dirección galegos... emigran. Os centros neurálxicos das súas empresas están fóra de aquí.
O que nos contan os redactores deste documento foi o que oíron en Intereconomía (radio ou TV), cadea de dereita radical na que este argumento antiidiomático é de uso frecuente.
Por certo, ¿quen está detras de Intereconomía? Porque nestes medios de comunicación parece haber certa solidez económica.
Pois claro que é tudo mentira. Estão a passar à ofensiva estes caralhos de naZionalistas espaÑoles. Dá riso, sim, mas estejamos alerta, esta gente é doida.
¡Manda Carallo! Como financeiramente teñn a mesma visión, están apañados. Mellor que se dedique a tomar viños ou contemplar as fases da lua. Estamos, por certo, na minguante.
Os empresários non crean emprego por unha función social, creano cando non teñen máis remédio e como a eles non lles gosta traballar, precisan de alguén que faga o traballo. Xa está ben de tanto lariquear.
Na Galiza há muita pluição de castelhanos.
Que se respeite o galego origial, materno e vernáculo.
O ensino de linguas no pais mais rico do mundo em PIB per capita (depois do Vaticano):
http://www.agal-gz.org/modules...
O documento segue o discurso dos de Tan gallego como el gallego, dos de Galicia Bilingüe e, en parte, o dos do Manifiesto por la lengua común (PP entre eles).
É, con clareza, contrario ó ordenamento vixente e aplicábel.
Sería ben que as institucións (RAG, CCG, Xunta da Galiza, sindicatos, ...) empezaran a posicionarse con contudencia fronte a este tipo de aldraxes sen fundamento.
Ó respecto convén non perder de vista as seguintes consideracións xurídicas:
1ª) Desafortunadamente para as comunidades lingüísticas españolas distintas da castelá , e para os seus membros, existe a crenza xeralizada, desgrazadamente tamén entre xuristas (xudicatura, avogacía, procuradoría,...), de que do réxime de cooficialidade ligüística vixente nos territorios propios das linguas españolas distintas do castelán se deriva o “dereito” a usar indistintamente calquera das linguas oficiais en calquera acto de comunicación lingüística; mais, esta crenza é manifestamente contraria á lóxica (iuslingüística) propia da regulación normativa vixente e aplicábel en materia de linguas e dereitos lingüísticos.
En efecto, xa hai máis de vinte anos que o TC tivo que manexar o concepto de oficialidade aplicado ás linguas españolas, e dixo (STC 82/86, fx 2º): "Aunque la Constitución no define, sino que da por supuesto lo que sea una lengua oficial, la regulación que hace de la materia permite afirmar que es oficial una lengua, independientemente de su realidad y peso como fenómeno social, cuando es reconocida por los poderes públicos como medio normal de comunicación en y entre ellos y en su relación con los sujetos privados, con plena validez y efectos jurídicos (sin perjuicio de que en ámbitos específicos, como el procesal, y a efectos concretos, como evitar la indefensión, las Leyes y los tratados internacionales permitan también la utilización de lenguas no oficiales por los que desconozcan las oficiales)".
Daquela, nada impide que calquera poder público recoñeza ou declare como oficial calquera lingua allea (ou a propia, claro!), vg. o concello de Burela o portugués; mais, como se pode tirar doadamente, dese concepto constitucional de lingua oficial DE NINGUNHA MANEIRA SE TIRAN DEREITOS DE USO POR PARTE DOS PARTICULARES, nin en concreto o DEREITO a usaren unha ou outra linguas oficiais os empregados públicos.
Dese concepto constitucional de lingua oficial só se pode derivar a obriga dos poderes públicos de COÑECEREN, na persoa dos seus empregados e autoridades obviamemte! e, eventualmente, USAREN, tamén a través dos seus empregados e autoridades, a ou as linguas declaradas oficiais.
Ven isto a conto porque os galegoexterminadores obxectivos, conscientemente ou non, os defensores obxectivos da progresiva extinción do galego por medio da indebida merma dos seus usuarios, afirman teimuda e temerariamente que da oficialidade do castelán e mais do galego na Galiza se pode deducir o (INEXISTENTE!) dereito a escolleren de entre as oficiais a lingua de uso en calquera actividade ou circunstancia de comunicación lingüística.
Sendo, por outra banda, certo, moi certo!, que existe o dereito constitucionalmente recoñecido (art. 3 CE) a usar o castelán na Galiza ( e o polaco, e o chinés, e calquera das outras seis mil, disque, linguas que hai no mundo ex art. 27 PIDCP!), e sendo igualmente certo, moi certo tamén!, que existe o dereito constitucional (14 CE) e estatutariamente (5 EAG) recoñecido a usar o galego na Galiza; non é menos certo que eses dereitos nin son absolutos nin se poden exercitar de xeito abusivo: hai circunstancias nas que un deles ten que ceder fronte ó outro.
Como o dereito de uso non se limita á facultade de expresarse, senón que integra as facultades de expresarse e mais de informarse (uso activo e pasivo, oral e escrito), cando dous interlocutores pretenden exercitar o dereito de uso de linguas distintas, expresándose en cadansúa lingua, a comunicación resulta imposíbel (agás que se coñeza a lingua do outro!, que será en todo caso algo alleo ó dereito de uso), e o exercitamento do dereito tamén!
Nesta circunstancia o dereito dun deles NECESARIAMENTE ten que quedar suspenso para que o outro poda exercitar o seu. Nesta situación preséntase o problema de discernir cal dos dereitos entra en suspensión e cal deles se exercita. E, a solución, para o caso da Galiza é a seguinte: a) Se os interlocutores coñecen ou deben coñecer o galego (14 CE) usarán o galego (3.3 CE); e, b) Se algún dos interlocutores, ou ambos!, sendo españois ambos, descoñece LEXITIMAMENTE o galego (porque razoabelmente non puido aínda aprendelo) usaran o castelán ou outra lingua que coñezan (14 CE).
A solución non é, como algúns pretenden, que cada un se EXPRESE no que lle pete, con tal de que se entendan; pois, o DEREITO non é unha liberdade, é un poder que o titular ten sobre alguén, o dereito ó uso dunha lingua non é viábel sen coñecela e significa esencialmente dispor, coa intermediación do Estado de ser o caso, de interlocutores nesa lingua (uso pasivo); ten unha finalidade social (comunicación, tamén da identidade cultural!) e non só unha satisfacción individual (emitir sons, lingüísticos ou non!, por propio pracer ou interese).
Por outra banda, a CE esixe un especial respecto e protección das modalidades lingüísticas de España (3.3 CE) e, daquela, a fortiori, con moita máis razón!, das linguas españolas (calquera que sexa o significado que lle queiramos dar a "modalidade lingüística").
Así, se existira o dereito a ESCOLLER lingua de entre as oficiais na Galiza e todos escolleramos o castelán (de tal “dereito” serí
iamos titulares todos os españois na Galiza, obviamente!), é máis que obvio que o galego NON recibiría absolutamente NINGÚN tipo de protección nin respecto (que como mínimo esixen que se conserve como lingua viva, que non morra, se extinga ou vire en lingua morta!), infrinxíndose manifestamente o art. 3.3 CE. De aí que esta redución ó absurdo nos leva a concluir con clareza que ese dereito de escolla é INEXISTENTE.
Á mesma conclusión se chega se todos escolleran o galego porque; en primeiro lugar, quen non o sabe non o pode escoller (e hai españois que non o saben, non o dubidemos!, e hainos que non o queren saber!), non podería razoabelmente ser titular dun dereito que non pode exercitar e, caso de que o escolla sen ser capaz de usalo, a súa escolla sería gora, inútil, non desempeñaría ningunha función social, sería antixurídica e irracional, algo NUNCA buscado polo dereito nin por ningunha norma xurídica.
Así as cousas, xuridicamente, en dereito é IMPOSÍBEL a existencia do por algúns pretendido “dereito” de OPCIÓN ou escolla de lingua oficial na Galiza ou, analogamente, en calquera outro territorio español con lingua propia oficial distinta do castelán (como é sabido, o caso do uso do castelán no seu territorio propio e do uso de linguas alleas no seu territorio non experimenta ex constitutione ningún cambio verbo da situación preconstitucional).
2ª) Non sendo admisíbel en dereito a pretensión da existencia do “dereito” de opción ou escolla de lingua oficial nos territorios españois con réxime de cooficialidade lingüística procede determinar cando se poden exercitar os dereitos de uso do galego ou do castelán na Galiza, cando hai obriga, no seu caso, de usar un ou o outro e cales son as cargas, prexuízos ou sancións que conleva o incumprimento desas obrigas lingüísticas. Vexámolo!
Como é ben sabido, xa no seu preámbulo a Constitución Española de 1978 constata que a Nación española (os pobos de España) proclama a súa vontade de, entre outros moi poucos obxectivos xerais!, o de “protexer a todos os españois e pobos de España no exercicio dos DEREITOS HUMANOS (v.g. art. 27 PIDCP da ONU), das súas CULTURAS, das súas LINGUAS e istitucións”. E, presidindo a relación dos máis valiosos dereitos e liberdades da persoa humana, indica (art. 14 CE) que “os españois son iguais perante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha..... por calquera condición ou circunstancia persoal ou social” (cfr. co tamén art. 14 CEDH, vía art. 10 CE). Impoñéndolles asemade ós poderes públicos a obriga de “promoveren as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e mais dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas, removendo os atrancos que impidan ou estorben a súa plenitude..” (art. 9 CE).
Esta prohibición constitucional de discriminación lingüística, xunto cos valores superiores do ordenamento xurídico (1.1 CE), principio xeral do dereito e dereito fundamental á igualdade (14 CE) esixen, por unha banda, TRATAR IGUAL OS IGUAIS (as linguas propias entre si e as linguas alleas entre si; isto é, tratar igual os usuarios dunha lingua española no seu territorio propio que os de calquera outra no seu, e tratar igual os usuarios dunha lingua allea que os de outra tamén allea no territorio propio doutra terceira) e, por outra, TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES (a lingua propia e a lingua allea; isto e, tratar diferente os usuarios da lingua propia no seu territorio verbo dos usuarios de lingua allea no territorio propio doutra).
Mais, ese TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES por motivos lingüísticos non pode ignorar que “a Constitución fundaméntase na indisolúbel unidade da Nación española, patria común e indivisíbel de todos os españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas” (art. 2); que “os españois teñen dereito a elixiren libremente a súa residencia e a circularen por todo o territorio nacional (art. 19.I CE), e que, “todos os españois teñen os mesmos dereitos e obrigas en calquera parte do territorio do Estado (art. 136.1CE).
Por iso xa o constituínte estableceu unha lingua (o castelán, que aínda que no momento de aprobación da Constitución puido ser unha opción herdeira do autarquismo franquista e, daquela, pouco internacionalista, hoxe debería ser substituído como lingua común ou universal por outra que permitira unha comunicación lingüística directa entre membros dun maior número de comunidades lingüísticas do mundo, sen prexuízo da conveniencia de coñecermos os membros de cada comunidade lingüística española a lingua ou linguas das comunidades lingüísticas veciñas) como lingua común ou universal no pequecho universo das linguas españolas impondo a súa oficialidade (deber de coñecemento e eventual uso por parte dos poderes públicos a través dos seus empregados e autoridades) e mais o deber xeral de coñecela PARA, EVENTUALMENTE, USÁRMOLA tamén os particulares con quen lexitimamente aínda descoñeza a lingua propia do territorio (art. 3.1 e 2, e 14 CE).
Esta estrutura complexa do Estado español, tanto desde o enfoque da distribución territorial do poder político-administrativo coma da realidade plurilingüística determinan un réxime de usos lingüísticos no que a lingua propia do territorio sexa a lingua de uso xeral, normal ou habitual no seu territorio propio respectivo (o castelán en Castela, o galego na Galiza, o ... en ... ), como condición necesaria para o seu respecto e protección constitucionalmente esixidos ex art. 3.3 CE e garantía do preceptuado no art. 14 CE; e a lingua común, interlingua, lingua de integración ou antidiscriminatoria (o castelán fóra do seu territorio propio, a substituir por outra de maior potencialidade interlingüística coma o inglés, esperanto, ... ) a lingua que permita a comunicación lingüística directa entre españois membros de distintas comunidades lingüísticas españolas e mais a integración dos españois dunha comunidade lingüística española noutra.
De aí a regra-resumo en materia de dereitos lingüísticos na Galiza: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, SEN PREXUÍZO DE USARMOS LINGUAS ALLEAS, NOMEADAMENTE O CASTELÁN COS OUTROS ESPAÑOIS (inglés, esperanto, ... cos outros terráqueos), CON QUEN LEXITIMAMENTE AÍNDA DESCOÑEZA A LINGUA PROPIA DA GALIZA.
Así todo, como xa se adiantou, o que existe é a obriga de usarmos a correspondente lingua territorial (obxecto de especial respecto e protección) no seu territorio propio respectivo con carácter xeral ou habitual, e isto sen prexuízo de usar linguas alleas con quen lexitimamente (por falta de arraigamento v.g.) descoñeza a lingua propia do territorio, nomeadamente o castelán cos españois doutras comunidades lingüísticas españolas que descoñezan a nosa, e todo isto sen prexuízo asemade doutros usos de linguas alleas iocandi causa, docendi causa ou por outras causas debidamente xustificadas.
Réxime lingüísico que, completado co art. 27 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos da ONU, tamén permite que ENTRE ELES usen a súa lingua persoal os membros de calquera comunidade lingüística distinta da propia do territorio; mais, coa obriga (ex arts. 3.3 e 14 CE) de se integraren na respectiva comunidade lingüística española de cada territorio.
Así o entendeu xa tamén o propio Tribunal Constitucional na referida sentenza 82/86 (fx. 3º), ó dicir que “a posibilidade de usar só unha delas (das linguas oficiais) en vez de ambas á vez, e a de usalas indistintamente, aparece CONDICIONADA, nas relacións cos particulares, polos DEREITOS que a Constitución e os estatutos lles (ós particulares) atribúen....sendo o dereito das persoas (naturais) ó uso dunha lingua oficial un dereito fundado na Constitución e mais no respectivo estatuto de autonomía”.
Tamén o ven entendendo así o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza na súas sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo nº 573/95 do 14.09.95, e nº 739 do 16.11.95; cando di que “é oportuno lembrar que o problema suscitado non é o da validez ou carácter oficial do galego ou do castelán, senón o do dereito do cidadán a que se utilice unha ou outra lingua nas súas relacións coa Administración, e a conseguinte obriga desta última a posibilitar o exercicio de tal dereito.
Daquela, se a posibilidade de usarmos os particulares unha ou outra lingua vén condicionada tanto por dereitos subxectivos (non discriminación e igualdade) coma por obxectivos colectivos (respecto e protección do patrimonio cultural da humanidade), tamén está sometido a eses condicionamentos o uso das linguas por parte dos órganos dos poderes e administracións públicas (que adquiren a súa lexitimidade das potestades que lles atribuímos a cidadanía).
Por outro lado, segue plenamente vixente o art. 6.3 do código civil (malia non ter sido aínda publicado en galego) establecendo a nulidade de pleno dereito dos actos contrarios ás normas imperativas e ás prohibitivas (“ Los actos contrarios a las normas imperativas y a las prohibitivas son nulos de pleno derecho, salvo que en ellas se establezca un efecto distinto para el caso de contravención”).
Daquela, sendo imperativas ou prohibitivas tanto as normas constitucionais aludidas coma as estatutarias e legais en materia de dereitos e usos lingüísticos, resulta inexorábel a nulidade dos actos que non se acomoden ó por elas prescrito.
E, amais, ex art. 53.1 CE, corresponde ex officio A TODOS OS PODERES PÚBLICOS (e Administracións públicas) impedir calquera violación do dereito fundamental á igualdade e á non discriminación TAMÉN!! por mor ou causa de lingua (NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo...) e, daquela, aprezar a nulidade e ausencia de todo efecto das condutas lingüísticas infractoras do ordenamento imperativo ou prohibitivo.
3ª) En boa lóxica xurídica, falar de obrigas lingüísticas ou de dereitos lingüísticos é falar da mesma relación xurídica aínda que vista, respectivamente, desde a posición xurídica do obrigado ou do que ten o poder, coa intermediación do Estado de ser o caso, de obrigalo.
Que vaian a Chequia, Francia, Alemaña, Suiza, Luxemburgo, Austria, Hungría, e verán de que serve aí o castelán. Ou tes algún rudimento de inglés ou estás perdido. Se viaxaran un pouco non se pensarían o embigo do mundo. Agora ben, por moito que lles digamos non nos van entender. Por eso, como estou pensando en cambiar o meu coche, se á fin o fago, non o vou mercar en concesionario ningún de Vigo por preto que os teña. Se todos actuásemos igual habían de entendernos á perfección. Recoiro se habían de entendernos; aínda que falásemos arameo.
¿porque minten? teremos que velo no seu tempo....
Pero o certo é que nunhas escolas nas cales o 83% das mesmas non cumplen cas normas de normalización linguistica non se pode decir que "desaparecera o castelan do ensino"...
E agora soio queda pensar... ¿porque minten?, ¿que esperan acadar con isto?... e ¿a quen beneficia isto?.
A mentira e a calumnia soio fai deste foro que sexa ainda menos creible que Galicia Bifida
Se isto non é unha campaña "orquestrada na escuridade", que veña o demo e me leve. Fogo a todo "filispín", cos medios amigos e hostís coa lingua. Aínda coa merda fresca do CFV e de Alvarito, e o Faro de Vigo, grande cobrador de subvencións de sub-Normalización lingüística, xa pon os focos, a cámara e o micro para que esa valente filla de puta representante de GB empece a largar outravolta sobre a penosa persecución da que son obxecto... ai, ai, http://www.farodevigo.es/secci...
A serio que produce carraxe, mágoa e mesmo, gañas de ....
Eu tamén acabo de enviar o seguinte mail á Universidade de Vigo (informacion@univgo.es):
Estimados Sres/as:
Solicito q este texto sexa enviado á persoa/cargo adecuado dentro da Universidade de Vigo.
"Gostaría de amosar a miña indignación por mor do manifesto que o Clube Financeiro de Vigo aprobou (supostamente por unanimidade) no que se indica que o castelán está discriminado no ensino.
A universidade é membro de dita sociedade, e paréceme que o comunicado desta falta totalmente á verdade, e sobre todo, é claramente partidista. Como exemplo poño o caso da que vivo e onde a día de hoxe non existe ningún centro de secundario onde se garanta, aló menos, que o 50% das clases se impartirán en galego, pois unha cousa son as leis e outra ben distinta é aplicalas.
Para nada estou en contra do castelán, senón todo o contrario, pois coñecer e dominar outros idiomas e culturas nos enriquece e fai máis productivos, pero considero que a nosa lingua é patrimonio de todos nós e ise manifesto non fai máis que tirar pedras contra un ben común que debemos coidar, porque nos define coma o que somos, galegos.
Gostaria tamén q esta Universidade á que pertencín faga público un comunicado rexeitando tal informe e tome medidas, dentro da sua capacidade para depurar responsabilidades.
Un cordial saúdo"
A ver, veñen de me comunicar, por vías paralelas a esta, que non cómpre insultar á xente aínda que se pense (opinión) que esa xente se axuste ao perfil significado con tal significante....
Está ben, é certo. Non era a intención faltarlle, simplesmente utilicei unha expresión como recurso lingüístico adxectivante, unha licenza literaria.
Retiro o de "valente f.p." do meu anterior comentario.
Pero manteño a miña opinión sobre ese grupo de persoas, sobre os seus medios e os seus fins.
Enviei ontem esta mensagem à responsável pela empresa Águas de Mondariz, que se posiciona na linha das declarações do Clube Financeiro de Vigo:
Minha senhora, não me venha com escusas de mal pagador. Em tempos de crise, como estes, os empresários fracos costumam utilizar escusas várias para justificar os seus fracassos. Uns dizem que foi a má sorte, outros, deitam as culpas nas normas estabelecidas. Será que Águas de Mondariz e os seus colegas do Clube Financeiro de Vigo pretendem justificar a sua perda de benefícios, descarregando a culpa no ensino do galego? Mal caminho, porque os accionistas não costumam ser piadosos com os gestores ineficazes.
Já os imagino redigindo a sua Memória Anual: "A culpa é do galego". Não nos venham com truques de manhosos, que já vimos de volta. Deixem-se de escusas e manobras de despiste, e dediquem-se a fazer empresa, e país. E se querem trabalhadores qualificados, PAGUEM-LHES O QUE MERECEM.
Não me envie mais propaganda da sua empresa. Quando quiser saber o estado financeiro de Águas de Mondariz, irei ao Registo Mercantil.
Outro assunto: as pessoas prudentes não falam do que desconhecem. A senhora atreve-se a dizer que o galego não é português: RESPOSTA EQUIVOCADA. Os empresários inteligentes já utilizam o galego, o português da Galiza, para fidelizar os clientes e fazer negócios com os países lusófonos. O galego é um instrumento de comunicação internacional, uma vantagem competitiva. A senhora tem um problema de percepção da realidade, tem conceito do galego muito antiquado, atrasado. O que "vende" agora é o galego associado a conceitos de modernidade, moda, cultura e autenticidade. Recomendo que se ACTUALIZE, e se INFORME.
E ainda outro tema: não presumam tanto de ser os "salvadores da pátria". Outros, com menos ruído, também fazem empresa ... EM GALEGO TAMBÉM SE GANHA DINHEIRO.
Sigamos enviando menxases de rexeitamento ás empresas asociadas ó CFV e deixemos de consumir o que nos venden. Estalles doendo; e ben.
Disque “El Mundo” publicou isto no passado 2 de Setembro.(traduzido)
“os colégios públicos da CAG impartem a totalidade do ensino em galego, agás em algum caso disciplinas menores como Educaçom Física ou Religiom. Os centros privados utilizam o galego em todas as disciplinas troncais, inclusive as matemáticas. Os pais nom disponhem de nenhuma opçom para educar aos seus filhos em castelhano, já que nenhum centro está autorizado a isso.
“amplos sectores da sociedade desta comunidade autónoma mostrárom a sua preocupaçom com a imposiçom do galego e a eliminaçom do idioma comum. Especial angústia causa nas classes humildes dumha regiom em que conhecer o espanhol permitiu aceder a postos laborais em toda a geografia nacional, nomeadamente no sector turístico”.
Los galleguistas os quejais de vício
Maravilloso Hermerico; o que eu sempre digo: España y sus colonias.
Moitas gracias, España, por nos permitir coñecer a vosa lingua e deixarnos seguir a emigrar e a traballar fora da Galiza, os galleguiños etámosvos moi agradecidos.
Non ten ningún xeito que o 90% das empresas do Clube Financieiro apoien este comunicado. Deberían denunciar ós dous papanatas esos.
Lenin, escreve (e-mail) para aguas de Mondariz protestando polo tema, vas alucinar com a contestaçom
info@aguasdemondariz.com
Assunto: Nem "magia inspiracional" nem "melodía poética": LÍNGUA DA GALIZA.
Senhores de Água de Mondariz,
Quero expressar-lhes a minha decisão como consumidor de DEIXAR DE COMPRAR a sua água e indidar a TODOS OS MEUS AMIGOS que deixem de adquirir os seus produtos.
Os motivos são as últimas declarações do Clube Financeiro de Vigo a as respostas dadas por Aguas de Mondariz às queixas dos e das, agora, seus ex-consumidores.
Atentamente,
NOME
ex-consumidor de Água de Mondariz
Ps. Galego e Português são nomes e variantes duma mesma língua internacional.