Os sindicatos prevén perdas de postos de traballo e a perda de influencia das estacións de Lugo e A Coruña, ademais do prexuízo para os usuarios.
Será a partir do vindeiro día 15 deste mes. Renfe decidiu suprimir o Talgo que realizaba a ruta entre A Coruña e Barcelona, un percorrido que até o de agora se vén realizando entre as dúas cidades os luns, mércores, venres e domingos, con saída ás 7 da mañá e chegada ás 11:30 da noite. No seu traxecto pasa polas estacións galegas de Betanzos, Curtis, Guitiriz, Lugo, Sarria, Monforte, Quiroga, A Rúa e O Barco. Porén, Renfe vén de decidir a eliminación deste servizo para substituílo por un novo tipo de tren, o Alvia, que supostamente é máis moderno e ademais, pode circular polas vías de anchura española, e tamén polas futuras vías do AVE (que terán a medida internacional). Pero este novo ferrocarril non sairá dende A Coruña, senón de Vigo, e non pasará pola cidade de Lugo, onde colectivos sociais, políticos e veciñais xa alzaron a súa voz na contra da súa supresión.
O obxectivo é reducir o tempo da viaxe: que pasará das 16 horas e media actuais a 14, é dicir, neste traxecto aforraríase unha hora e media. Así, aqueles viaxeiros de Lugo ou A Coruña que queiran subir ao novo Alvia deberán facer un transbordo en Monforte, xa que Renfe porá en marcha un novo servizo A Coruña – Lugo – Monforte, cuns horarios coordinados co que viaxa para Barcelona. O número de usuarios diarios deste servizo ascenden actualmente a 300, dos que uns 25 fan o traxecto completo.
Nin AVE nin conexión interior
O sector ferroviario de Comisións Obreiras xa denunciara hai un mes as intencións de Renfe de suprimir o Talgo, intencións que xa daquela foran negadas pola compañía. Un dos seus voceiros, Ramiro Otero, considera que esta decisión suporá un prexuízo claro para os usuarios, que terán que coller dous trens para facer o mesmo percorrido que antes facían cun só. Pero ademais, prevé a perda de influencia das estacións polas que deixará de pasar o tren, como a de Lugo, e a afección aos postos de traballo. Neste eido, agárdase a perda de postos vencellados co mantemento das estacións, coa súa limpeza ou coa venta de billetes. Precisamente neste sector está prevista unha folga laboral a curto prazo, reivindicando a continuidade das ocupacións.
Ademais, dende este sindicato denuncian que o cambio de tren non obedeza a unha verdadeira modernización, xa que, segundo CCOO, o que se fará é aproveitar o material xa empregado noutras comunidades, fundamentalmente do Mediterráneo. A alternativa que promoven dende estes eidos é a de manter a liña e incrementar a frecuencia dos trens, así como a súa conexión con outras estacións. Ramiro Otero lamenta que o único debate actual se manteña sobre o ano de chegada do AVE, mentres se está a desmantelar o servizo existente e a rede interior de ferrocarrís. Reclaman o apoio da Xunta e dos grupos políticos para evitar esta reorganización do sistema de trens e adiantan que a seguinte supresión será a do expreso Ferrol – Madrid.
Ademais dos sindicatos, outros colectivos xa se adiantaron a criticar a supresión do Talgo. En Lugo, unha das cidades máis afectadas, o BNG, xa lamentou a decisión e reclamou conexións directas con Madrid, Barcelona e Oporto, así como a modernización da rede interior. No mesmo sentido se manifestaron organizacións empresariais, comerciais e veciñais.
Opinión de Renfe
Doutra maneira ven as cousas dende Renfe. Dende a empresa reiteran que a eliminación deste servizo non é máis que para mellorar a súa calidade e recordan que o tempo de viaxe se reduce considerabelmente. Recoñecen que será necesario un transbordo en Monforte, pero entenden que será ben aceptado polos usuarios a cambio de restar case dúas horas ao traxecto.
En canto ao custe que terá a viaxe no novo Alvia entenden que se encarecerá para aqueles usuarios que sobrepasen León, porque este traxecto xa empregará a liña de alta velocidade, de aí que o mesmo percorrido se faga en menos tempo. Os billetes para este novo tren Vigo – Barcelona xa se poden mercar na web de Renfe, sen embargo, aínda non están a disposición os do traxecto A Coruña – Lugo – Monforte, necesarios para os transbordos daqueles que non parten de Vigo, aínda que nos aseguran que se porán á venta en breves. Finalmente, no referente á perda de traballos, Renfe asegura descoñecer o tema, xa que dependería do Adif. Igualmente, entende que o seu obxectivo é o de ofrecer un mellor servizo aos usuarios, e considera que se conseguirá coa substitución do Talgo polo Alvia.
De todos os xeitos, a Estrella desta empresa segue a ser o mesmo tren. Quen quere AVE nin xo, tendo o Estrella?
Non me tokedes o karalho.
Vigo Kapital.
Korunha e Lugo unha merda?
Así nos vai.
Mentres que nos venden a moto co puto AVE (xa veredes, sobra dicir que vai se-lo máis lento , o máis barato, o máis caro... e por suposto oque máis tarde en chegar- non vai a canarias antes porque aínda non souberon cómo), están a aplicar un metódico plan de eliminar a xa de por sí escasa e lamentable rede ferroviaria de cercanías e media distancia.
Ou é que non temos ollos: no eixe máis transitado de Galicia, A Coruña- Vigo, faltoulles tempo para levantar xa as vías dos tramos polos que xa non circulan 8coas conseguintes paradas que xa non se fan).
Neste tempo de carestía, efecto invernadoiro, de replantexamento das modalidades de transporte, é este o modelo que nos ofertan a politicada de merda deste país?? o tren para funcionarios e ricos que só pare nos principais núcleos? acaso non ven que economía deste país a sustentan a inmensa maioría que sobe/ baixa nesas estacións intermedias (santaia, queixas, etc.)?? así imos deixalo coche na casa??
o dito: temos uns xestores de merda¡¡ (moito viaxan, pero nin saben copiar o que xa funciona noutros territorios ben máis avanzados.
Unha grandísima putada.
Teño un familiar que ten que viaxar desde A Coruña a Pamplona con certa frecuencia por unha enfermidade grave. Quedouse sen tren directo.
Fai anos cando o fillo de Paco Vázquez estudaba en Pamplona, había un avión de Santiago a Pamplona unha ou dúas veces á semana. Tamén o suprimiron.
Os enlaces con Pamplona por avión (A Coruña-Madrid-Pamplona)son longos e caros (e máis se incluimos os taxis aos aeroportos, pois non hai nin buses nin metros) Os enlaces por tren son unha carallada. Visitade a páxina de Renfe e veredes o que tarda.
En coche tárdase aproximadamente 7 horas. Parando dúas veces 15 minutos cada vez. En tren tardábase 10 horas. Agora cos transbordos non baixa de 14 horas.
O problema gordo está no que tarda o tren da Coruña a Ponferrada (nada de Monforte). Tarda 5 horas, cando en coche o fas en 2h-2h.30'.
Pondo unha rede ferroviaria decente, dentro de Galiza, e inclúo a Ponferrada, o tren podía tardar 2 horas en chegar da Coruña a Ponferrada.
Con comunicacións boas e frecuentes a xente deixaría o coche e animaríase máis polo tren. Holanda e Alemaña son uns exemplos de comunicacións ferroviarias e iso que Holanda non o ten nada fácil pola súa cantidade de canles.
Ese tren en Monforte partíase en dous: uns vagóns prá Coruña e outros pra Vigo. O problema é que a Monforte sempre chega moi impuntual e despois, ao alixeirar, recupera o tempo (polo menos prós que van a Vigo). Se segue chegando corenta minutos tarde a Monforte, xa ves ti que graza facer o transbordo (de seguro que hai que esperar), ademais de ser sempre máis incómodo.
E Betanzos? Qué pasa con Betanzos?
Eu quero ir pra Barcelona direitiño.
Ren de abordaxes en Lemos!!
Todo isto gracias ao en que nos dotou sempre,e ao moito que nos tivo en conta o estado espanhol. E hai quen os defende a toda costa..
u-lo os que fan concentracios en Zamora exixindo o TAV?
dos outros, xa sabemos o que podemos esperar... mais destos, mentras pechan a metade das liñas ferroviarias: Coruña-Betanzos é a seguinte, co acordo de todos... u-lo estan; nas consellerias e chorando por máis diñeiro para depedencia, para tráfico, para trangalladas...que so dan votos ou diñeiros a controlar (100 millons para dependencia, 35 millons de tráficos, este é o problema, controlar o diñeiro, os servizos publicos, que lles den).
E o tte publico que usamos todos os días? e a saúde que usamos todos os días?, U-LO O BNG, o defensor da Galiza?
financiamento da dependencia
Galicia reclama cen millóns para financiar a dependencia no 2009
A Xunta tamén insiste en que se apliquen mellor os criterios de dispersión e envellecemento
Vicepresidencia asegura que o Goberno central débelle 20 millóns da aplicación da lei neste exercicio
Quintana, vas deixar Galiza como un campo de xubilados.
Quitana, como Fraga,... pasos maritimos, bailes cos xubilados, e diñeiro para repartir... O demáis importalle un carallo!!!!!
Por certo, e co diñeiro que exixe que faga unha boa rede publica de residencias para vellos, e non privatice o servizo a través de subvecions as empresas/ongs que se adican o tema.
Remendos sobre remendos. Galiza toda remendada. Que vergonha...
Xa está o Ulo terxiversando. Pois a ver, onde están
-Nós-Up&Down
-Frente Popular Chinesa
-ou mesmo a EU-IU-Oi-Ai-carallo?
Estás equivocado de xornal rapaciño...
Joder quen será peor,este ou o gaivotas?
Coido que este, o outro barrabasadas qe le en el mundo,este vaise de intelectual...que pesadelo,joder..
Donde lles pete estar.... O metodo do ventilador, o de tirar merda para todo dios ten patas curtas.
O BNG decideu estar onde esta, no goberno... enton aguantar as criticas e non tirar balons fora.
U-lo o BNG ante o peche da liña de Coruña Betanzos, do talgo a Barna, U-lo o BNG?. So fago unha pregunta, se non gusta... pois allos.
El AVE de ZP...apoyado por el BNG:
Fomento se plantea que el AVE llegue por vía única y con velocidad limitada
La entrada a Galicia se haría temporalmente por el actual trazado hasta culminar el Ourense-Lubián en el 2015
http://www.lavozdegalicia.es/g...
O TAV, tanto do PP como o da Xunta actual é a morte do tren na Galiza. O TAV levase por diante calque posibilidade dun tren de proximidades na Galiza.
Todo dios esta a silenciar o que vai a acontecer coa liña de Coruña Betanzos, xa ameazada por Paco Vazquez, cando a liña TAV vaia dende Betanzos ata Coruña por Uxes, e fique en via morta a que vai por donde mora a xente, a ría.
Xa pecharon Cerceda, xa pecharon na práctica Ordes, xa pecharon Portas, etc. Este é o final para o tren na Galiza: chegaremos a Madrid en duas horas e media -con sorte- mais non teremos tren a Ferrol ou Lugo.
E isto apoiao o BNG. Diga o que diga.
O vendepatrias Quintana fala moito de outras competencias, mais silencia que o estatuto actual asume competencias exclusiva en materia de "ferrocarriles y carreteras no incorporados a la red del Estado cuyo itinerario se desarrolle íntegramente en el territorio de la Comunidad Autónoma, y en los mismos términos, el transporte llevado a cabo por estos medios o por cable".
Das estradas fala todo dios, mais das competencias sobre o tren ninguen.
As comunidades que tando admirades os quintanistas, Euzkadi e Catalunha ha tempo que teñen asumido esas competencias; Valencia dende o 86. Porque demo Galiza non?.
Que Fraga non o fixera, era normal, do PP non se pode esperar outra cousa. O PSdG o mesmo. O BNG esta actuando como un vende patrias, qeu por unha esmola nos orzamentos, apoia unha cuestion que envianos ao seculos XIX no que é, para todos menos para os politicos galegos, o sistema de tte do futuro, o TREN, e non me refiro o AVE, senon a integracion territorial pola via da sistema menos contaminante e máis seguro e barato.
E sería tan facil como establecer e negociar co Estado a transmision das competencias, como se esta a facer con outras.
Pero non, o vende patrias Quintana actua como un Fraga en pequeno: moitos Gaias, moitos portos exteriores, moitos planos acuicolas (ainda que se desmarquen del, o aprobado aprobado esta), moitos planos eolicos, moitos planos para a burguesia.
pero a xente ten que moverse, ten que ir o traballo ou o lecer, ou a mercar... e para elo, ou tes tte publico ou tes que coller o teu coche, co gasto que supon un coche particular (combustible, seguro, mantenimento, aparcamento, etc.).
É máis, e o que non teña coche, como vai o traballo, como fai?, ANDANDO?. Porque a xente de a pé non tén coche oficial.
Alen máis, o non apoio ao tte publico favorece a emigracion (por iso Quintana é un vendepatrias): se ti non tes traballo en Ferrol, pero podes telo na Coruña (ou viceversa, ou nos poligonos do camiño), o mesmo vale para Pontevedra, Vigo, ou Vilagarcia, Ou Compostela e Rianxo, ou Padron; pero non tés coche, como non ha tte publico barato (o bus é caro), pois date o mesmo buscar traballo na Coruña ou viceversa que en Tarragona ou Algeciras. Total, tes que deixar a túa casa en trasladarte de cidade.
Se pós un tte axeita, un tren con horarios axeitados, ao mellor esa persoa din, pois traballo en Coruña ou viceversa. Tardo 30 ou 40, ou unha hora en chegar... que é o que lle vai a acontecer en Tarragona ou Algeciras, porque alí si teñen tren de proximidades.
O AVE remata con ista posibilidade, pois todos os investimentos de do estado aprobadas para os camiños de ferro galegos vanse para el (aprobado co voto favorable do BNG o ano pasado, son feitos, non insultos); e nada para manter -que non mellorar- a situacion actual.
E repito, é moi facil a solucion -alguen por aí falou de solucions-: que se aplique o actual estatuto, e a Xunta colla as competencias que lle correspondan, constitúa unha sociedade publica de ttes ferroviario, e se faga cargo do tte que o TAV vai pechando, e os que REnfe/Adif non utiliza hoxe.
Pero Quintana prefire manexar os centos de millons de dependencia ou de Tráfico, que os quebraderos de cabeza que supon o establecer un sistema ferroviario GALEGO.
Eso si e "crer neste país", e non o que fai Quintana.
Que xa esta ben de hipocresias.
undetantos contestame ou cala... que so os traidores insultan e non demostran.
E Tino, coida a túa saúde, porque vexo que vas camiño de depresion, en canto sexas conscente da traizon do BNG.
O trem da bruxa com a vassoura é o que mais kilómetros tem e melhor anda na Galiza.
Ulo, concordo contigo mais ou menos
ulo se pensara coma ti votaría ó PP.
Así o BNG pasaría á oposición e podería protestar por todo, como agora fai Feijoo, sen abandonar os seus principios e ter que ceder en ningún punto. Conservaría a súa pureza doutrinal ata o fin dos séculos(ou ata o fin de Galiza). ¡Que mundo mais marabilloso, o PP(ou o PSOE) gobernando sempre en Galiza!
Cando penso na rede de autoestradas(de balde), metros, trens de cercanías e trens de larga e curta distancia que ten Madrid maréanseme os miolos.
lenin... non é necesario votar ao pp para facer politicas para a dereita, con votar o bng chega.
O pp, como o bng, non falan de facer residencias publicas para os xubilados, que para entrar nunha publica é como facer un plan de xubilacion tes que pedir praza con 40 anos, e deixarse de tanto baile.... O PP como o BNG non falan de facer un tren de proximidades, mais si do AVE, e compiten a ver que exixen máis do goberno de Madrid.
O PP como o BNG queren un plan acuicola para as multinacionais, só discuten o nivel que vai afectar a rede natura... E das condicions dos traballadore van as plantas nin palabra, nin un nin outro.
O PP como o BNG queren facer o Gaiás, gastarse o mesmo diñeiro. A diferenza é que un chamarialle Mausoleo Fraga e o outro Cidade da Cultura Anxela Bugallo, mais o despilfarro é o mesmo.
O PP como o BNG rexeitan sine die a constitucion das áreas metropolitanas, tal e como anunciou Mendez Romeu (outro que tal, vazquista ata a medula).
O PP como BNG apoian a presenza de tropas españolas no Afgnistán ou Libano.
O PP como o BNG estan dacordo cunha politica economica contra crise que pode resumirse nunha palabra: subvencion!.
Algunha diferenza, pois si. Algunha ha, máis no fondo, non ha moitas diferenzas.
O xogo Touriño, Feijoo e Quitana é como o xogo entre os candidatos ianquis...
E por certo... ti den quen eres, de Quintana ou de Lobeira.
E votar o PP.... ti algun día terminaras votandoo indirectamente, porque non sería raro que houbera un goberno PP-BNG. É unha variante que non podes despreciar, pois esta sobre a mesa.
Polo miña banda, NUNCA ESTAREI NIN PERTO DOS FRANQUISTAS DO PP.
É máis, o PP é o inimigo a batir, e a criticas ao bipartito son porque a súa politica non rompeu co pasado fraguista. Se o bipartito rompera coa politica do PP; seguro que nin eu nin moitos miles máis faríamos as criticas que facemos.
O problema é que fan a mesma politica. Nin máis nin menos.
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, salientou a necesidade de construír espazos de consenso e alianza entre o goberno e a iniciativa empresarial para multiplicar os capitais colectivos de Galiza en épocas de crise económica. Xornal de hoxe.
Esto é "crer" na Galiza, ou "crer" nos empresarios galegos?, que explotan -concepto que a mellor non entendes- aos traballadores galegos.