Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A LIMIA RECUPERA A SÚA MEMORIA

A Lagoa da Antela, medio século dunha desfeita

En setembro de 1958 principiaban os traballos que desecaron un humidal de extraordinario valor.

Redacción - 11:30 04/09/2008
Tags: A Limia lagoa
Autoridades franquistas supervisan as obras

Autoridades franquistas supervisan as obras

Hai medio século comezaban as obras de desecamento da mítica lagoa de Antela, en terras da Limia. Dous anos antes, unha resolución administrativa acordara rematar cun dos humidais máis importantes da Península Ibérica. Os seus corenta quilómetros de extensión comprendían unha extraordinaria riqueza natural. A profundidade das súas augas era de 60 centímetros aínda que había zonas onde chegaba aos 3 metros. A principios dos 70 a lagoa xa non era máis que unha lembranza. Nesa época as autoridades procederon ao reparto de parcelas entre colonos. Os humidais deron paso a enormes extensións con cultivos de patacas e areeiras. Agora a Xunta ten en marcha un proxecto para a recuperación parcial da antiga lagoa

O humidal, situado a 615 metros de altitude, ocupaba terras dos actuais concellos de Xinzo de Limia, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga e A Porqueira. Arredor da lagoa naceron lendas que foron transmitidas de xeración en xeración. Agora, coincidindo coa efeméride, o Concello de Sandiás ten previstas unhas xornadas para recuperar a súa historia.


4,59/5 (17 votos)


Comentarios (8)

galeguzo #1 4/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O caso da lagoa de Antela foi dramático, ademais de um atentado ecológico que alterou toda a climatologia, flora e fauna da zona. Proponho ao pessoal de Vieiros deslocar-se até alô e fazer uma reportagem em profundidade, porque decerto vale a pena.

dumiense #2 4/Setembro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E tudo para catro xefazos que viven das patacas pois os que traballan na terra seguro que teñen que buscar outros sitios pq non lles chega a miseria que lles pagan. Seguro que lles era mellor vivir da lagoa!!!

xardon #3 4/Setembro/2008 xardon
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Desde o local social da Limia "Aguilhoar" tamén se levou a cabo unha campaña conmemorando a efeméride que nos roubou un anaco da nosa historia e da nosa identidade a todas as limiás e limiaos. Fixéronse charlas e exposicións fotográficas so o lema "Ano da Memoria da Lagoa" e, nunha palabra, tentouse levar de novo/dunha vez ante a palestra pública a memoria do noso e a indignación polo masacrado, deixando en evidencia que máis unha vez a nosa situación, acorde por desgraza coa do país enteira, responde aos resultados da acción colonizadora máis alleada e afastada dos intereses do noso pobo. Unha cuestión esta, a da lagoa e a súa posible recuperación (parcial, iso si) que non deixa na comarca a ninguén indiferente.

Garrano #4 5/Setembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A que lle chaman recuperación parcial? Soño co dia en que bote a chover e chover e reapareza a lagoa Antela. Poderiamos ter hoxe sequera unha cuarta parte do que foi a lagoa? Que plan é ese da xunta? Subir a parte occidental da Serra de San Mamede ou a do Larouco limiá e ver o que foi, tratar de imaxinar o que puidoser no seu día o MAR INTERIOR DE GALIZA, o maior humidal da península e hoxe unha manchea de leiras de pataca empezoñadas con químicas botadas ao chan durante medio século.

Ai se un dia chovera e atrancara esa canle de formigón de merda e rexurdira aquel Mar da Limia...

Carlinhos #5 5/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4 Concordo, mais cum matiz; o que tinham que chover eram óstias.

OBSERVADOR #6 5/Setembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Um documentário sobre o caso era necessário e justo... Os que fizeram o das Encrobas, por exemplo, fariam um muito bom sobre a Antela.

mceleiro #7 5/Setembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O caso é que ainda não se aprendeu nada. Na comarca seguem concentrações parcelárias que eliminam carvalhos centenários.

Este tipo de ações macroterritoráis contra ecosistemas de grande valor e a uma escala que mudam até os microclimas seguem sendo potenciados pola administração. Só há que olhar para as reforestações de centos de hectáreas no Courel com pinheiros. Dos eucaliptos melhor não falar, que me sulfuro.

A Conselharia de Meio Ambiente poderia ser rebaptizada como Conselharia Contra o Meio Ambiente. País, País....

Moncho_do_Orzan #8 10/Setembro/2008 Moncho_do_Orzan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Recoméndovos o libro "Antela. A memoria asolagada" (penso que é de Xosé Luis Martínez Carneiro)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete