Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÁ POR PECHADA A POLÉMCIA

Quintana corrixe a Lobeira: O Plan Acuícola é un proxecto de todo o Goberno

O vicepresidente considera que as declaracións do deputado nacionalista foron "excesivas" e subliña que, unha vez aprobado, ten que asumilo todo o Executivo.

Redacción - 18:50 05/09/2008

Poucas horas despois de que o deputado nacionalista Bieito Lobeira advertise publicamente de que “o BNG non é o pai da criatura”, en referencia ao Plan Acuícola, o vicepresidente, Anxo Quintana, dixo todo o contrario ao afirmar que, unha vez aprobado no Consello da Xunta, é un proxecto de todo o Goberno. Quintana considerou que as declaracións de Bieito Lobeira sinalando que os departamentos ían depurar o plan na medida das súas competencias foron “excesivas”. Para o vicepresidente, as palabras de Lobeira debéronse ao seu “estado de ánimo polos ataques persoais sufridos”.

Quintana foi moi contudente diante dos xornalistas ao dar por “pechado o conto”. O vicepresidente garantiu que ningunha consellaría vai boicotear os proxectos acuícolas. O conselleiro de Industria corroborou as palabras do líder do BNG ao afirmar que o seu departamento emitirá informes de cada proxecto atendendo á legalidade e “sen ningún tipo de interferencia”.


3/5 (8 votos)


Comentarios (9)

Outro #1 5/Setembro/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cando algúns o diciamos onte chmáronnos de todo e agora resulta que di Quintana. O Plan foi aprobado por unanimidade e agardo que quen onte criticaba a Patxi Vázquez por dicilo agora teña a valentía de rectificar. O Plan Acuícola é tamén do Bloque, e non o digo eu dío o voceiro nacinal do partido.

edicions #2 6/Setembro/2008 edicions
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

cousas do bieito, que lhe vamos facer...

tuzaro #3 6/Setembro/2008 tuzaro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este BNG vai sen rumbo!!
Botádelle un ollo a isto: http://augasceives.nireblog.co...

Arroas #4 6/Setembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bo, non será para tanto.........
Discrepancias e desacordos háinos e ten que habelos sempre, mesmo por hixiene mental, un partido político non é a biblia, non é ou non debe ser un convenio dogmático inamovible.
Non vos apuredes en armar tanto ruido no bloque desde fóra que xa dentro hai suficiente, e espero que ben canalizado e constructivo.Ollemos ás mudanças estructurais que se pretenden instalar neste país logo de anos de sucursalismo político e de caciquismo (non quero dicir que agora esteamos na situación ideal, non, nin que sexa o governo perfeito, non). Nestes intres só estaríasmo dando os primeiros pasos dunha andaina de muitas millas. Aínda fica muito que façer, abofé.

Vakaloura #5 6/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Vaia montaxe vos traedes amiguiños! Xa che digo…un mata e o outro esfola. ¿Os perxudicados? toda Galiza.¿Políticos mediocres ou actores de primeira? Ainda que o pensedes, os do común non somos parvos. Abofé que non.

Outro #6 6/Setembro/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non se trata de teatro; o que aconteceu é a proba dos equlibrismos que ten que facer Quintana para que os radicais non lle escagallen o pacto de goberno. O Bloque é un niño de víboras e algúns son incapaces de netender que se se está no goberno non se pode facer oposíción, iso é o que pasa

lura #7 7/Setembro/2008 lura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os radicais sodes os que estades a favor do saldo de Galiza ás grandes empresas.
En cambio, aníma pensar que aínda quedan "víboras" conscientes do programa que vos levóu ao poder.. Agardamos con impaciencia a que comecen a trabar

Happyview #8 7/Setembro/2008 Happyview
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha pequena suxerencia para relaxar ;-)

Welcome to the Jungle, Guns N´Roses

http://www.youtube.com/watch?v...

...e seguide pensando que o Presidente non se trabucou ó non adiantar as eleccións, que no mes de agosto misturou o "tinto verano" con pílulas de "estadista", que nos vai ir de carallo...

carlosroca #9 10/Setembro/2008 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cada quen ten seu papel e así o representa.
E estou certo que o BNG non vai permitir a instalación de determinadas "acuícolas".
O resultado final será un Plano recortado, inicialmente na negociación e posteriormente na execución.
Isto chamase intelixencia política e empregar en cada instancia os medios que se teñen.
Parabéns Bieito.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: