Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVAS TECNOLOXÍAS

En Francia os pais poderán consultar as notas dos fillos na rede

En tres anos o sistema estenderase a todas as escolas do país.

Redacción - 13:40 06/09/2008
Tags:

Remataron os tempos en que os malos estudantes trataban de agochar as notas ou as súas ausencias da clase. E remataron tamén as escusas para os pais que non podían acudir coa frecuencia exixida ás xuntanzas cos titores. Así polo menos sucederá este curso en Francia, onde unhas cincocentas escolas informarán xa sobre estas cuestións a través de internet. Entregaráselle unha clave a cada un dos proxenitores para que, con ela, poidan acceder non só ás cualificacións dos fillos, senón tamén a outras cuestións vencelladas co seu rendemento escolar, como a asistencia á clase ou a súa progresión. O obxectivo é que nos vindeiros tres anos, todos os centros de ensino do país conten con este servizo na rede.

No Estado Español tamén se puxeron en marcha nos últimos tempos iniciativas similares, se ben non de xeito xeneralizado. Así, por exemplo en Murcia, a Consellería de Educación, Ciencia e Investigación presentou o proxecto Plumier XXI, no que xa se inclúe este servizo, ademais de incorporar internet a outras xestións administrativas do ensino ou enviar mensaxes aos móbiles dos pais para avisarlles cando os seus fillos faltan a clase. De igual xeito en Estremadura, funciona un sistema parecido, baixo a promoción da Plataforma Educativa Rayuela.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: