Mariscadores, que presuntamente extraían este molusco da ría de Ferrol, e restauradores de diferentes vilas do país prestan declaración.
O xulgado de Ferrol está a dirixir a investigación, que comezou hai xa varios meses, e que culminou coa detención de oito persoas. Son mariscadores que presuntamente extraían a vieira na ría de Ferrol e tres restauradores, dos que só transcendeu o nome de Toñi Vicente, e que poderían ser acusados dun delito contra a saúde pública.
Na operación, a Garda Civil rexistrou nove restaurantes de Santiago, Poio e Sanxenxo, ademais de varios domicilios particulares en diferentes localidades, se ben a operación continúa aberta e non se descartan novas detencións. Ao parecer, os mariscadores implicados extraían a vieira da ría de Ferrol e levábana a unha empresa de Santiago, sen ter en conta a lexislación, que prohibe a comercialización en fresco. Esta empresa supostamente distribuía a mercancía por toda Galiza, principalmente no sector da restauración. Neste local incautáronse catro mil quilos deste marisco.
A vieira das nosas rías non se vende viva: é preciso que pase por un proceso de depuración, un control e un tratamento en empresas autorizadas para eliminar o hepatopáncreas, onde acumula a toxina ASP, tamén coñecida como 'toxina amnésica'. De non se seguir este procedemento, o seu consumo pode causar problemas sanitarios nos consumidores, que van dende unha leve gastroenterite ou danos na memoria até intoxicacións máis graves que poderían derivar en problemas neurolóxicos.
Fóra bromas, se na casa de xantar de Toñi papaban de cando en vez Touriño e Quintana, por separado, calquer día se poñen malitos e Galiza vai ao carallo sen goberno.
Avantaxes: máis veces comeron en Toñi (dito sen segundas) os do PP, así que a toxina pode acabar con eles, e elas.
É-che toda umha patriota e umha socialista de verdade a Tonhi essa.
Tonhi à rua, a luita continua!!!
A ver se nos damos conta dunha vez que conviría ter as rías un pouco máis limpas!
Com a quantidade de merda que deitam nos ríos, que som como as nossas vidas que vam a dar ao mar, que é o morir, nom me surprendería nadinha que dentro de pouco empecem a nascer nenos mutantes.
Iso, iso, porko-o-ke é os restaurantes, dánche a papancia é logo fásche o lavado de estómago.
Vieiros, ulas fotos das vieiras tóxicas?
http://www.nuevoaccion.com/TRI...
Dígoo polo #3 o que conviría ter as rías un pouco máis limpas!
Para o #1:
UMA: Galiza vai ao caralho COM GOVERNO. As vieiras sabem bem isso.
DUAS: Se Quintana e Torito morressem envenenados de vieiras, teríamos outros a ocupar o mesmo Lameiro.
TRÊS: Ainda teríamos, por exemplo, Feijões a maço, para além dos substitutos de fabrico próprio do BNG e PSOEdeG.
QUATRO: Lagares, Reganosa, Úmia, ENCE-Elnosa, Encrobas, As Pontes, Prestige, ..., Polycommander... Como não iam as vieiras, Vieiros, desenvolver um método de sobrevivência? Pensais que são tão parvas como nós? Elas sobrevivem, caralho!
A mágoa é que não morram envenenados os donos das empresas em Madri em memorável enchenta. E de passagem, o Pavo Real e toda a sua estirpe.
Toxinas amnésicas!!! Agora entendo porque esqueceron o que prometeran antes de chegar ó goberno. Triparon tantas que lles afectou.
Na costa da morte é un problema xeral fai anos, teño 43 e dende que tenño uso de razón existiu esto.
Os restaurantes deberían perdelo seu nome e categoría, poderían formala cadea todo a 1 €.
Cando remate toda a historia as culpábeis han ser as vieiras, por vivir no medio da merda e deixarse coller por mariscadores furtivos.
Se este fora un pais con un mínimo de seriedade os restaurantes estarían pechados de xeito cautelar e os cociñeiros non poderían tocar na súa vida calquera cousa que coma unha persoa.
Agora xa sabemos que ademais da taxa do lixo temos tamén lixo no prato, iso si posto por xente con nome.