Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Non nos vai condicionar un ano electoral"

CIG-Ensino pide un departamento específico para coordinar o decreto do galego

O sindicato afronta o novo curso reivindicando administrativos nos centros, prevención do fracaso escolar e mellores retribucións para os docentes.

Redacción - 20:15 09/09/2008

O sindicato CIG-Ensino ofreceu unha conferencia de prensa para dar a coñecer as súas reivindicacións no inicio do curso en ensino non universitario 2008-09.

Que os centros educativos conten con administrativos para liberar os profesores da xestión administrativa, accións de prevención no eido do fracaso escolar e melloras retributivas para os docentes son algúns dos obxectivos que centrarán a acción sindical da CIG-Ensino.

Neste senso, o secretario nacional, Anxo Louzao, que estivo acompañado pola membro da Executiva Marta Dacosta, advertiu de que a organización "non ten ataduras políticas" e que "non nos vai condicionar un ano electoral".

Ademais, rexeitou que exista "intención de conflitividade" para o curso escolar, mais avanzou que existen reivindicacións orientadas á "calidade no ensino público" e outras vinculadas a "cuestións profesionais".

Decreto do galego

No entanto, velar polo cumprimento do decreto do galego para avanzar dun xeito real na normalización lingüística no ensino será un dos principais cabalos de batalla da CIG-Ensino. Con este fin, pediron a creación dunha dirección ou dunha subdirección de Educación que coordine o uso da lingua do país nos centros educativos.


5/5 (7 votos)


Comentarios (23)

punkgalaico #1 9/Setembro/2008 punkgalaico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pídese unha dirección ou subdirección?
Totalmente de acordo. Aínda que nos rachemos as vestiduras, a Dirección xeral de Política Lingca. do PP era nos últimos tempos moitísimo máis efectiva no mundo do ensino que a Secretaría xeral que hoxe temos. Mais non sei se será cousa da Secretaría ou da secretaria.

micsha #2 9/Setembro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Señoras, señores, se empieza a pedir la persecución policial contra los gallegos que usan el español. Aprestémonos a la lucha. Munición para GB.

teixugo #3 10/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Xenofibia por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... Xenofobia em qualquer sitio onde haja um intolerante fascista. Rempos piores que no franquismo.

teixugo #4 10/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ESPANHA É UM EUFEMISMO DE CASTELA.

SE A ALGUEM LHE QUADARA FALAR COM O SR. TORITO DE Castilla NÃO HESITE EM LHO DIZER.

SR. TORITO, VOCÉ É (E PENSE-O BEM) O PRESIDENTE DOS GALEGOS.

SHAME ON YOU.
AVERGONZA-ME.

Gaviotero #5 10/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estos de CIG quieren que Galicia termine siendo como Albania o la Unión Soviética...Pues que coordinen lo que les salga de la p... porque yo no pienso cumplir el decreto totalitario y estalinista del gallego y propongo a profesores y alumnos su incumplimiento generalizado porque por encima de cualquier vividor totalitario de la CIG está la LIBERTAD de los gallegos para expresarse en la lengua que consideren oportuno.

-Xavier #6 10/Setembro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

C'est certain, Gaviotero. Il faudrait garantir le droit de pouvoir parler Français en Galice, et en Espagne aussi.

Salut et réflexion!

LOIS_DE_SILAN #7 10/Setembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Titularite!, o da CIG só vos é xerar titulares coa súa sigla: aínda existen!

O da "creación dunha dirección ou dunha subdirección de Educación que coordine o uso da lingua do país nos centros educativos" évos como cando se pedía unha secretaría xeral no canto de unha dirección xeral de política lingüística: o problema, madia leva!, non vos é de rango ou natureza orgánica senón político. Acaso non abonda coa Inspección Educativa para constatar o incumprimento dese inconstitucional decreto? (pretende igualar, seguindo, certamente!, a tamén inconstitucional LNL, elementos desiguais: lingua propia con unha das alleas!).

E, o das "accións de prevención no eido do fracaso escolar" xa vos é brincadeira: o chamado fracaso escolar, afincado nos escolantes!, nunca foi tal: forma parte do currículo oculto!

A prevención do fracaso escolar supón nada menos que unha auténtica revolución social que, obviamente, nin a CIG nin outros elementos institucionalizados integrados no sistema queren iniciar.

" ... a organización "non ten ataduras políticas" e que "non nos vai condicionar un ano electoral"."

Efectivamente!, e por iso poñedes coidado en que se saiba! Porque, certemente!, estabámosvos moi trabucados ó respecto.

UnDeTantos #8 10/Setembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

-Xabier xa o toleaches. Este agora xa está repartindo panfletos na alameda, "LOS GALLEGUISTAS NOS QUIEREN IMPONER EL FRANCÉS" !!

Menan #9 10/Setembro/2008 Menan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Teño que dicir que eu son galegofalante dende neno, pois iso era o que se falou sempre na miña casa. Agora si, non é bon que lle intenten impoñer nada a ninguén, non me parece correcto que lle intenten forzar a alguén a falar en galego nin a imbersa. Outra cousa é se alguén non entende o galego por non ser do país, ou que alguén se atope cun portugués e lle fale en castelán sabendo galego. Aco xa nos atopamos en asuntos de educación doutro tipo. Un saudo a todos e non vos deades moitos lapotes

LOIS_DE_SILAN #10 10/Setembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#9, Menan!, parto do presuposto de que es sincero na túa manifestación verbo da imposición lingüística; mais: por que che parece que es galegofalante dende neno? Porque o inventaches ti acaso e llelo ensinaches a teus pais, familiares e demais interlocutores? Ou porque teus pais, familiares e demais interlocutores cho impuxeron a ti aproveitando as túas capacidades lingüísticas e mais a túa necesidade de comunicación lingüística (como se impoñen todas as linguas!).

As linguas, non sei se por fortuna ou por desgraza, impóñenseche todas! Daquela a cuestión da imposición éche absolutamente irrelevante.

O que non che é irrelevante é se esa ineludíbel imposición che é lexítima ou non. É lexítima a imposición do galego na Galiza? ... E logo onde podería ser máis lexítima?!

É lexítima a imposición do castelán en Castela? Coidoche que tan lexítima coma a imposición do galego na Galiza!

É lexítima a imposición do castelán na Galiza ou do galego en Castela? Entendo que un mínimo de lexitimidade esixe reciprocidade.

Satisfai as necesidades de comunicación lingüística dos membros da Comunidade lingüística Galega (CLG) o coñecemento da lingua propia e mais do castelán? Penso que non! E, daquela, considero ilexítima a imposición do castelán aquí.

Que imposición lingüística satisfacería as necesidades lingüísticas dos membros da CLG? Enténdoche que, cabo da da lingua territorial propia, a dunha outra lingua que permita a comunicación lingüística directa de calquera membro da CLG con calquera outro de calquera outra comunidade lingüística do mundo e, daquela, a súa integración lingüística en calquera outra (e, isto, madia leva, para nada impide esa integración, todo o contrario, en varias outras!).

Os posicionamentos en contra da imposición das linguas seméllanche politicamente correctos; mais, só che agachan ignorancia e mais, en moitos casos, malicia. A malicia do desprezo, da desvalorización das linguas que non teñen suficiente poder (económico, científico, cultural, militar, ...) que as use.

Un saúdo.

teixugo #11 11/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É ISTO CERTO?:

A (norma)reintegracionista considera o galego, chamado galego-português, português da Galiza ou portugalego, como uma variedade mais do português e assim aposta pela adopção duma norma ortográfica comum ou muito semelhante. Esta foi recentemente considerada válida e ACEITE em tribunal.

E EM QUALQUER OUTRO ÂMBITO, TRABALHO, IMPRESSOS...?

OBRIGADO

aovellaquemira #12 11/Setembro/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#11
http://www.nosgaliza...
http://www.nosgaliza...

Sentença da Sala do C-A em Agal: http://www.nosgaliza...

-Xavier #13 11/Setembro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

e como não se vai admitir um texto redigido em Galego?

Como pode um Tribunal dizer se um texto é ou não Galego? Se está redigido na norma da AGAL, na norma galega internacional ou num castrapo evidente, o Tribunal terá de admitir o texto como redigido em Galego porque nem as variantes (quer sejam ortográficas, quer normativas), nem os erros, nem os dialetalismos podem privar as pessoas ou as organizações do direito a serem assistidas polo referido tribunal.

Saúde e reflexão.

rockandroll #14 11/Setembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

hahahahahahahaha...já sei qual é o problema de Gaviotero...que está capadoooooooo!!!!

Galaico2008 #15 11/Setembro/2008 Galaico2008
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Polo dereito a vivirmos en galego
http://br.youtube...

Gaviotero #16 11/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Xavierito, el francés no es oficial en Galicia. El castellano, como el gallego, sí. Con una diferencia. El único que tenemos el deber de conocer los gallegos es el castellano.

LiberdadeGaliza #17 12/Setembro/2008 LiberdadeGaliza
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O poder político do colonizador espanhol permite que todos aqueles que nom aceitem ser colonizados e reprimidos como ser humanos na Galiza sexam apelidados de RADICAIS.
Quem serón os RADICAIS os colonizadores que permanentemente oprimem ou os oprimidos galegos que só querem viver na sua terra como galegos.
É claro que os RADICAIS são os colonizadores espanholistas que hai séculos que nos oprimem diariamente na nossa terra.
Hai discriminación lingüística en Galiza? Nom só lingüística mas em tudo. Na verdade os galegos têm o direito à INDIGNAÇÃO. Os RADICAIS são os colonizadores, os colonizados têm o direito de tudo fazerem para defenderem os seus direitos HUMANOS. Chamar RADICAIS aos galegos é mais uma humilhação. A Galiza é uma NAÇÃO ocupada por tiranos espanholistas. Acabe-se a colonização que xá nom hai RADICAIS galegos. Os ocupantes querem dividir a Galiza impondo o castelhano nas Nações ocupadas. A sra Rosa por exemplo olvida que Galiza é uma nação e como tal tem o direito de ter a sua própria lingua e nom a do ocupante.
http://br.youtube...
http://br.youtube.com/watch?v=....
http://br.youtube...

LiberdadeGaliza #18 12/Setembro/2008 LiberdadeGaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://br.youtube...

xardon #19 12/Setembro/2008 xardon
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

claro que si gaviotero, ti tranquilo que eu estou contigo`... ala bonito, ala, xa pasou...

LiberdadeGaliza #20 13/Setembro/2008 LiberdadeGaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aos "Lisboetas" que escrevem en Vieiros:
Deixem de comentar outros asuntos. Comentem a situaçom humilhante da Galiza colonizada na Europa dita democratica em pleno século XXI.
Os espanholistas tratam criminalmente os patriotas galegos, catalães ou bascos como se fossem pedófolos.
Sr "Lisboeta" vocês em Portugal têm uma das mais baixas taxas de criminilidade do mundo, nom têm "terrorismo", són conhecidos como um povo de brandos custumes. Porém toda a história de Portugal é feita com guerras e batalhas com os castelhanos na defesa da integridade de Portugal.
A derrota mais humilhante para os castelhanos foi em Aljubarrota em que uma uma mulher, de seu nome Brites de Almeida, padeira com a pá do forno a ferver ajudou o exército luso a derrotar o poderosos exércitos invasores castelhanos reforçados com franceses. http://pt.wikipedia.org/wiki/B....
http://pt.wikipedia.org/wiki/P....
Agora sr "Lisboeta" pense se os seus antepassados nom tivessem derrotado muitas vezes os castelhanos,Portugal era hoxe uma colónia de Espanha como é a Galiza.
Polo passado guerreiro dos portugueses tenho a certeza que os nacionalistas lusos se tornavam ton "terroristas" que transformavam os bascos da ETA em santos comparativamente.

Obs: gaviotero se estivesses em Aljubarrota a padeira dava cabo de ti à pazada.

LiberdadeGaliza #21 13/Setembro/2008 LiberdadeGaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Endereços completos:
http://pt.wikipedia.org/wiki/B...
http://pt.wikipedia.org/wiki/P...

LiberdadeGaliza #22 13/Setembro/2008 LiberdadeGaliza
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Trocar um idioma por um dialecto é burrice.
Trocar um idioma materno por um dialecto de opçon maior burrice é.
Trocar um idioma com expresson internacional por um dialecto minoritário e artificial mais burrice ainda é.
Aceitar a colonizaçom com resignaçom nom têm qualificaçom!!

teixugo #23 16/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Obrigado aovellaquemira.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: