Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SOFTWARE LIBRE

O grande acelerador de partículas usa Linux

O experimento que se está a desenvolver no CERN de Xenebra emprega a distribución CernVM para xestionar o enorme volume de datos que xera.

Redacción - 13:50 12/09/2008

O xa famoso, e en funcionamento, Gran Colidor de Hadróns (LHC) do CERN, está a funcionar grazas a unha versión especial do sistema operativo GNU/Linux, denominada CernVM. A enorme cantidade de datos xerada polo proxecto científico está a ser xestionada polo sistema operativo libre, que ademais garante que o software non vai quedar bloqueado no momento menos indicado.

Ademais, a rede de computadores do CERN, formada tamén por PC e Mac, executa o programa dentro dunha máquina virtual. Esa rede tamén distribúe a información xerada, duns 15 petabytes de datos ao ano, a 100 mil equipos repartidos por todo o mundo. O CernVM emprega o xestor de fiestras KDE.

Nun principio chegouse a pensar en empregar o software sobre Windows Vista, pero acabouse desestimando porque diminuía o rendemento do acelerador de partículas.


5/5 (3 votos)

Comentarios (6)

piorno #1 12/Setembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nom é *colidor, mas COLISOR, como DIFUSOR, TRANSMISSOR, EMISSOR, etc.; portanto, Grande Colisor de Hadrões.

No CERN nom só é utilizado o Linux, como é o lugar donde surgiu a Internet tal como a conhecemos:

http://pt.wikipedia.org/wiki/I...

piorno #2 12/Setembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Grande Colisor de Hadrões:

http://pt.wikipedia.org/wiki/G...

fillotolo #3 12/Setembro/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sabendo que Linux é moito máis eficiente, que agora ten distribucións con ventás (entorna gráfica) igual ou máis sinxelas de usar ca Windows, é gratuito e sobre todo asegura que os administradores serán como mínimo uns profesionais decentes (xa que Windows o administra até un neno de 3 anos, e así vai). Non entendo orque a administración non migra a Linux dunha vez e deixa xa de pagar cuantiosas partidas presupostarias que falta fan noutras máis necesarias. Parece que o BNG está a promover o Software Libre, pero parece que os seus compañeiros de viaxe fan a campaña das burras negando o evidente, supoño que por algún interés oculto.
Que se pode esperar que menosprecia aos Enxeñeiros Informáticos pois calquera pode desempeñar o seu traballo sen problema algún. ¿Imaxinen un médico operando sen licencia?. E logo estránalles o ranking do Estado Español a nivel de desenrolo das TIC dentro de Europa. Vaia panda...

semoncho #4 12/Setembro/2008 semoncho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fillotolo: O que é mais chamativo é o PSOE apoiar fortemente o software livre noutras partes do estado, nomeadamente Extremadura e Andalucia, mas também Aragom e Castela A Mancha, mas na Galiza nom, dá a impressom que só por ter umha postura distinta do BNG.

piorno #5 12/Setembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fillotolo, tens toda a razom. Se a Administraçom paga anualmente milhões e milhões de euros em licenças de Windows nom é por nengum «interesse oculto».

Transferir às contas de umha multinacional como a Microsoft esses milhões e milhões de euros de dinheiro público, quando podiam ser aforrados na sua prática totalidade, tem um nome: delapidaçom do erário público e corrupçom.

mceleiro #6 17/Setembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Assim que usa Linux...ufff.

Se chega a ser um Windows entendo o pânico da gente à fin do mundo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: