ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Concentración

Persecución e carga policial na reconquista da Toralla

Un dos asistentes tivo que ser atendido no Hospital Xeral de Vigo.

Redacción - 11:00 15/09/2008

Perto de 500 persoas achegáronse o sábado 13 de setembro á Toralla nunha manifestación pacífica, lúdica e reivindicativa, reclamando o gozo público da illa.

Por segundo ano consecutivo, nenos, xoves e maiores acudiron con música e vestimenta pirata ao acto convocado polo colectivo vigués Xogo Descuberto e apoiado por numerosas asociacións (A ría non se vende, Verdegaia, Precarias en loita, Salvemos Monteferro, Bouzas móvete, A.X. Luar, C. S. A Revolta, A.C. Caleidoskopio, G.A.S. Vigo, OAR, Radio Piratona, ou Alg-a).

Cinco furgóns antidisturbios

A marcha detívose na fin da ponte que une o areal da Toralla coa costa de Vigo, onde unha barreira pecha o paso aos non residentes na urbanización ilegal da illa. Os asistentes, chegados a través da ponte ou polo mar, leron o comunicado de protesta diante da barreira para rematar a concentración pacífica como estaba previsto.Os antidisturbios detiveron a concentración perseguindo e cargando contra os manifestantes, motivo pola cal un dos asistentes tivo que ser atendido no Hospital Xeral de Vigo.


4,91/5 (23 votos)

Comentarios (10)

Carlinhos #1 15/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Enquanto sexas zafra, aguanta; e quando sejas martelo, malha.

charino #2 15/Setembro/2008 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A policía non cargou e identificou os manifestantes pola loita contra a privatización de Toralla, foi por amosar que aqueles movementos contra a especulación -Massó, Plano Acuícola, recheos, SOS Courel etc.- estan hoxe no ponto de mira do goberno. Déronse conta que hoxe as asociacións veciñais, ecoloxistas, asociacionismo en xeral, son a verdadeira oposición de esquerdas en Galicia e queren meterlles medo. Non é a primeira vez e non será a derradeira. Nesas loitas aí ímonos ver!!

Hermerico #3 15/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cinco carrinhas de terroristas e torturadores, cumplindo as ordenes do Galeutier Delfin Fernandez

dumiense #4 15/Setembro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que pasa se un día vou pola ponte de Toralla e o garda non me deixa pasar???
teño dereito a entrar ou non??? podo esixirlle ao garda que me permita o paso???

Atlantico #5 15/Setembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Algún día a violencia será bidireccional.

tuzaro #6 15/Setembro/2008 tuzaro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

só se me ocorre un xeito de resposta...

Gaviotero #7 16/Setembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se les está bien. Pandilla de delincuentes...

roixordo #8 16/Setembro/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Se les está bien? se tanto amas o idioma español non deberías falalo, que o destrozas.

Carlinhos #9 16/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#7 Se lês, está bem. Banda de delinquentes... [da polícia] (on-line translate)

Tarelo #10 18/Setembro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se voaran a ponte con noturnidade e alebosía, non lles houbera pasado nada a estes inofensivos cidadáns.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: