Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
INTERPELACIÓN PARLAMENTARIA

A Xunta recoñece que no eido da xustiza é onde menos se avanzou á hora de normalizar o idioma

Dende a Consellaría de Presidencia aseguran que nestes momentos xa se pode tramitar o 50% das accións xudiciais en galego.

Redacción - 16:00 15/09/2008

O secretario xeral da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Santiago Roura Gómez, compareceu este luns no Parlamento para comprometerse a traballar máis pola normalización do galego no ámbito xudicial. O lugartenente do conselleiro Xosé Luis Méndez Romeu recoñeceu que a xustiza é un dos eidos en que, “por razóns estruturais”, o proceso de normalización lingüística está “menos desenvolto”.

Logo de recoñecer os déficits, Santiago Roura marcou tres liñas de actuación para aumentar a presenza da lingua do país. En primeiro lugar, destacou a necesidade de accións formativas en materia de lingua e de linguaxe xurídica. Mais Roura tamén sinalou a necesidade de aumentar as traducións de textos legais á nosa lingua. Dende a consellaría sostñene que nos vindeiros meses vaise publicar a tradución dos códigos civís e penais e das leis de axuizamento civil e criminal, “que forman o corpus xurídico fundamental de utilización máis común nos xulgados e nos tribunais”.

Por último, sinalou que a aplicación das novas tecnoloxías é “unha das accións fundamentais que se está a desenvolver”. Roura afirmou que na actualidade xa se pode tramitar o 50% das accións xudiciais en galego e que se vai avanzar nos vindeiros meses.

O deputado nacionalista Bieito Lobeira denunciara na comisión parlamentaria que as ferramentas informáticas que empregaban os xulgados do país exclúen o galego. Roura asegurou que isto se debía a razóns estruturais xa que as aplicacións proveñen do goberno español.


2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: