A guía, creada por un usuario farto de navegar por todo tipo de páxinas, permite seleccionar as creacións audiovisuais segundo a súa temática.
O aumento da popularidade dos vídeos na internet fixo indispensábel crear unha web onde se poida atopar o último de cada unha das webs especializadas. Esa foi a idea de Derrik Frost cando puxo en marcha Invision.tv. Aínda que está en fase de proba (como todo na web 2.0), a páxina xa se está a converter nun xeito de atopar todas as novidades dun xeito rápido.
A páxina permite escoller por tipo de canles, por intereses temáticos, e mesmo se pode personalizar e crear listas de reprodución propias.
Si, e creio que é útil para sermos conscientes do "coca-colonizados e electrodomesticados" que está o Planeta todo polo Tio Sam.
À parte do já arquiconhecido youtube, nada (à parte das multinacionais da mentira ianques que acho que nom seguen a linha editorial dos Indimédia nem da de Cubavisión) que nom houvesse já no "Google video", bom quiçais co Invision nos poidam manipular com maior agilidade.
É mui interessante o God Tube, eu vou procurar já mesmo o "George W. Bush's channel".
"coca-colonizado e electrodomesticado" *(s)
As referéncias todas à Galiza, (Galicia em inglês) fóra do youtube, nom vam além ao “Alvarino wine, ritual of wine in Galicia (S-pain),(Gayoso’s ) Luar (!!!!) e poco mais…
Ah, si! aparez este interessante título, digno de ser estudado nas faculdades de ciéncias da informaçom do mundo todo: “Argentina es descuartizada en Galicia.”