A protesta, encabezada por Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e Sindicato Labrego, reclamaba "un prezo digno" para o leite galego. A Xunta non aprobou os medios.
O leite deitado ía ao predio da Corporación Peñasanta, da que fai parte a empresa Larsa
Un grupo de gandeiros galegos deitaron, esta segunda feira de mañá na saída da autovía a Madrid, en Outeiro de Rei (Terra Chá), un total de 25 mil litros de leite que proviña de Portugal, nun camión cisterna da empresa lusa A Fornecedora. O leite ía camiño da planta Corporación Peñasanta, da que forma parte a empresa Larsa.
Na protesta, apoiada polos sindicatos Asaja-Xóvenes Agricultores (XXAA), Unións Agrarias (UUAA) e Sindicato Labrego Galego (SLG), tamén se amosaron pancartas que reclamaban "un prezo digno" para o leite galego.
O posicionamento dos sindicatos
Segundo as declaracións feitas polo secretario xeral de XXAA, Francisco Bello, a Europa Press, o acto facía parte das protestas dos gandeiros galegos ante as "constantes ameazas" de rebaixar os prezos de recollida do leite por parte das industrias lácteas galegas baseándose en criterios "falsos e de mala fe", ao tempo que mercan "por detrás" leite procedente "de Francia ou Portugal".
Polo seu lado, fontes do sindicato UUAA enmarcaron a protesta nas accións contra "os abusos das industrias sobre o traballo dos produtores do leite", e aseguraron que este tipo de prácticas "están asfixiando os gandeiros galegos" e "desequilibrando o mercado interno". O sindicato tamén criticou a entrada de leite de países "cunha produción superior ao consumo e cun prezo inferior" ao que hai no Estado Español, e reivindicou o dereito dos consumidores a "coñecer a procedencia da leite que consumen".
O responsábel do sector gandeiro do SLG, Xabier Gómez explicoulle a EP, pola súa banda, que é "lóxico" que exista importación nun estado deficitario de produción de leite en relación ao consumo, como acontece no Estado Español, mais criticou, ao tempo, que se empreguen "os prezos máis baixos do leite importado para fixar o prezo para os gandeiros galegos". Gómez coincidiu con UUAA ao salientar que as industrias lácteas están a importar "máis leite do necesario" para cubrir o déficit co obxectivo de "desestabilizar o sector e baixar os prezos" de compra. O responsábel do SLG tamén cualificou de "dubidosos" os controis de calidade aos que se somete o leite importado e denunciou que a maior parte desta "procede de Francia, e non de Portugal".
"Non é o camiño máis axeitado"
Dende a Consellaría de Medio Rural aseguraron, ao pouco de coñecer os incidentes, que este tipo de accións "non son o camiño máis axeitado" para chegar a unha solución á situación que atravesa o sector lácteo galego. Nun seu comunicado, o departamento que dirixe Alfredo Suárez lembra, tamén, que existe un "foro de diálogo estábel" que "debe servir" para abordar as distintas problemáticas do sector e propiciar" acordos entre os axentes que o integran.
Incorrecto!
Tirar com a comida é pecado. É fazer menos do trabalho dum ainda pior. Isso foram alguns pro-castelhanos do qq.
Serán castelhanos do QU CÚ)?
E que malo leite teñen
Não quero ir preso.
Pro-castelhanos do qq de Galicia
cando un producto se topa subvencionado en un ou máis tramos quen acaba pagando é o consumidor a pé de góndola. bon é que este consumidor sepa de donde ven o producto que merca ( incluso a composición accionarial de productores, transportistas e elaboradores e até como se chama a vaca que mexou no circuíto ), pero bon é tamén que teña opción de elexir entre larsa, feiraco ou unha de esas marcas que empezan a verse por debaixo dos 0,60 céntimos ( digo empezan por que son " vistas e non vistas " as cartoñaxes que a conteñen, o que dí moi pouco do patriotismo dos compradores que non premian a suposta independenza e galeguidade da láctea de negreira ).
eu, que fago a cotío a ruta lugo ourense, tópome un, dous e tres camións da fornecedora a diario, cas suas brilantes cubas de aceiro que conteñen o leite do norte de portugal que engorda as factorías de outeiro de rei. si resulta rendíbel para o gandeiro portugués facer ese traslado, non será que algo se está a facer mal aquí? non será que o desenrolo acadado polo agro galego é en realidade unha hipoteca nacional na que únicamente saen beneficiados os fabricantes de maquinaria agrícola, de sementes e de fitosanitarios, todos homologados a multinacionais ben coñecidas, agás de empresarios e líderes sindicais liberados?
Fixeron moi ben!!! xa está ben de que nos asoballen aos gandeiros!!e a ver se a sociedade galega mostra un pouco máis de sensibilidade por este tema, q afecta a tanta e tanta xente que vivimos do campo e queremos seguir vivindo...se nos deixan claro.
Se é que agora a culpa ainda vai ser de Portugal!
A quantidade de leite que entra na Galiza procedente de Portugal é practicamente INSINIFICANTE.
De feito Portugal é um país que não produz leite suficiente para cubrir a sua procura (demanda) interna, do mesmo jeito que não cubre a quota que tem asignada pela União Européia.
Na Galiza o grosso das importações de leite provenhem da FRANÇA!
Resumindo A Galiza é excedentária na produção láctea, enquanto que Portugal e mais o Estado Espanhol são deficitários.
E agora perguntemonos para onde é que vai o famoso "Leite da Galiza" de Feiraco.
Na Europa há paises como a França ou a Holanda que sim são exportadores netos de leite
assim que branco e em garrafa....
Depois também há moito pinta-monas sindical e jornalistico tentando desviar a atenção, será casualidade?
¡Viva o contrato homologado "histórico" de D. Alfredo sen prezo en orixe. Será tan brutiño que non se decata que isto favorece as industrias leiteiras para coaacionar aos labregos coa non recollida do leite? A máis de ser o principal causante da baixada continuada dos prezos en orixe. Máis, Portugal non é o verdadeiro problema. A Francia si que é un grande problema. Dacordo que iste non é o camiño, pero o contrado promovido e defendido por D. Alfredo tampouco. O Sr. Suárez Canal, coma sempre, ao tun tun, ou sexa ao que saia. ¡Que torpe saiu Vde. D. Alfredo! Pois expríquelle Vde. agora aos labregos cal é o camiño de xeito que istes llo entendan.¿Si? Non lle vai ser doado cando toda ista xente está coa corda ao pescozo e Vde. vai a desfroitar dun sobresoldo vitalicio e de momento dun coche oficial. Sorte e que nos sexa leve a todos...incluso a D. Alfredo.
E os portugues que dizem que não gostam nada do asunto:
http://www.rr...
E eu continuo-me a perguntar
Se o problema é França, porque se escolhe como alvo um camião português????