Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
ABUSO EMPRESARIAL?

As petroleiras portuguesas baixan os combustíbeis pola protesta cidadá

A BP e Cepsa baixaron oito céntimos o litro de gasóleo e catro o de gasolina.

Redacción - 09:00 23/09/2008

O debate sobre os prezos dos combustíbeis en Portugal ocupa portadas nos principais xornais. A asociación de consumidores Deco pediulle a todos os condutores lusos que non acudisen o sábado a abastecer os seus automóbeis. O colectivo acusa ás empresas de non reflectir nos prezos o descenso do valor do barril de petróleo.

A presión dos usuarios semella estar a facer efecto. A BP e Cepsa fixeron nas últimas horas a maior reducción de prezos dende que se liberalizou o mercado hai catro anos. A BP baixou o litro de gasóleo baixou catro céntimos (1,258) e o da gasolina sen chumbo 95 oito céntimos, quedando o litro en 1,398. Cepsa fixo reducións semellantes e deixou marcado a gsalina a 1,392 e o gasóleo a 1,257.

Porén, as organizacións de consumidores consideran que as empresas aínda teñen marxe de manobra para baixar máis os prezos.

Poden ampliar aquí:

Público: Sábado sen abastecer para lutar contra preços elevados dos combustíveis

Jornal de Noticias:
Descida sen precedentes no preço dos combustíveis


4,57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: