Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓN DE CANDIDATO

Beiras deixa entrever que non acudirá á Asemblea Nacional do BNG

O líder do Encontro Irmandiño asegurou con retranca que a cita asemblearia coincide coas festas de San Froilán.

Redacción / EP - 19:00 26/09/2008
Tags:

O líder do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, deixou entrever este venres que non acudirá á Asemblea Nacional do Bloque que se vai celebrar o vindeiro día 5 de outubro en Compostela. O que fora voceiro nacional da organización frontista tirou de retranca para afirmar que a xornada coincidía coas festas de San Froilán de Lugo, a onde “haberá que ir”.

As palabras semellan confirmar as informacións que apuntan a que o Encontro Irmandiño vai secundar o posicionamento do Movemento pola Base, que xa anunciou que non acudirá á asemblea ao entender que non hai suficientes garantías democráticas. Os dous colectivos posicionáronse fronte á dirección a prol dunha asemblea aberta e non por delegados.


4/5 (19 votos)


Comentarios (49)

FROUXEIRA #1 26/Setembro/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Coido que si falla Beiras á cita da Asemblea do BNG, este queda curto e sin ter "amplo respaldo", inda que gañe Quin có 100%.
Beiras é e seguira a ser un referente do Nacionalismo e o que deu ao BNG o PODER que hoxe ten.
Non se pode andar unha vida tirando "cadaveres que están moi VIVOS", que tamén é o meu caso.
Son eu un Resentido, pero pola Esquerda.
De todo-los xeitos agardo que o BNG inda rectifique a súa política posibilista por unha realista de esquerdas.

bainha #2 26/Setembro/2008 bainha
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Daquela teremos unha Asemblea Nacional do BNG "á búlgara".

carxeva #3 26/Setembro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Chapeau por Beiras!!!

lugris #4 26/Setembro/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Espasende #5 26/Setembro/2008 Espasende
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

lugris,
eu non sei porque dis que boicotean. Non teño iles direitos para marchar do BNG? Si non están dacordo coa liña de Quintana poderá coller e marchar do BNG ou non ir à asamblea que xa está perdida de antemán.
Iles poden criticar a falta de democrácia perfeitamente. Teñen direito. Que outros se podian aproveitar, pode pero se por esas un sempre ten que estar calado non avanzariamos nunca. Hai motivos prá crítica á dirección do BNG. O nacionalismo non é somentes BNG i si pode perxudicalos tamén pode significar un paso adiante pra un novo nacionalismo de esquerdas. Eu creo niso.

radikalivre #6 26/Setembro/2008 radikalivre
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

As eleiçons mais importantes do nacionalismo? Explica-me porque. Porque se estas som as mais importantes, vamos bos. Ah sim, esquecia-me de que podemos conseguir um Estatuto de Naçom! Que bem, selhar a actual situaçom de dependência um feixe de anos mais. E por certo, o direito a discrepar está garantido estatutariamente. Outra cousa é que ao controlar o aparato os estatutos já nom nos importem.

giao #7 26/Setembro/2008 giao
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Isto já nom é direito a discrepar, quase é direito a pensar e nom actuar como borreguinhos. A base social do BNG quer políticas nacionalistas e de esquerdas, nom regionalistas e ultraliberais. Do Courel a Corrubedo, milheiros de vozes reclamam um outro modelo, o BNG chamava porque era alternativo, nom mais do mesmo.

Vakaloura #8 26/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

O Beiras está no seu dereito. Xamáis os mediocres dirixentes de agora; ainda que vivan cen anos; faran o que fixo el polo Nacionalismo. Beiras sempre foi denostado e moi mal tratado no seo do BNG. Entroques, nunca tivo un mal queixume hacia quen lle estaba a por o fungueiro na roda. Aguantou carros e carretas. Creo que é xusto recoñecer que Beiras foi; con diferenza; un dos mellores políticos que pariu a Nación Galega e será sempre un referente que xa fica na historia presente e futura da Galiza. Coincido que ainda que o PUSILANIME Quintana acade o 100% dos votos o BNG seguirá cunha eiva moi importante. Non deixa de ser un líder de cartón. En todos os sítios hai un tonto útil. Prefiro que me chamen resentido a ollar a decadencia dun Nacionalismo que camiña hacia ningures e que vende Galiza por un prato de lentellas. Iso por non dicer algo máis forte. Teño para min que o Beiras si acudirá a Asamblea Nacional do BNG, ainda que só sexa para escarnio e vergoña do noso Quín e a súa cuadrilla. Ainda que ben mirado concordo que será mellor ir a comer o polbo cunha cunca de ribeiro ao S. Froilan. Para rematar direi que o Sr. Beiras nunca será un cadavre político por que como xa dixen antes, xa fica na historia da nosa Nación; outros nunca poderán dicer o mesmo.

caxato #9 27/Setembro/2008 caxato
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Só queda o silencio. ¡Pobre País!

escevola #10 27/Setembro/2008 escevola
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Ultimamente non paro de ver por aquí e outros lugares unha serie de afirmacións case dogmáticas repetidas ata a saciedade pero sen argumento ningún. Refírome a esas afirmacións de " é o mellor momento do nacionalismo", " as eleccións máis importantes" e a mellor de todas: "mellor 13 e goberno que 18". Fanme gracia porque parece que a forza de repetilas vanse tornar en axiomáticas. Se un partido político perde máis de 100.000 votos e non os da recuperado non vexo eu onde está o suposto "mellor momento". Ah, claro, gobernamos; pero digo eu que se COgobernásemos con 18 deputados teríamos algo máis de "goberno" porque non son capaz de comprender que impide ter 18 e gobernar tamén. Despois están tamén todas esas acusacións de "deslealtade" e "ir chorar aos medios". Acusacións feitas por moitos daqueles que non tiveron ningún problema en participar no linchamento do Beiras cando era Portavoz Nacional aliandose coa Voz de Galicia e así mediante filtracións interesadas.
Vai todo tan ben que parte da xente que levou ao BNG a cotas máis altas que nas que está agora se manifesta en contra dun goberno que os ningunea (Galiza non se vende, por exemplo). Xa se fixo todo o posible por acabar con todo o que facía diferente ao BNG doutras forzas políticas co suposto obxectivo de gañar votos pero debería ir con coidado a dirección do BNG non vaia ser que de tanto "modernizarnos" e "moderarnos" nos parezamos tanto ao PSOE que voten por el en troques de ao BNG. Outro axioma digno de mención " somos menos pero os que somos agora somos nacionalistas de verdade" ou sexa os puros, lástima que ao fin igual de tan puros somos catro.

Vakaloura #11 27/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Pois fan moi ben en non iren ¡carallo! que uns traballamos de balde para o BNG toda a vida pra que agora cheguen os dos pluses e sobresoldos vitalicios e se axuden. Nunca destes pancada e agora sodes máis papistas cao papa...señoritos do coche oficial. A conta de quén? Dos que empezaron a botar a antiga AP..logo PP e remataron votando BNG por que estaba de moda e ademáis cobraban e cobran en especias.... e controlan aos que non pensan igoal.¡Que xa non somos parvos de todo!! Ainda que moitas veces calamos por mor da Nación que queremos. Ser nacionalista non quer dicer que se é parvo. Eu non quero que iste tipo de calaña nacionalista me governe. Pero temos sempre o que queremos....se hai clientelismo e por que hai clientes para elo. E se hai caciquismo; que o hai a esgalla; é por que ten os seus clientes. ¡Vividores! Pois non imos darvos curado a amnesia que padecedes. Xamáis pensei que no Nacionalismo houber tanto fato de lamecús defendendo o españolismo obsoleto. ¿tendes remordementos?..Pois chorade coma facía Fraga....

bainha #12 27/Setembro/2008 bainha
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

CANDO O NACIONALISMO BAIXA AS CALZAS (*)
"A que obedece entón a baixada de calzas do ideario político? Supoño que será para compensar a capitulación coa gratitude das urnas, arriscada aposta. Quen ten no poder o modelo orixinal resulta difícil que vaia trocalo por unha fotocopia de incerta fiabilidade.
Nada valen, ademais, os enfeites cando a dama carece de dote.
Mesmo no caso de resultar unha estratexia exitosa, sería substituir a clientela tradicional por outra adventicia, cada vez máis esixente na desmontaxe de escrúpulos ideolóxicos. Chegaríase así ao modelo Cartel Party (**), que os americanos exportan agora para Europa."
(Bautista Álvarez, presidente da UPG)
----
(*) desculpen as maiúsculas, non sei poñer tipográficamente outro énfase para o título.
(**) pódese consultar en que consiste este fenómeno no seguinte enderezo:
http://www.ua.es/dossierprensa...

bertus #13 27/Setembro/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Puiden ler un escrito informativo do Encontro Irmandiño sobre o asunto, nel non se pon en cuestión o liderazgo de Quintana nin se prentende, así, ningunha desestabilización dese tipo que é a que algúns parecen temer. Do que se trata é dunha maneira de entender a política que debe comprometer a estructura mesma da organización do BNG, xa que atinxe, de xeito esencial, aos propios Principios idiolóxicos da organización irmandiña.

Arroas #14 27/Setembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Oes, a ver, de verdade, que aquí ninguén é tan "hipercrítico" e tan parvo para cuestionar a Quintana a estas alturas. Muitos non acordamos a asemblea de delegados, pero acatamos a "sabia" decision soberana de autoanularse. Ben. O labor do BNG nacional no goberno, con acertos e descaertos, asumímola como positiva e como propia. Ben. Mais, agora, supondo e agardando a vontade integradora da que se fala e animar (once more) a participar na localidade e na comarca, bla,bla, bla.....van e dinnos aa algúns e no somos EN, nen EI, somos BNG: non podedes ir á Assemblea, imos unha lista organizada pola UPG e polos Quintanistas...así, cun par de ovarios e de collóns dixéronmo.... e eu, (aínda sen ser da Arousa)...flipín....
Nen sequera aos máis disposts a traballar no proxecto colectivo e colectivamente nos permiten participar, feéhannos as portas. Aínda que teño que dicir que iso nace na localidade, e un padece unha muito dura, que un sorriso emxan por un e din que......fai sol. Ai, os aires da Enseadade San Simón....antano líricos e mareiros, tornaron a mediocres e obtusos...

Vimbio #15 27/Setembro/2008 Vimbio
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

A seis meses das eleccións galegas, todos os nacionalistas galegos debe apoiar ao candidato do BNG aínda que discrepen con el. Xa haberá tempo de poñerlle chatas á obra! Agora xa non é tempo de dividir, é tempo de só sumar.

Arroas #16 27/Setembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero Sr. Vimbio .... ¡¡¡ NOn liches o que apuntei aí atrás??:
""aquí ninguén é tan "hipercrítico" e tan parvo para cuestionar a Quintana a estas alturas"". E ninguén lle pon chatas á obra. ninguén ¡¡¡¡ E de acordo, é tempo de sumar´. Quen está a dividir impidindo (e xa non digo a participación na asemb. senón no quefacer diario)a participación e traballo local nos consellos locais e militancia varia?? Iso é o que non lles chega a QUin e aos de C.Nacional. Hia muito rémora paraliçante e que practica a inacción política nos concellos. Avante xa co BNG.....pero non con rémoras busca cargos mediocres e auténticos "compañeiricidas" que nos poñen a insoportabeis niveis de UPG (Under Pressure Galiza). POr certo, dáme a risa o marxismo-leninismo de muitos upgallos, non pasan de erguer a man co cancho da empanada de zorza o 25 de xullo na carballeira en Comnpostela...acho que meu pai, pobre traballador e máis pobre xubilidadeo, ten máis conciencia marxista e social de clase que unha boa recua de burriños ignorantes da U. E agora rirédesvos, pero non teño nada contra a U, mesmo muito/a amigo/a. Vimbio, date un paseo polo sur do país, por onde as ondas do mar de San Simóns...e falamos. Saude, e repito, avante o BNG

lugris #17 27/Setembro/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Se non se quere boicotear a Asemblea Extraordinario a que ven estas continuas deslixitimacións por parte duns e doutros? Algúns se sinten non pagados, e mesmo falan que traballaron de balde para o Bng, e ten ciumes porque outros van en coche oficial. Outros falan de cuadrillas de Quintana, lamecús, vividores. Qué obxetividade teñen estas persoas no seus analisis políticos? mais ben parece mala-baba, carraxe, complexos, etc.
Nesta lexislatura que ven, temos que conseguir o Estatuto de Nación como nos perteze. Na próxima Asemblea Nacional que será a ordinaria, cada un poderá proporse para ser o líder. Quintana foi proposto por Beiras no no esquezamos.

ferreirolo #18 27/Setembro/2008 ferreirolo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Coincido con Arroas.

Na comarca da Coruña a lista de "consenso" foi feita cunha serie de vetos arrepiante. É calquer cousa menos plural. Ademáis, si as cabezas das listas non valen para representar a militancia, como van a servir para representar ao BNG diante da sociedade?

giao #19 27/Setembro/2008 giao
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O certo é que o processo democrático está completamente deslegitimado. As listas figerom-se por chanchulheios entre os colectivos, nos que é justo reconhecer que nom participarom todos, senom UPG, "quintanistas", EN -com cristo em Vigo-, e o que fica de PNG e Inzar, para assi marginar aos independentes e aos militantes de colectivos críticos. Nas assembleias participarom menos pessoas que delegados finais, algo insólito que demostra que a delegaçom nom tinha como fim acadar umha representaçom operativa, senom impedir que fora gente que molesta. Alguns passarom do "menos partes e mais BNG" a "menos partes e menos BNG".

Xandre #20 27/Setembro/2008 Xandre
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Repitese a historia,a nosa triste historia.Sonho con que algun dia os galegos vaiamos todos xuntos pra erguer dunha vez por todas o noso pais,pero polo de agora é imposible porque son máis importantes as persoas que as obras.Senhores,as persoas vanse pero as obras quedanse.Qué é máis importante pra nos,Castelao como persoa ou a sua obra?Coido que a resposta é evidente.O senhor Beiras ten todo o dereito do mundo a ir ou non ir pero os que deciden son os que están e os de fora dan pipas,se tenhen.Quero pensar que non é consciente do grande favor que lle está a facer ó psoe e a todolos espanholeiros.O primeiro é Galiza e despois todo o demais,os partidos,as ideas,os políticos,as persoas...
¡VIVA GALIZA CEIBE!

ulo #21 27/Setembro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Xandre, qué a que Galiza te refires, porque eu vexo moitas galizas... a que non ira nunca en AVE e a que defende o AVE, a que vai ser despedida pola crise e que nunca vai ser despedida, a que traballa horas e horas polo salario minimo, e que opta a o plan eolico, a que non ten tte publico, e a que viaxa en coche oficial ou o en avion.
A qué Galiza te refires, porque o que lles preocupa a alguns, os do AVE por exe., non é a preocupacion doutros... Que lle importa a un da Costa da Morte que desde Vigo ou Coruña se chegue a Madrid en 3 horas, cando el tarda 4 en chegar dende Muros ata Compostela.
Aclarame iso de "primeiro é Galiza" e despois o demáis... por que Galiza somos os galegos e non unha palabra?

UnDeTantos #22 27/Setembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Home #21,a versión con basquitis de Gaviotero. Como foi a semana?

UnDeTantos #23 27/Setembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Giao eu e "os meus" somos totalmente independentes e participamos na elección...

independencia #24 27/Setembro/2008 independencia
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Beiras no San Froilán? Coidaba que á pequenaburguesía gustáballe máis o "Toñi y Vicente".
Desde a escea do sofá con Fraga Beiras non é o mesmo.

Agora en serio,Beiras nos 70 fixo moito pola liberación da patria.Agora vai vello e hai que perdoarlle todo.Tamén a soberbia.

carxeva #25 27/Setembro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non digas parvadas, que Beiras é capaz de ir a calquera lugar. E es tan inxenuo de coidar que a UPG non estaba ao tanto e detrás do encontro do Vilas? Será que Quin non é amigo de Feijóo, e eu chupome o dedo.
Remar si, por Galiza, pero non co traballo da base e os vetos nas listas están sendo moi, pero que moi feos.

bainha #26 28/Setembro/2008 bainha
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non sei o que fará Beiras, se irá ou non irá á asemblea de delegados, pero sería un xesto de solidariedade cos miles de militantes que non poden ir porque non foron escollidos por Quintana e Paco Lavoz (*).
(*) Paco Lavoz antes coñecido como Paco Rodríguez

teixugo #27 28/Setembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Há que dizer aos nossos idosos que o PP não vai ganhar.
O proximo presidente da Xunta está nas suas mãos, querem um socialista ou querem a Quintana?

Num país de velhos não se pode pretender mudar a situação política democráticamente sem contar com eles. E ademais, so estão enganados: as comedias Fraga Mata Porcos e Fraga Canha Brava... fez que a gente o vira coma um deles.

Pro-castehano com pele de cordeiro/ anho.

NINHADA DE RATOS NA CASA DO POVO!!!!!!!

Vakaloura #28 29/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Estiven cavilando outra vez sobre iste tema. Imos ver: levamos moito tempo queixándonos; é con razón; do Nacionalismo excluinte Españolista. E sobre todo do pensamento único dos partidos estatáis. Agora resulta que no Nacionalismo Galego tampouco se pode discrepar. Mesmo parece, que no noso Nacionalismo tamén se quere impor o pensamento único. Isto xa deixou de ser novidade fai tempo. Tod@s queremos sumar, pero discrepando, senon…cal é a diferenza? O que non se pode é porlle cancelas ou portelos ao campo nin tapar o sol cun dedo. Que cadanseu tire das súas propias conclusións. Pero todo isto ten nome e apelidos e tamén siglas dentro do seo do BNG.
O que queira seguir crendo nos paxariños preñados, por suposto que está no seu dereito. Pero moitos xa fai tempo que deixamos de crer no pensamento único que nos queren impor certos Srs. A liberdade de pensamento non se merca nin se ten que impor a niguén. A liberdade; razóase, conquistase,…. ou non será liberdade. Que vos quede claro.

Autodeterminacao #29 29/Setembro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Galiza para os galegos quem não estiver bem que vá embora!

Autodeterminacao #30 29/Setembro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Galiza para os galegos quem não estiver bem que vá embora!

Autodeterminacao #31 29/Setembro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Galiza para os galegos quem não estiver bem que vá embora!

Autodeterminacao #32 29/Setembro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Galiza para os galegos quem não estiver bem que vá embora!

Autodeterminacao #33 29/Setembro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Galiza para os galegos quem não estiver bem que vá embora!

curruvello #34 29/Setembro/2008 curruvello
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Xosé Manuel Vieiras que foi ao Toxi-Vicente, se non vaia Asemblea Nacional é que lle pasa o da raposa que quería comer as uvas, pero non lle achegaba....ESTAN VERDES!!!.

Se tivera a máis mínima posibilidade de que foran adiante as súas propostas claro que iría.

De todolos xeito, que pena!!, o que debería ser un referente do nacionalismo converteronno no lider dunha facción do BNG.

Curruvello.

alog #35 29/Setembro/2008 alog
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Eu creo que a XM Beiras nunha cuchipanda con Toñivicente deronlle vieiras contaminadas coa desmemoria, xa que el non se acorda de cando os Upegallos facian o mesmo que fan agora con Quin con el... antes non criticaba os carretos de votos as AN, e agora si... COmo se di por hai a soberbia é un error que a Beiras lle perdoan...

suso #36 29/Setembro/2008 suso
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Beiras é um plasta unsuportável. Ele é bem certo que é um magnífico intelectual, um brilhante orador e razonador. Mas fica ancorado no século passado, nessa aborrecível "gauche divine" dos senhoritos que nos anos 50 andaram por Paris gastando os quartos dos seus papás em whisquis e cafés noirs enquanto fodiam quanto podiam. E já de passo, absorveram umas poucas ideias francesas já em franco declínio, que agora regurgitam até maçar-nos, como se o pensamento humano tivesse atingido a sua máxiama altura com o freudo-marxismo, Camus e como se não houvese já nada que fazer porque tudo foi já feito no maio do 68.
O que digo, um genuino e autêntico plasta....
que monte outro partido duma vez! Eu votar-lhe~ia para que nos deixe em paz...!!!!

mceleiro #37 29/Setembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Bom, oxalá todos os plastas tivessem uma base intelectual "afrancesada" semelhante. Especialmente num país como é o nosso submetido a um Reino feudal que ainda não assumiu as arcaicas ideias da ilustração.

O pior é que o freudo-marxismo, Camus e outras parrafadas intelectualoides dessas ainda não foram atingidas por muitos dos que logo botam a língua a pacer.

É-vos bem aburrido ler "gabachos passados de moda" como Michel Foucault, Sarte ou Guy Debord tendo pensadadores da altura dum Fernando Sabater. Ou ainda melhor, uma Playstation.

lugris #38 29/Setembro/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Algúns de nós formamos parte da historia do nacionalismo galego, tamén Beiras, tamén outros antes ca nos. Agora estamos neste século XXI e somos quen de mate-lo facho acendido. Neste importantisimo momento para a nosa historia como nación, hai que pedir mais altura política. Con estas actitudes de desprecio aos órganos de goberno do Bng, flaco favor se lle fai ao nacionalismo galego que será o que nos interesa ou non?

bainha #39 29/Setembro/2008 bainha
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Por aqueles anos, Suso, andaba o Beiras a escribir "O atraso...", un clásico do nacionalismo, só superado polo "Sempre...". Mágoa que para algúns sexa unha obra do século pasado. A algún convíñalle un par de lecturas de cando en vez.

lugris #40 29/Setembro/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Qúe terá que ver o cú cas témporas. Mágoa, mágoa ...

Autodeterminacao #41 30/Setembro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Galiza e a Irlanda têm muito em comum:

A Irlanda do Norte está ocupada pelos ingleses.
A Galiza do Norte está ocupada pelos espanholistas.
A Irlanda do Sul é um país independente.
A Galiza do Sul é um país independente (Portugal).

Autodeterminacao #42 30/Setembro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Se és patriota escreve em galego na norma internacional.
Hoje tanto se pode chamar à nossa língua nativa e materna português da Galiza como galego de Portugal. É a nossa língua NATIVA e MATERNA e não adoptiva.

Temos é de ficar satisfeitos com a sorte de a parte a sul da Galiza se tornar independente desta humilhação e conservar a nossa língua nativa e materna.
Esta sorte não têm catalães e bascos. Permite-nos recuperar a nossa língua e cultura. Não podemos é fazer o jogo do castelhano colonizador perdendo tempo com o “portunhol”. Três séculos de proibição do nosso idioma já não foi suficiente?
O que a RAG está a fazer é aproveitar-se da miséria alheia. Neste caso os castelhanos a aproveitar-se da desalfabetização que os próprios fizeram com a colonização da Galiza.
Se temos como língua materna e nativa uma das mais faladas do mundo porque teremos de adoptar um dialecto isolacionista espanholista que só serve para atrazar a Galiza?

Só a recuperação da nossa língua NATIVA e MATERNA nos permite ser respeitados como país.

Autodeterminacao #43 30/Setembro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Peço desculpa aos leitores da repetição dos comentários #29 a #33 pois foi erro da Net. Eu não repeti.

Tino #44 30/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cando Beiras era o candidato do bng, a upg sempre se impuña en TODAS as decisións: non sei a que ben agora esta rachadura d vestiduras.

alog #45 30/Setembro/2008 alog
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Beiras é un intelectual enorme, foi un bo politico, mais é un mal perdedor. O atraso debía ser un libro de lectura obrigatoria na escola e na Universidade, ainda que hai cousas que mudaron muito -eu recomendo que os economista debían leer o atraso logo a estructura de Liceaga e logo voltar a leer o atraso para contextualizalo. O que pasa é que Beiras como politico xa rematou os seus días, i é un politico seculo XX. Por certo sería moi interesante unha reflexión sobor o papel da UPG no nacionalismo actual como forza cohesionadora do mesmo, sen grandilocuencia pero con perspectiva historica.

Autodeterminacao #46 30/Setembro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Portugal é uma Nação Galega.
No foclore popular no centro de Portugal ainda hoje se dança e canta com honra na origem galega
http://br.youtube.com/watch?v=...

Autodeterminacao #47 30/Setembro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Fim à segregação cultural e linguistica na Galiza.
Na Galiza os galegos e galegas querem falar e escrever a língua de seus pais e avós o Galego-Português e a RAG está a inventar um dialecto artificialmente para afastar-nos das nossas origens e cultura.
Vejam este vídeo: http://br.youtube.com/watch?v=...


Gastam-se milhões de Euros dos nossos impostos a subsidiar todos os media que promovam o “galenhol” ou “portunhol” da RAG. Tudo isto porque o galego-português é um dos idiomas mais falados do mundo trazendo uma autonomia à Galiza nas suas comunicações. internacionais quer a nível cultural como comercial. A Galiza tem sido desrespeitada durante séculos , já é tempo de nos respeitar.
Vamos todos fazer um esforço em escrever em galego-português porque mais vale escrever com erros em galego/português do que em “galenhol” ou “portunhol” da RAG como lhe queiram chamar.
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube...

Se temos como língua materna e nativa uma das mais faladas do mundo porque teremos de adoptar um dialecto isolacionista espanholista que só serve para atrazar a Galiza?
Só a recuperação da nossa língua NATIVA e MATERNA nos permite ser respeitados como país.

Arroas #48 1/Outubro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Vale, ouh¡¡ AGora Bieras é o malo da película, un "demodé", pasado, amnésico, traidor........ veñaaaa muchachos.... atade o nervio.
Todo o mundo é susceptible de crítica, e Beiras o primeiro co resto do bloque, pero iso de mandalo á fogueira agora, como se fose un... en fin, calo. Ea até podo entender certa carraxe de Beiras no seu momento, cando un Brutus colectivo lle espichou unha navallada que nen nos seus peores soños debeu soñar ninguén que dou todo,o mello da súa vida, do seu quefaccer e do seu pensamento político. LEmbremos quen empuñou a arma homicida...e memso saia na prensa póndolle data de xubilición ao Beiras, namentras el... a darle ao bico aplauso dos acólitos. PAsado está, toca tirar do carro, cmoo sempre, todos xuntos, pero falar de Bieras desta maneira, sen o mínimo respecto e recoñecemento, aínda que sexa humano... en fin, un pouco desproporcionado. Compañeiros de Under Pressure Galiza, relaxádevos, tomade uns viños cos "outros", falemos, mesmo rir algo (que cariñas algúns) e deixade de ver pantasmas en cada esquina: en cadaaaa esquina un amiiigoooo...
Ala,avante GZ.
Un bicoe unha aperta para Beiras, ao que seguro nunca coñecerei en persoa. CIao

Arroas #49 1/Outubro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

... bon, como sodes muito listos, xa vos decataríades da dislexia na escrita...Of course: BEiras,non Bieras.....
Desolé

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: