Os participantes, déronlle voz a quen non son escoitados para solicitar a ratificación da Convención da ONU sobre os dereitos dos migradores, a creación dunha axencia de Nacións Unidas que defenda eses dereitos e a posta en marcha dun "pasaporte universal" que simbolice o ideal da construción da cidadanía universal, a non discriminación e a integración respectuosa do traballador emigrante. Ademais de propor alternativas e dicir “non” á directiva de retorno da Unión Europea (UE).
Participaron neste encontro entidades de ámbito local, nacional e internacional, entre as que destacan: CEAR (España), Grit dos Excluídos (Brasil), Save the Children, RAEM (Senegal), OXFAN, RED ACOGE, FEDELATINA, RED CON VOZ, AEPN, entre outras. Abordáronse diferentes temas: a globalización e as migracións, as sociedades de orixe e alternativas de desenvolvemento, as fronteiras e os dereitos humanos, a sociedade de chegada, o asilo, o desprazamento e o refuxio.
Participación galega
Por primeira vez, Galicia contou con representantes neste ámbito de debate e reivindicación social. A presentación do Foro Galego de Inmigración neste III FSMM, é produto de máis dun ano de traballo que se remonta a novembro de 2007, cando foi invitado a participar pola Comisión Española de Ayuda al Refugiado (CEAR), coordinadora principal do evento.
O primeiro paso foi a incorporación á comisión estatal que, xunto á internacional, encargouse de elaborar os eixes temáticos, propor actividades, seminarios, talleres, avaliar e organizar as mesas de debate que fixeran visible as diferentes realidades dos emigrantes no mundo.
Dende Galicia deseñáronse 2 actividades, que foron aprobadas polos distintos grupos de traballo. Unha delas foi un seminario dentro da tema “As sociedades de chegada e a situación dos emigrantes“ onde se expuxeron as propostas consensuadas na III Asemblea de Inmigrantes e emigrantes retornados de Galicia que se celebrou o 25 de maio na cidade de A Coruña. Esta intervención formaba parte dunha mesa de discusión sobre “O traballo das entidades sociais no ámbito das migracións”, en compañía doutras dúas entidades, a Red Europea de Lucha Contra la Pobreza y la Exclusión Social en el Estado Español (EAPN ES) y EPIM (European Programme on Integration and Migration).
A segunda actividade consistiu nunha experiencia vivencial de reflexión sobre estereotipos, na que se exemplificou o traballo realizado nos centros escolares galegos coas campañas educativas “Xunt@s” dirixida ao alumnado de primaria, “En cada rostro igualdade” para estudantes de ESO e o VideoForum para Bacharelato. Ambas actividades contaron cun gran número de asistentes, creando desta xeito un rico espazo de reflexión e intercambio de experiencias, que nos permitirá realizar mellor o noso labor dende Galicia. Asemade, fomentouse o contacto e a creación de redes de información con institucións afíns, garantindo a difusión das nosas iniciativas e a aprendizaxe cooperativa.
Manifestándonos...
Baixo o lema “Nuestras voces, Nuestros derechos. Por un mundo sin muros” máis de dúas mil persoas mobilizáronse o sábado 14 de setembro dende Legazpi ata Atocha co fin de denunciar o levantamento de muros físicos, xurídicos e sociais que impiden a libre circulación das persoas. Culminando co derrubamento simbólico dun muro de tea e a lectura da II Declaración de Rivas que denuncia o crecente deterioro das condicións de vida que impacta sobre as persoas emigrantes, refuxiadas e desprazadas dos diferentes continentes e, especialmente, dos pobos palestino, saharauí, colombiano, sudanés e iraquí. Esiximos a derrogación da directiva de retorno da UE, como calquera instrumento legal que permita la criminalización de migrantes no mundo. A partir de agora, comezarase a traballar de cara ao IV FSMM que se convocou para o 2010 na cidade de Quito, Ecuador.
Dar voz aos que no son escoitados esta ben, a creación do pasaporte dos migrantes tamen, non discriminar, integrar, permitir a circulación ceibe, a creación de redes de información, agora ben esta á acontecer que o mundo da emigración no que reflicte ó RETORNO esta coa pena do esquezemento xa que nada se din deste xeito quizá pola falta de actividade das asociacións dos retornados. Nada din antes tan presentes no eido da prensa e os programas dos concellos polo interese da política.
Hoxe están vixentes leis coma ou Real Decreto 8/2008 data 11 de xaneiro polo que se regulan as prestacións por razón de necesidade dos colectivos residentes no estranxeiro e dos RETORNADOS, no artigo 25 fala dos españois de orixe ou non, o sea que esta a discriminar aos retornados que no son nados no territorio do reino, polo miudo discrimina ainda aos que sendo retornados non ten oito anos de residencia ininterrompida no estado para ter dereito á devandita pensión.