Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Esta segunda feira

Lula promulga o polémico Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa

O convenio unifica e simplifica a forma de escribir nos oito países que comparten lingua oficial. Os portugueses protestaron, porque muda un 2 por cento o seu léxico.

Redacción - 10:20 30/09/2008
O acordo asínase coincidindo co centenario da morte de Joaquim Maria Machado de Assis, na imaxe

O acordo asínase coincidindo co centenario da morte de Joaquim Maria Machado de Assis, na imaxe

O presidente brasileiro, Luíz Inácio Lula da Silva, asinou, esta segunda feira, o decreto para promulgación do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa, que ha unificar e simplificar a forma de escribir nos oito países onde o portugués é lingua oficial.

A data escollida era simbólica, xa que coincidía coa conmemoración do centenario da morte de Joaquim Maria Machado de Assis (1839-1908), escritor en lingua portuguesa, considerado o autor máis universal do Brasil. A sinatura do acordo fíxose na sesión solemne na sede da Academia Brasileira de Letras, en Rio de Janeiro.

O Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa
O Acordo Ortográfico foi aprobado en decembro de 1990 por representantes de Portugal, Brasil, Santo Tomé e Príncipe, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Angola e Mozambique. Timor-Leste adheriuse en 2004, após a independencia de Indonesia. Para darlle forza, debe ser ratificado por un mínimo de tres dos oito países que o subscriben. En 2006 ratificárono Santo Tomé e Príncipe, Cabo Verde e Brasil, e Portugal fíxoo en maio deste ano.

O texto entrará a en vigor no Brasil a partir de xaneiro do ano que vén, e terá unha implantación gradual. Até 2010 non se introducirá nos libros de texto. En 2012 tornarase obrigatorio.

Polémica
Esta última reforma do Acordo Ortográfico non estivo exenta de polémicas, sobre todo en Portugal, onde case o 2 por cento do vocabulario cotián se verá afectado. Pola contra, no Brasil só vai afectar ao 0,5 por cento das verbas empregadas no día a día.


4.27/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: