Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Polígono de Carballeda de Avia

No PXRUG como receptor de residuos sólidos urbanos

Revisado o Plan de Residuos urbáns de Galiza, Coto do Frade quere alertar da intención de implantar, anexo o parque ambiental, unha planta para o tratamento de residuos solidos urbanos.

Coto do Frade - 17:42 06/10/2008

Desta derívase a posibilidade máis que feacente de contar en dita instalación con un macrovertedoiro para os rexeitamentos (taboa 42 do plan, situación A).

Do mesmo xeito, o novo plan de residuos recolle a intención de tratar en Carballeda (mapa 22 do plan,situase a planta nesta localidade) a fracción resto así como, a fracción orgánica e envases lixeiros (mapa 23 do plan, situase a planta nesta localidade) sendo diversos os escenarios e chegando a incluir en dous dos mesmos o tratamento dos residuos do sur da provincia de Pontevedra, aparecendo en tódolos escenarios a Provincia de Ourense na súa totalidade.

Dende Coto do Frade queremos denunciar esta situación que pouco ou nada ten que ver co desenrolo sostíbel, o modelo que se tenta impoñer nada ten que ver coas disposicións marcadas por esta asociación, das cales se deriva a descentralización na xestión dos residuos sólidos urbáns en tódalas súas fraccións e a implantación de pequenas plantas, onde a eficacia e maior e o impacto medioambiental se reduce de xeito considerable.

Neste caso, o impacto sobre o medio e as afeccións derivadas do mesmo condenan a comarca do Ribeiro a un futuro pouco desexable dende tódolos ámbitos (medioambiental, social e de saúde pública dada a cercanía deste macrocomplexo a núcleos poboacionais).

Coto do Frade denuncia
a falla total de escrúpulos que amosa a actual administración o tentar impoñer un proxecto cargado de interpretacións confusas e xerador de conflictos veciñais, así mesmo, denunciamos a mentira total e absoluta que envolve todo este proceso, do cal, en diferentes reunións mantidas por esta asociación cos responsables do proxecto (consellería de medioambiente e consellería de vivenda e solo) se nos aseguraba que Carballeda non entraba dentro no novo plan de residuos urbáns de Galicia, e que o mesmo ía enfocado a instalación de empresas só de reciclaxe para residuos industriais non perigosos.

Evidentemente, coñecido o novo plan en período de suxestións, toda a información recollida ata o de agora por esta asociación e derivada desas reunións carece de valor algún, polo que esta asociación se posiciona totalmente en contra deste macroproxecto.

Coto do Frade obedece única e exclusivamente a criterios medioambientais, sendo obxectivo fundamental dos seus plantexamentos o analise serio das diferentes situacións con total independencia (política, económica), nos plantexamentos desta asociación non cabe argumento algún que derive nos diferentes intereses que envolven este proxecto na súa vertente Pro e Contra. Coto do Frade quere recalcar que dentro deste plan só se fai referencia a Carballeda na taboa 42, situación a, no resto das interpretacións que fai esta Asociación tomamos como base a situación xeográfica de Carballeda nos diferentes mapas de Galiza que aparecen no plan, onde a referencia escrita é Planta de tratamento de Ourense.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: