A súa aplicación suporá un retroceso cualitativo nos dereitos e, polo tanto, na calidade de vida, consideran os e as participantes nunha enquisa.
Un 77,3% dos galegos e galegas rexeita a Directiva de Traballo aprobada polo Consello de Emprego da UE, que permitirá incrementar até un máximo de 65 horas a xornada laboral semanal, segundo os datos obtidos por unha enquisa elaborada polo Movementos polos Dereitos Civís (MpDC). Este resultado tírase do segundo bloque do texto, titulado A situación dos Dereitos Civís en Galiza.
Os resultados demostran o desacordo que provoca a medida entre a sociedade galega, xa que ha supor un retroceso cualitativo nos dereitos dos traballadores e, polo tanto, na calidade de vida. Deste 77,3% dos enquisados que rexeitan a directiva das 65 horas semanais, un 30,2% valóraa negativamente, e un 47,1% considéraa "moi negativa". Do milleiro de persoas entrevistadas no pasado mes de setembro, tan só o 13,9% considera positiva esta norma.
Os promotores desta iniciativa, do MpDC, animan a toda a cidadanía galega a participar nas mobilizacións convocadas, para esta terza feira, en todo o país, "para evitar que se continúe avanzando na recesión dos dereitos dos traballadores e traballadoras".
Oa vieiros!
Antes de comezar quero dicir que vexo que as noticias máis comentadas son as que teñen que ver coas independencias de determinadas rexións.Entendo que eses sexan tamen uns temas interesantes e que todos temos que comentar pero e que este que se nos plantexa, o de permitir que volvan de novo a existir estas politicas... Non entendo como pode haber persoas que apoien isto.Polo que parece agora somos nos os máis progres dentro de Europa... porque as maiores potencias europeas apoian esta decisión. Eu so espero que a ley das 8horas que tanto lle custou a tantos traballadores sexa a unica e que esta idea das 65horas semanais non sexa aprobada. Non é cuestión de ideoloxias, é unha cuestión de dereitos humanos
helen, desgraciadamente as novas máis comentadas son as que teñen que ver con liortas entre nacionalistas por mor da lingua.
Está claro que deberían ser novas como ésta as máis xa que son moito máis importantes.
E pode haver discussão quanto a isto?
Pode alguém argumentar um apoio a esta barbaridade?
ou ainda, têm os comentários em Vieiros a capacidade de modificar o mais mínimo esta situação?
Melhor outras formas de ação que debates inúteis sobre o óbvio. Mas para gerar debate talvez podemos propôr ideias quanto a como afrontar a situação da inoperatividade da esquerda e a queda dos sindicatos em vez de repeter o que já sabemos.
Geremos debate então: votos a IU ou coqueteis molotóv?
Talvez a alguém lhe possa interessar a opinião deste "esquerdoso trasnochado":
http://obeco.planetaclix.pt/ro...