"A crise é global, certo, pero o autogoberno galego conta con recursos que nos dan marxe para actuar positivamente, para enfrontar a recesión e para aminorar os seus efectos negativos sobre os sectores produtivos básicos da nosa economía", expresou o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, nunha intervención onde a idea do autogoberno como ferramenta a espremer para enfrontar o contexto económico actual estivo presente de xeito reiterado.
Quintana iniciou a súa intervención expoñendo que o BNG é a formación política ideoloxicamente máis afastada das doutrinas que deron lugar á actual crise "global" que agora impacta en Galiza e debullou departamento por departamento, as oportunidades que o modelo de "uso pleno do autogoberno" fornece para combater ese escenario. Na opinión de Quintana, o Goberno soubo aproveitar as oportunidades para, lonxe de clonar políticas "derivadas de Madrid ou Washington" impulsar un cambio de rumbo nas políticas económicas do país. Foi así como citou por exemplo o reforzamento do sistema galego de I+D+i, a aposta por sectores produtivos "de maior potencial", o impulso dunha "nova economía do benestar" apoiada na construción de vivenda como ben social, ou o deseño doutro modelo de explotación dos recursos enerxéticos.
Foi este último chanzo un dos que máis énfase recibiu no seu discurso, xa que subliñou a "ruptura" introducida respecto das políticas enerxéticas do PP e destacou a introdución da participación pública no ámbito eólico logo do "modelo colonial" que acusou de aplicar ao anterior executivo. Na mesma liña, salientou que a mobilización de arredor de 5.000 millóns de euros que o próximo ano conseguirá o decreto que regula os aproveitamentos eólicos terá un importante valor "dinamizador" na economía de Galiza.
Há uma discução muito estúpida se o nosso idioma nativo se deve chamar Galego ou Português.
Esta estupidez tem afastado muitas elites portuguesas da causa galega.
Não estamos em tempo de dividir esforços....
Que o idioma é o mesmo ninguém tem dúvidas.
Deixem o GALEGO entrar na lusofonia que em todo o mundo todos os povos saberão que o galego existe e é o pai do português.
Agora quem conhece que há um idioma galego? Para além de nós?
Temos de ser inteligentes e ver o curto, médio e longo prazo......
Só escrevendo o nosso idioma nativo sem castelhanices na norma universal temos futuro como galegos..