Dende este xoves, pódense solicitar os equipos nas tendas que colaboran coa consellaría. Deberán levar instalado software libre.
Dende este xoves, os traballadores autónomos de Galiza poden pedir axudas para a adquisición de computadores, que concederá a Consellaría de Innovación e Industria. A subvención vai destinada á compra dun ordenador, portátil ou de sobremesa, que debe levar instalado o sistema operativo Linux e os aplicativos de software libre OpenOffice e Mozilla Firefox.A subvención, convocada pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, está limitada a autónomos que non se dediquen ao comercio retallista, para os que xa existe unha liña de axudas específica. A axuda non cobre a compra de licenzas de software nin de periféricos. Cubrirá até o 45% do prezo, cun máximo de 350 euros por solicitante.Para acceder á liña de axudas haberá que acudir aos proveedores de equipamento informático que solicitaron ser entidades colaboradoras da campaña. A listaxe publicouse no DOG do mércores 8 de outubro.O prazo de solicitude das axudas estará vixente durante o ano 2009, até esgotar o crédito total consignado polo Goberno, de 659.400 € no ano 2008 e 999.950 € no 2009.
E sobre a lingua, unha vez máis, nada de nada...
Mira ti se non se podería especificar nas bases de convocatoria que o OpenOffice e o Firefox deberían estar na súa versión en galego...
"A axuda non cobre a compra de licenzas de software nin de periféricos."
Pois se o software vai por conta do autónomo, que subvecionen o aparello e que deixen logo que cada quen utilice o software que queira (ou que necesite). Está ben que se fomente o uso de Linux, pero que empecen pola propia Xunta, dando exemplo, e polos centros de ensinanza. Non todos os autónomos poden desenvolve-lo seu traballo en Linux, mal que lles pese. Se falamos de escribir documentos rtf non hai problema, pero hai outras operacións, edición de vídeo, deseño, etc, que en Linux se fan máis costa arriba. E un autónomo quere o ordenata para que o traballo vaia fino e costa abaixo.
Se o seu comentário é apagado em Vieiros ou o seu acesso é cortado envie um email para:
anticensuragaliza@gmail.com
Por favor no seu email envie-nos o texto censurado.
tiran a nosa pasta no ave, na burguesía bancaria e na industria tecnolóxica e dín que chove cando realmente mexan por nos. pero que se vai esperar duns políticos que se agochan baixo a súa incapacidade e burramia e soio saben estarricala man cara as prebendas da caixa nova, alstom/siemmens ou hp, gigabyte, asus e demais caterva. dígovos que o sistema fixo augas, está totalmente volcado e estes soio pretenden salvalo séu cú.
#2 Carracho, usa-ches Linux algumha vez na tua vida? Quanto ha disso? Acho que estas mais anticuado que o velho dos tirantes rojigualdos. Hoje com Linux podes fazer o que che pete, o que che dea a gana, o que che saia de dentro, ala do fondo.
#5 No meu comentario obviamente son simplista cando digo que en Linux, "Se falamos de escribir documentos rtf non hai problema"... En contra do que pode parecer nese comentario, son consciente de que se poden facer moitas cousas ademáis que escribit un rtf. Non utilizo Linux, tratei de facelo hai anos pero desistín porque requería demasiado tempo de instalación, proba-erro, etc. Tratei de traballar con Gimp sobre Windows, pero carece –ou carecía, quizáis xa estea implementado– de xestión de CMYK, algo elemental en traballos de impresión. Falaba de casos específicos nos que o autónomo podería respetablemente preferir outro sistema operativo. En calquera caso, o obxectivo do meu comentario non era, aclaro, para nada o de cuestionar o valor de Linux; supoño que é un bo sistema operativo e ademáis ten unha historia bonita detrás. Para o que escribín o comentario foi básicamente para criticar o criterio da Xunta á hora de apoiar a informatización dos autónomos. Se quere axudar aos autónomos a informatizarse, ¿por que non deixa que se informaticen como lles pete, no sistema operativo que cada un libremente prefira polas razóns que lle parezan oportunas? ¿Por que "a axuda non cobre a compra de licenzas de software" e logo condicionan as axudas a o uso dun determinado software?
Como dicía, na miña opinión paso coherente, modélico e factible para fomentar Linux (e para aforrar moito diñeiro público, pagado polos autónomos e demáis contribuíntes) sería poñelo en todos e cada un dos ordenadores da Xunta e dos centros escolares galegos. ¿Canta pasta se paga para manter todos esos Windows?