Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÍA MUNDIAL CONTRA A PENA CAPITAL

Entre 18 mil e 27 mil presos están a espera da súa execución

Amnistía Internacional reclama a todos os países unha resolución ante a ONU que impulse definitivamente unha moratoria universal da pena de morte.

Redacción - 11:15 10/10/2008

Durante o ano 2007 executáronse unhas 1.252 persoas en 24 países diferentes. Estes son, ao menos, os datos dos que ten constancia Amnistía Internacional (AI), quen exixe unha actitude máis activa por parte de todos os países no Día Mundial Contra a Pena de Morte. Na actualidade e segundo os seus datos, hoxe a pena capital é unha ameaza para un número entre 18.311 e 27.562 persoas, as que están presas en corredores da morte de todo o mundo. AI pide a todos os estados que promovan unha resolución conxunta ante a Organización das Nacións Unidas (ONU) para impulsar unha moratoria universal. Esta medida reforzaría a actual (Resolución 62/149) que sobre este tema xa aprobara este organismo en decembro de 2007.

Notábeis avances
Até o de agora 92 países xa eliminaron a pena capital das súas lexislacións para todos os delitos, outros 10, para os comúns e outros 35 estados son "abolicionistas na práctica" ao non teren levado a cabo execucións na última década. Isto dá unha cifra de 137 países que xa dixeron non á pena de morte. Os casos máis recentes que xa aboliron a lei son Uzbekistán e Arxentina.

Porén, outros 60 estados seguen sendo retencionistas e en 24 destes últimos realizáronse até 1.252 execucións en 2007. O 88% do total tivo lugar en Arabia Saudí, China, Irán, Estados Unidos e Pakistán.


Ligazóns

4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: