Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Segue a destrución da natureza nas terras Melide-ulloa

Unha pista no LIC Serra do Careón danan especies en perigo de extinción

As obras dunha pista forestal na parroquia de Ramil (Palas de Rei), en pleno LIC Serra do Careón, alteran gravemente o sustrato serpentinítico e danan exemplares de flora endémica en perigo de extinción.

ADEGA - 17:51 15/10/2008
Tags:

A pista, probabélmente para servizos forestais, leva aparellada o rozado mecánico, a remoción e o subsolado profundo do sustrato e carece de estudo de impacto ambiental. Plantas endémicas coma a Santolina melidensis, a Armeria merinoi e o Leucanthemnum gallaecicum están catalogadas como "en perigo de extinción" no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

A zona, caracterizada pola presenza dun raro substrato serpentinítico pola alteración de rochas ultrabásicas, alberga comunidades vexetais pouco frecuentes e especies únicas. Alén das xa mencionadas, é posíbel atopar tamén outros interesantes serpentinófitos como Alyssum guitianae, Anthyllis melidensis, Asplenium adiantum-nigrum var. corunnense, Centaurea janeri subsp. gallaecica, Euphorbia exigua subsp. merinoi, Koeleria crassipes, Phleum pratensis subsp. bertolonii, Plantago serpentina, Sagina merinoi, Sedum villosum subsp. aristatum ou Thlaspi oligospermum.

As obras da pista, de até 8 m de ancho nalgúns treitos, arramplaron coa vexetación e as escavadoras mesmo provocaron o subsolado profundo, deixando os entullos e as matas secas amoreadas nas beiras e danando nalgúns casos os muretes lindeiros tradicionais, singular elemento etnográfico construido tamén a base de rochas ultrabásicas.

ADEGA lembra que estas actuacións, por estar dentro dun espazo da Rede Natura e afectar a hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción, deben contar cun estudo de efectos ambientais previo, precisamente para garantir que non van poñer en perigo os valores naturais obxecto de protección.

Non nos opoñemos á millora das infraestruturas forestais par facilitar o combate ao lume, pero estes traballos non poden facerse de calquera xeito e rematar degradando os elementos máis valiosos do noso patrimonio natural.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete