Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
BALANCE DO PLAN INCITE

O Goberno seguirá a "apostar polo I+D+i como motor económico"

O vicepresidente da Xunta confía en que en 2010 se supere o 1,5% do PIB do país destinado á innovación.

Redacción - 18:35 20/10/2008

O Goberno seguirá a apoiar o I+D+i como vertebrador do desenvolvemento económico. Segundo explicou o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, estase a articular un sistema propio para potenciar a investigación no país e mellorar a competitividade, tanto dos sectores emerxentes como dos tradicionais.

Quintana presentou este luns, xunto co conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, o balance do Plan Galego de I+D+i (Incite), que se puxo en marcha hai dous anos co obxectivo de que no ano 2010 o gasto neste sector supoña o 1,5% do PIB fronte ao 0,8 do ano 2005.

O vicepresidente, que salientou a necesidade de promover unha I+D+i "con rostro humano", tamén achegou datos como que o orzamento global en investigación medrou un 112% nos últimos tres anos, pasando de 83 a 176 millóns de euros. Xa no primeiro ano de vixencia do plan Incite, o investimento privado supuxo o 44% do esforzo total en I+D en Galiza, co obxectivo de acadar o 50% dentro de dous anos.

Neste senso, Quintana quixo animar o mundo empresarial a xerar complicidade coa administración para "traballar e camiñar da man", tamén coa cooperación das universidades. O vicepresidente do Goberno amosouse convencido de que "imos polo bo camiño para acadar os obxectivos previstos".

Entre as iniciativas postas en marcha pola Xunta atópanse a constitución de dez novos centros tecnolóxicos, pasando de 11 a 21, en sectores estratéxicos, como as telecomunicacións, o naval, o sector lácteo ou o plástico. Tamén se constituíron 17 plataformas tecnolóxicas, cun investimento de 4,6 millóns de euros.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: