Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAÍDA DO CAPITALISMO

A crise incrementa o interese por Marx

As vendas do Manifesto Comunista aumentaron un 900% entre maio e outubro deste ano.

Redacción - 19:00 21/10/2008

O contexto de crise financeira e os debates sobre o derrube do sistema liberal están a fomentar un maior interese na figura de Karl Marx. Así o demostran as estatísticas, que falan do crecemento da popularidade do filósofo e depáranos datos como as 40 mil visitas que este ano se realizaron xa á cidade alemá de Tréveris, onde naceu en 1818, e onde hoxe está situado o museo adicado á súa traxectoria. Pero aínda hai máis: a editorial inglesa Penguin confirmou o aumento dun 900% nas ventas da máis clásica das súas obras, O Manifesto Comunista, dende maio até outubro. Ademais, a dirección do cemiterio de Highgate (Londres), onde está enterrado o pensador, informa dun aumento de visitas e de peticións de información de cadeas e xornalistas de todo o mundo.

A súa análise crítica do sistema capitalista de 1867, O Capital, é outro dos libros que aumentou as súas vendas. Dende a feira do libro de Fráncfort que ven de celebrarse en Alemaña, o editor especializado en literatura comunista Jorn Schütrumpf asegura que os lectores son fundamentalmente mozos, unha xeración académica que se cuestiona a realidade ante a crise do sistema. Así, explica que o actual colapso bancario fai que moitos pensen na relectura de Marx, quen xa advertía da creación dun capitalismo explotador que remataría por destruírse a si mesmo. Schütrumpf reflexiona sobre este retorno aos inicios do marxismo e asegura que "unha sociedade que sente novamente a necesidade de ler a Karl Marx é unha sociedade que non se sente ben".


Ligazóns

4,91/5 (11 votos)


Comentarios (23)

Artritris #1 21/Outubro/2008 Artritris
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Logo do neoliberalismo... o neocomunismo?

bertus #2 21/Outubro/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Derrida xa o dixo en "Espectros de Marx" (cunha interpretación bastante "sui generis" por outra banda): Marx e/ou o espectro, volven.

micsha #3 22/Outubro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



ANGR #4 22/Outubro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

O riso forçado indica nervosismo.

Já o dizia Siniestro:

"Después de tantos años de mirarnos a los ojos
el enemigo parpadea y está nervioso.
Después de tanto tiempo de mirarnos a la cara
le sudan las manos y no aguanta la mirada.
Después de tanto tiempo,
al final del túnel se ve una luz
y al destino, que cierra el puño y dice ¡Salud!"

Polo demais... Não há que preocupar-se em excesso. Tudo vai segundo o previsto (por Marx, claro).

Saúde!

ANGR #5 22/Outubro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O riso forçado indica nervosismo.

Já o dizia Siniestro:

"Después de tantos años de mirarnos a los ojos
el enemigo parpadea y está nervioso.
Después de tanto tiempo de mirarnos a la cara
le sudan las manos y no aguanta la mirada.
Después de tanto tiempo,
al final del túnel se ve una luz
y al destino, que cierra el puño y dice ¡Salud!"

Polo demais... Não há que preocupar-se em excesso. Tudo vai segundo o previsto (por Marx, claro).

Saúde!

ANGR #6 22/Outubro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O riso forçado indica nervosismo.

Já o dizia Siniestro:

"Después de tantos años de mirarnos a los ojos
el enemigo parpadea y está nervioso.
Después de tanto tiempo de mirarnos a la cara
le sudan las manos y no aguanta la mirada.
Después de tanto tiempo,
al final del túnel se ve una luz
y al destino, que cierra el puño y dice ¡Salud!"

Polo demais... Não há que preocupar-se em excesso. Tudo vai segundo o previsto (por Marx, claro).

Saúde!

ANGR #7 22/Outubro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Mi ma!!!!! Não sei que arroutada lhe deu ao sistema. Será que o argumento era potente de mais para colher num só comentário, hihihi ;)

Peço desculpas.

bertus #8 22/Outubro/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Falábase noutra noticia de exorcismos: o riso nervoso, propio dos posuidos, indica que o espectro (si, no 2008) non foi exconxurado debidamente.

Vakaloura #9 22/Outubro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

A boas horas, mangas verdes! Karl Marx nunca morreu. Morreron os seus seguidores que nestora se recordan amargamente del. Fillo: ¡aprende a dubidar!

Xeonllo #10 22/Outubro/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Di Micsha:

XDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD...

"Asombroso lo de Vieiros. No recuerdo un caso tal de decadencia en medios informativos en mi vida... ¡Vieiros se ha convertido en la agencia de publicidad del marxismo...! ¡En el 2008...! XDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD

Quintela, mira lo que han hecho con tu gran obra..."



O que é asombroso é que no 2008 aínda non se teña aprendido que o captitalismo é a principal lacra da humanidade hoxe en día. E sobre todo que existan intelectuais e xente culta que non o queiran ver. Esta xente que coñece a realidade é moito máis culpable á hora de defender o sistema que é causante de miseria e fame en máis da metadade da humanidade.

tinho #11 22/Outubro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Que tremam os capitalistas e os seus fieis cans de companha, se de certo esperta-se de novo um sentimento revolucionario,mais iste maldito sistema neo-liberal, tenhe-lhe absorbido os miolos a demasiada gente. Onde dianho esta a esquerda combativa?.
Falam-nos de crise e todos a baixar as orelhas, pois eu protesto, e berro abaixo a DITADURA DO CAPITAL!!!

alpabarda #12 22/Outubro/2008 alpabarda
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Sorprendente. Fálase neste foro da esquerda combativa. Que a revolución está á chegar. Pero, quén a trae? ... Non serán os sindicatos que están subvencionados polo estado (a CIG incluida) A súa preocupación é, única e exclusivamente, aumentar a capacidade de influencia pero en ningún caso pretenden muda ningunha. É máis, están xa untados e disfrutan neste sistema. Os partidos de esquerda... simplemente non existen. Os partidos que se din de esquerda din unha cousa antes de chegar ó poder e ó chegar non fan nin o 10%. Os revolucionarios... tampouco o creo. Eu mesmo pensaba que era revolucionario pola miña forma de pensar e a cantidade de libros do asunto que lera, pero despois dunha reflexión profunda consistente en ver que fago básicamente o mesmo que calquer outro cidadán que dí non ser revolucionario, levoume á inevitable resolución de non considerarme revolucionario (bueno, polo menos conservei o uso da razón como proceso de análise. Algo é algo). Compañeiros sexamos realista, por favor.

Carl #13 22/Outubro/2008 Carl
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como me cheira esta nova a Fernando Arrizado... Un saudo

Carl #14 22/Outubro/2008 Carl
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como me cheira esta nova a Fernando Arrizado... Un saudo

maleiro #15 22/Outubro/2008 maleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Capitalismo = PRIVATIZACIÓN DAS GANANZAS E SOCIALIZACIÓN DAS PERDAS.

FROUXEIRA #16 22/Outubro/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Marx inda vive e a mostra é o que está a pasar coa economía capitalista.Estanos a afogar aos traballadores, máis non aos que xa teñen recursos abondosos para sortear a crise.....e logo volta a comezar.Ou crearan un novo sistema económico?, mais equilibrado?, mais igualitario e equitativo?.
Deixar a ver que é o que pasa si resistimos.

tinho #17 22/Outubro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Libros tamem de interese som: O estado e a revoluçom, e Imperialismo,fase superior do capitalismo de Lenine anque escrito fai moito tempo, consta de rigurosa actualidade

bezoucos #18 22/Outubro/2008 bezoucos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

"crise do liberalismo", ja, ja, ja...
Hermanos alegraos que el reino de los cielos está cerca...
Pois si que estamos ben... (bon, mellor dito, estades)
P.D.: Se Pol Pot vivise, esto non pasaba ho!!!!

alpabarda #19 23/Outubro/2008 alpabarda
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O mal que está a tumbar ó capitalismo é, básicamente, o mesmo que tumbou ó socialismo: A Corrupción.
Polo tanto, a solución nunca virá dada por mudar o sistema, senon por que a xente realmente mude na súa forma de actuar. De que vale que os dirixentes de grandes bancas, agora en creba, sexan no futuro os dirixentes do Partido Comunista de turno? As cousas funcionarán igual de mal.

alpabarda #20 23/Outubro/2008 alpabarda
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Penso que estamos a contemplar acontecimentos que nos deberían levar máis a actuar
PROPOÑO A VIEIROS QUE ABRA UN FORO PARA PROPOÑER

BonKarallan #21 23/Outubro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu me rio de janeiro, oíndo falar a Jarpo Marx.
Fala polos kóbados o mudo ese.

bertus #22 24/Outubro/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

19#, "a solución nunca virá dada por mudar o sistema, senon por que a xente realmente mude na súa forma de actuar".

Mais ben, se as masas non actúamos é dificil mudar ningún sistema, pois cambiar de sistema non é unha cuestión simplemente nominal. 19#, "a solución nunca virá dada por mudar o sistema, senon por que a xente realmente mude na súa forma de actuar".

Mais ben, se as masas non actúamos é dificil mudar ningún sistema, pois cambiar de sistema non é unha cuestión simplemente nominal.

bertus #23 24/Outubro/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

desculpas polo dupricado inintencionado.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: