Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
XOGANDO NA INTERNET

Chega á rede o Scrabble na nosa lingua

A AS-PG desenvolveu unha versión do xogo de palabras cruzadas en galego, mentras se disputa un campionato do Trivial.gz.

Redacción - 18:30 31/10/2008

Un dos mellores xeitos de promover o uso de galego é facelo dun xeito lúdico. E, mellor aínda, se o facemos tamén a través da rede. Esta debe de ser a intención da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), que acaba de poñer na internet unha versión do Scrabble, que se suma ao Trivial, do que estes días se está a desenvolver o campionato de outono.

A AS-PG estivo traballando un ano na versión galega - e electrónica- do Scrabble. A adaptación ten a mesma mecánica do xogo de mesa, con algunhas funcións engadidas que aproveitan as características da informática, como poder xogar contra o computador.

O scrabble é un xogo de mesa clásico que consiste en crear palabras cruzadas e colocalas nun taboleiro de 15x15 pezas para obter o maior número de puntos posíbel. A AS-PG deulle a esta versión o nome de Scrabble.gz, do mesmo xeito ca o xa veterano Trivial.gz.

Detrás do xogo ao que se pode acceder dende a páxina da asociación hai dous dicionarios: un básico de 4 mil palabras e outro avanzado, con 11 millóns de combinacións posíbeis. É posíbel disputar partidas en liña de 2 a 4 xogadores, ou ben enfrontarse ao computador.

Campionato de Trivial
Dende o 27 de outubro, e até o 11 de novembro, estase a disputar na rede o campionato de outono de Trivial.gz, tamén organizado pola AS-PG. O popular xogo de preguntas e respostas de cultura xeral, adaptado á realidade do país, conta desta volta con premios para as persoas que obteñan máis puntos.


4,5/5 (4 votos)


Comentarios (5)

noitarego #1 31/Outubro/2008 noitarego
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

noraboa a tod@s quen traballaron nesta iniciativa. así se fai país.

Donicela #2 2/Novembro/2008 Donicela
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Mentres o scrabble se galeguiza, a Tenencia de Alcaldía do Concello de Vigo (BNG) subvenciona na edición local de LA COZ DE GALICIA dúas páxinas sobre a Reconquista... en perfecto español (sic).

-Xavier #3 3/Novembro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Donicela #2:

É mesmo a "Tenencia de Alcaldía do Concello de Vigo" -como indicas- ou a Câmara Municipal de Vigo ("Concello de Vigo") quem subvenciona isso? Que "Reconquista"? Que é isso de "Reconquista"? Aquilo que na escola nos impunham para chamarmos-lhe de "Reconquista"?

Saúde e reflexão!

Donicela #4 3/Novembro/2008 Donicela
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ao pé da páxina 4 da edición local (Vigo) de data 2 de novembro de 2008 pon claramente "Tenencia de Alcaldía. Concello de Vigo". Que eu saiba en Vigo só hai unha Tenencia de Alcaldía que ten como responsable un concelleiro do BNG chamado Santiago Domínguez...
Esa tal "Reconquista" é a mesma que lle dá o nome de "Independencia" a unha praza viguesa... Que "Independencia"?
Saúde... na vista!

-Xavier #5 4/Novembro/2008 -Xavier
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Docicela #4:

Obrigado polo comentário-resposta. A respeito do teu "Saúde... na vista!" cumpre dizer que nem todos os galegos e galegas moramos em Vigo e no lugar da Galiza em que moro é-me impossível comprar a edição local de Vigo. Por isso, por muita vista que tenha, não alcanço a ver a edição local de Vigo desde a comarca das Marinhas, nem a página 4 da edição local nem a capa da edição local. Nem vejo Cangas nem Vigo nem Compostela desde aqui. Que queres que lhe faça? ;-) Ainda bem que te tenho a ti de atalaia, vigiando o que daqui não vejo. ;-)

Saúde e vista para compreender, não só para ver. ;-)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: